Alá polo 23 de novembro recibimos un agasallo moi especial de Mario, que gardabamos á espera da ocasión de mostralo.
Eran fotos da Biblioteca Pública de Quemchi, no arquipélago de Chiloé, acompañadas dun texto un chisco telegramático de máis:
Eran fotos da Biblioteca Pública de Quemchi, no arquipélago de Chiloé, acompañadas dun texto un chisco telegramático de máis:
"Non tiñamos batería para facer máis fotos. Ten máis salas. Cada unha coa súa decoración e a súa funcionalidade. Unhas redondas, outras con esquinas. Á bibliotecaria adóitanlle dicir que é a biblioteca máis linda do mundo. Estaba pechando a porta, pedímoslle ver a biblio, encolleu o cello e acabou botando un cuarto de hora connosco. Ou sería máis? O tempo voaba e ela tiña que ir presentar un acto.
Quen oíra falar de Quemchi en Chiloé (ao que os conquistadores chamaran Nueva Galicia)?"
Malia seguirmos na casa, podemos atravesar acéanos e continentes de moitos xeitos.
Máis sobre a Biblioteca neste vídeo:
E para saber máis sobre Quemchi premede no nome ou preguntádelle a Mario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario