22 xuño, 2021

Escritoras na Literatura Universal

A partir do luns, 21, na Biblioteca pódese ver a Exposición de murais "Escritoras na Literatura Universal" realizados polo alumnado de Literatura Universal de 1º do Bacharelato, coa coordinación da profesora Adriana Iglesias, organizadora da actividade.

Posando diante do panel cos murais


 Ao fío da exposición, Adriana achéganos a seguinte reflexión:

Nas últimas semanas, o alumnado de Literatura Universal de 1º do Bacharelato realizou unha pequena investigación sobre escritoras, comprobando que o número das estudadas na materia só chega a catro. E xa que igualar o número entre escritores e escritoras preséntase como unha tarefa altamente complexa, tentamos darlles oco a algunhas. O resultado son diversos carteis que recollen figuras femininas de épocas diferentes: dende tempos pasados da man de Charlotte Brönte ata a actualidade con Margaret Atwood.

Trátase dunha ínfima representación do moito que queda por descubrir. Oxalá o ano que vén ampliemos repertorio, tanto dentro como fóra da aula. Sigamos visibilizando! 


Ningún comentario: