24 marzo, 2022

Coa nosa xente: Laura e Javier

Ao fío do concerto que as bandas infantil e xuvenil da Escola da Banda de Lalín van celebrar o vindeiro sábado 26 no Auditorio de Lalín, traemos hoxe á sección Coa nosa xente a Laura Fernández Puga e Javier Carballude Iturburua, directora e director respectivamente da Banda infantil e Banda xuvenil da Escola da Banda de Lalín. 
Moitos parabéns polo progreso persoal e o labor profesional que estades a desenvolver cos máis novos, formando a inesgotábel canteira de músicos de Deza. Un labor sobre o que Laura, en declaracións a Faro de Vigo, reflexiona, afirmando que “desde pequeno nótase que neno ten futuro musical”. Por parte, Javier, en declaracións a La Voz de Galicia, manifesta que "o interese pola música pode xurdir dun concerto didáctico".
 
Laura Fernández co cartel do concerto. Faro de Vigo. Bernabé / Javier Lalín

Javier Carballude co seu perfil de Facebook
 
A seguir a nosa Laura e o noso Javier no seu paso polo Bacharelato:
 
Laura. Curso 2014-2015. Copyright IES Aller Ulloa

Javier. Curso 2012-2013. Copyright IES Aller Ulloa

Ningún comentario: