22 outubro, 2021

Día Mundial da Animación 2021

Un ano máis lembramos que o 28 de outubro se celebra o Día Mundial da Animación e para tal efeméride pedímoslle, coma de costume, a Seve que nos seleccionase unhas curtas. Agasallounos coas catorce propostas seguintes:


 

Only a Child (2020) de Simone Giampaolo(Suíza). Debuxo sobre papel, 2D CGI, stop-motion, animación con area, plastilina, outras; 6 min. Trailer en Youtube

 





Beyond Noh (2020) de Patrick Smith (USA). Animación, obxectos animados; 4 min. Trailer en Youtube

 

 

 



Opera  (2020), Erick Oh. (Corea do Sur-USA). Animación, 2D CGI; 9 min. Trailer en Youtube

 

 

 

 



Un coeur d'or [Heart of Gold] (2020), de  Simon Filliot (Francia). Animación, monicreques (stop-motion); 13 min. Trailer en Youtube

 

 
 

 

  





 Benztown  (2020), de Gottfried Mentor (Alemaña). Animación, 3D CGI, efectos visuais, acción real; 5 min. Trailer en Youtube

 

  

 



De Last Matador (2021), de Katariina Lillqvist (Finlandia-España). Animación, bonecos (stop-motion), 8 min. Ver en Youtube

 

 

Pilar  (2020), de Yngwie Boley, J.J. Epping e Diana van Houten (Países Baixos-Bélxica). Animación, pintura animada; 10 min. Trailer en Youtube

 

 

 


Elo (Lié) (2020), de Alexandra Ramires(Portugal). Animación, debuxo sobre papel, 2D CGI; 11 min. Trailer en Youtube

 


 





Tío (2021), de Juan José Medina (México). Animación, bonecos (stop-motion); 13 min. Trailer en Youtube

 

 

 

 



To: Gerard (2020), de Taylor Meacham (USA). Animación 3D CGI; 8 min. Trailer en Youtube

 

 

 

 




O (2021), de Paul Wenninger (Austria). Animación experimental, pixelación; 5 min.

 

 

 

 

 

 

 

Yo (2020), de Begoña Aróstegi (España). Animación, 2D CGI, 13 min. Trailer en Youtube

 

 




People in Motion (2021), de Christoph Lauenstein (Alemaña). Animación, monicreques (stop-motion); 8 min. Trailer en sitgesfilmfestival. com

 

 

 



 Mondo domino (2021), de Suki (Francia). Animación, 2D CGI; 6 min. Trailer en Youtube

 

 

18 outubro, 2021

Coa nosa xente

Vén de ser estreada a webserie A paso de muiñeira que en palabras da súa directora Adela Otero amosa un “carácter multidisciplinar ao unir o audiovisual, o xornalístico e a faceta artística”.

A serie, producida por Edición Consultores de Lalín, percorre o Camiño de Inverno co pretexto de coñecer o folclore tradicional galego botando man de personaxes cos que se van atopando en cada un dos oito capítulos dos que consta a webserie e que poderemos ver na canle de Youtube do 17 ao 24 de outubro, ás 19 horas.

A seguir o 1º capítulo, Valdeorras-Quiroga:

Unha recomendación, a entrevista que Adela Otero concedeu no seu momento a Nós Diario.


16 outubro, 2021

Premio Nacional de Narrativa 2021

 

 

O Premio Nacional de Narrativa recoñece neste 2021 a escrita en galego de Xesús Fraga, concretamente pola súa obra Virtudes (e misterios). Segue, así, a estela de Alfredo Conde, Manuel Rivas e Suso de Toro. 

Segundo recolle o xurado, nesta novela “contemplamos a inmigración, cos seus claros e escuros, desde os dous lados, o dos que marchan e o dos que quedan, e tamén desde o punto de vista dos que a viven a cabalo entre dous mundos”.



13 outubro, 2021

19-O : Día das escritoras

Este luns 19 de outubro celébrase o Día das escritoras, iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España, en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas, coa intención de reivindicar o legado das escritoras a través da historia. 

Desde a Biblioteca Mario Pereira achegamos o noso gran de area á visibilidade da obra destas mulleres.