Seica foi un lostregazo o que nolo baixou da bicicleta e da vida. Seica foi un deses lostregazos interiores, nacidos nas tronadas internas que se van formando na xente que acumula meteoros dentro de si para protexer deles aos demais. Seica foi un lostregazo, silencioso por seu, porque para o gran mestre da ironía, a retranca e a rexouba non había maior e mellor recurso que o silencio.
Disque non abriu a boca durante o tempo que foi voceiro do BNG en Lalín. É de crer: grande amigo e pastor de palabras, non as gastaba en vao. O seu silencio nos plenos municipais era a maior das elocuencias fronte aos monólogos xordos do(s) poder(es) e aos batifondos focos nos que, daquela, andaban encerellados na súa casa.
Alá polo 2006-07, cando andabamos elaborando mapas e buscando instrumentos de navegación para os mundos da biblioteca, acudimos a el. Buscabamos "o libro que atopara" a lectores excelentes e Xosé Luís Sucasas agasallounos co seu primeiro idilio. A el captárao Ojos de perro azul do señor Gabo de Macondo, aquel que cando veu a Cadrón quería dexergar as curvas do Pai Arnego desde o niño do millangarrido...i
Na anterior entrada tedes o texto de Suqui.

[A ilustración é de Corazón de tormentas de David Rubín.]
Ningún comentario:
Publicar un comentario