02 xuño, 2023

Coa xente de noso.... Músicos profesionais

Na comarca de Deza, a música é unha tradición moi viva, e no IES Ramón Mª Aller Ulloa temos a sorte de contar cun bo número de mozos e mozas que encamiñan o seu futuro cara a esta arte, e que sempre se mostraron dispostos a amenizar os actos da nosa biblioteca co seu bo facer.

Combinar os estudos profesionais de Música co Bacharelato non é nada fácil, fai falta moita forza de vontade, organización e traballo. Desde a Biblioteca Mario Pereira queremos felicitar os "nosos" Román Meijomín, Óscar Carral, Lucía Ramos, Alberto Blanco e Xoán Lois (1º, 3º, 5ª, 6º e 8º desde a esquerda), por obteren o Grao Profesional en clarinete, trompeta, frauta traveseira, clarinete e tuba, respectivamente.

Imaxe: La Voz de Galicia






Ningún comentario: