Desde o 3 de abril podemos acceder á consulta da edición contemporánea d'A Nosa Terra, cabeceira nacida en 1907 e renacida en 1977. A súa dixitalización, froito da colaboración entre a Fundación A Nosa Terra e o Consello da Cultura Galega, ofrécenos a posibilidade de percorrer tres décadas da análise xornalística da realidade galega en edición impresa ata xullo de 2010, desde o período da restauración democrática. Malia os problemas económicos a cabeceira proseguiría o seu labor en formato dixital, pechando temporalmente en setembro de 2011, para retomar a edición electrónica en 2018.
Sen dúbida unha moi boa nova para estudosos do xornalismo galego e da historia máis recente, mais tamén para nostálxicos ou simplemente para remexer.
Preme na foto para acceder:
Ningún comentario:
Publicar un comentario