O xoves 20, tivo lugar no instituto un Encontro co Entroido Ribeirao (un dos mellor conservados de Galicia) que engaiolou totalmente o alumnado.
Así mesmo, tamén tivo lugar un Encontro co director e etnógrafo David Vázquez quen nos proxectou as arquipremiadas curtametraxes As almas de Fental e O Moredo de David Vázquez, curtas que non deixaron indiferentes a ninguén ao ver a traumática perda demográfica do mundo rural (a aldea baleira) que leva consigo a liquidación da cultura rural, así como a recuperación do Entroido Ribeirao.
Ambas as actividades complementares foron seguidas dun máis que interesante coloquio. A seguir unha mostra gráfica do Encontro co Entroido Ribeirao e co director e etnógrafo David Vázquez.
Asemade, no marco dos Encontros, déronse a coñecer as alumnas premiadas no Concurso de deseño de Carautas de Entroido, organizado polo Departamento de Deseño:
Arriba, as tres gañadoras Niyireth Tatiana Bohórquez Valencia (gañadora no 1º ciclo de ESO), Alicia Fernández García (gañadora do 2º ciclo de ESO) e Iria Donsión Fernández (gañadora no nivel de Bacharelato).
Como podemos ver a continuación, os premios fórenlles entregados por un Maragato e un Volante do Entroido Ribeirao:
1 comentario:
Moitas grazas pola acoillida, un pracer estar no voso centro!!
Publicar un comentario