16 decembro, 2014

A gran guerra [VI] : 14 BD

Selecciona, seleccionado, fomos xuntando obras de banda deseñada asociadas á Gran Guerra.

Unha vez reunidas contámolas e, vaia casualidade!, resultaron ser catorce, 14 BD's sobre a Guerra do 14.

A cousa pode dar moito de si, pero comezamos cunha pequena exposición (xa vedes as fotos) e unha aínda máis pequena reflexión: resulta fascinante a diversidade de estilos e de enfoques que mostran estas catorce obras. Con elas, poderiamos facer unha completísima aproximación non só ao conflito, senón a extraordinaria riqueza de propostas, visións e solucións que nos ofrece "a novena arte" (un bocadiño disto xa nolo ofreceu o crítico de cabeceira de M. de Torres, pero aínda porfiaremos).






15 decembro, 2014

Poemáticas 10 : David Tainturier


Triangle


Qui ?
Parmi…
Les mystères ?
Toutes les mers ?
A bien mieux que moi
Réussi à égarer les navires ?
De mon angle parfois droit, ou pas
J’ai aidé, aidé les hommes, aidé à bâtir
Sur la terre infinie des dieux grands pharaons
D’immenses tombeaux, tous de pierres et de sable
Dont chaque face éclairée porte désormais mon nom.
Tantôt acutène, tantôt rectangle, isocèle, ou bien équilatéral,
Trois points me définiront, mais le plus souvent simple, scalène.
De mes trois points vitaux dessinés de la main même du génial Euler
Droites et cercles dansent en chœur. Galilée ! Toute la géométrie règne

En mon sein ; moi, nécessaire ! Déséquilibré boiteux rempli de mystères…


Quen?
Entre...
Os misterios?
Todos os mares?
Puido  mellor  ca min
conseguir   perder  os  navios?
Dende o meu ángulo ás veces recto,
ou non, axudei, axudei os homes, a construír
sobre a  terra  infinda  dos  deuses  grandes  faraóns
 inmensas  tumbas,  todas  feitas  de   pedras  e  de  area,
das que  cada cara iluminada  leva dende  entón  o meu  nome.
Ás veces acutángulo, outras rectángulo, isósceles, ou ben equilatero.
Tres   puntos   me   definiron,    pero  a  miúdo  o  máis  simple,  escaleno.
Dos meus tres puntos vitais debuxados da man do mesmísemo e xenial Euler.
Rectas  e  círculos bailan  a coro.  Galileo!  Toda a  xeometría  reina
no meu seo; eu, necesario! Desequilibrado e coxo, ando cheo de misterios...

Fonte: Fotomat

Pois de David Tainturier sabemos que é profesor de matemáticas, que xa non é pouca cousa...

[Tradución de Moncho Faílde]

12 decembro, 2014

A gran guerra [V] : La tranchée : The trenches

Esta curtametraxe de animación pon en imaxes o ataque vivido por un soldado canadense durante Primeira Guerra mundial. A cabalo entre escenas realistas inspiradas en secuencias de arquivos e inquietantes imaxes surrealistas, La tranchée revélase unha experiencia cinematográfica intensa e turbadora. O cineasta Claude Cloutier entréganos aquí unha interpretación dos combates que revela tamén a importancia simbólica da «terra» nesta guerra de trincheiras onde se enterran tanto os vivos coma os mortos. [traducido, ler orixinal]

CLOUTIER, Claude (2010): La tranchée : The trenches. NFB:ONF. 5 m.54 s. Técnica mixta



Tamén en inglés:


11 decembro, 2014

A gran guerra [IV]: Exposición virtual da BNF

Evocando o inicio da gran guerra, a BNF ofrécenos, desde hai meses, unha das súas extraordinarias exposicións virtuais: La guerre de 14-18.


Con múltiples ligazóns a textos e imaxes, complétase con documentos de todo tipo e organízase en catro partes:

Pourquoi?

L'Europe en 1914


La guerre à l'horizon


Le choc