A Academia de música de España reparou no que nós xa sabiamos de vello e propón Outras trece cancións bonitas do noso Benxa e Germán Díaz, para o Premio ao mellor álbum folclórico 2026.
08 abril, 2026
Coa nosa xente: Benxamín Otero
A Academia de música de España reparou no que nós xa sabiamos de vello e propón Outras trece cancións bonitas do noso Benxa e Germán Díaz, para o Premio ao mellor álbum folclórico 2026.
06 xullo, 2023
Coa nosa xente : Benxamín Otero, non en van
![]() |
| Benxamín, Celso e Carlos nun momento do acto / Foto: Severiano Casalderrey |
De novo contamos na sección Coa nosa xente coa presenza de Benxamín Otero. Xa a Marela no seu momento deu conta dalgunhas das súas múltiples actividades culturais. Figura polifacética, vén de nos agasallar cunha acolledora presentación poética, a que tivo lugar na cafetaría O Asubío de En van, un suxestivo libriño de Benxamín Otero no cal nos achega textos poéticos e fotografías complementares, ou viceversa; e que contou na presentación do mesmo coa impagábel compaña de Carlos Negro e Celso Fernández Sanmartín.
Carlos, nun alarde de plasticidade crítica, argumentou o libro de Benxa alicerzado nunha poética recensión que sintetizou co último verso do mesmo: volvo regalar flores.
Por parte, Celso deixounos unha lúcida reflexión con certas doses de humorismo sobre o Benxa poeta que acrecenta a dimensión “renacentista”, termo co que cualificou a súa fonda actividade cultural da que xa ten dado conta a Marela:
“Músico de mil músicas”, “actor de sete
estalos”, como foi descrito no seu momento na Marela,
e agora poeta de exacerbado lirismo, faceta esta en concordancia coa súa
actividade musical na procura de fusionar palabra e son.
Por último, Benxa, que iniciou o acto cun só de corno inglés, deu cabo ao mesmo reflexionando sobre o porqué do libro, construído en base a unha reiterada anécdota entre o eu do poeta e a poética do cotián inserida no lirismo da natureza, que parafraseando a Carlos se verifica no derradeiro verso do libro, como xa antedito ficou de manifesto e que resume ás claras o ser creativo Benxa: volvo regalar flores.
Parabéns Benxa polo agasallo.
![]() |
| Benxamín asinando libros / Foto Severiano Casalderrey |
26 xuño, 2023
Coa música a outra parte
Así, LUCÍA RAMOS DIÉGUEZ, primeira mellor nota en Galicia da súa especialidade, cursará o Grao de Interpretación na especialidade de frauta, no CSM Vigo.
Tamén en Vigo, ROMÁN MEIJOMÍN PROCINO cursará o Grao en Interpretación na especialidade de clarinete e o Grao de Produción e Xestión, no que obtivo a segunda mellor nota de Galicia.
E como non hai dous sen tres, no CSM de Vigo, XOÁN LOIS FERNÁNDEZ acompañará a Román no Grao de Produción e Xestión, xa que acadou a mellor nota de Galicia, e, ademais, cursará tamén o de Interpretación en tuba.
26 xaneiro, 2022
Coa nosa xente : Benxamín Otero
Unha vez máis congratulámonos do bo facer profesional da nosa xente e neste caso os parabéns van para o polifacético músico de mil músicas, Benxamín Otero, profesor no Conservatorio de Lalín, quen vén de presentar no Museo Ramón Mª Aller Ulloa Aurora e Aller, que Benxamín en declaracións a La Voz de Galicia describe da seguinte maneira: Ilustrei nunha peza musical a aurora boreal vermella do 38.
| Unha instantánea do acto de presentación no Museo Aller Ulloa. Foto Bernabé / Javier. Faro de Vigo |
A seguir a peza musical Aurora e Aller:
O noso Benxamín Otero nos seus comezos no instituto:
| 1º de BUP |
12 setembro, 2021
Loureiro de Ouro para Mario
![]() |
| Mario Pereira con Celso Fernández Sanmartín, Benxamín Otero e Raquel Vázquez Vaamonde, integrantes de FOCUCU que lle fixeron entrega do galardón. |
O Foro para Cultivos Culturais de Lalín sinala que o recoñecemento a Mario Pereira vén motivado por ser:
Un incansable mestre, ilusionado normalizador dos usos sociais da nosa lingua, bibliófilo contaxioso, impulsor acérrimo e mantedor constante de bibliotecas, difusor da literatura galega como ben universal, mellorador da convivencia e a memoria da nosa vila a través de tertulias e publicacións, mellorador da veciñanza, escritor íntimo sen bombo nin platillo, logrador de poetas, novelistas e artistas plásticas, labrador novo e convencido, promotor cultural, veciño querido e amigable, lector social, abridor de camiños, pensador en conversa, exemplo de compromiso, de vocación, de traballo ilusionado e incansable.
Desde a Biblioteca Mario Pereira, a Marela e con ela a comunidade do IES Aller Ulloa moitos parabéns Mario, co teu premio nós sentímonos tamén premiados.
Máis información en La Voz de Galicia ou en DZ Dixital.
27 marzo, 2021
27M. Día Mundial do Teatro
Hoxe, 27, Día Mundial do Teatro, celebrámolo ao abeiro da publicación da banda deseñada “As pombas de Carboeiro” de Inacio e Iván Suárez, con BSO de Benxa Otero e interpretada pola Banda de Lalín, e que reproduce en viñetas a obra que no seu día Fantoches Baj puxo en escena, protagonizada por Inacio e Benxamín Otero. Xa na Marela demos conta da posta en escena da que gozou o noso alumnado.
Así mesmo, achegamos unha serie de reflexións sobre o papel social do teatro:
23 febreiro, 2013
As pombas de Carboeiro
O venres tivemos (4º da ESO e 1º BAC) a Fantoches Baj e As pombas de Carboeiro.
Sensacional!
Trátase dun breve e ameno percorrido por algunhas músicas e textos medievais (as cantigas de Pero Meogo ou o romance del Conde Niño, por exemplo).
A aparente sobriedade da escenografía vai desvelando, pouco e pouco, un marabilloso e variado repertorio de trucos tan discretos, como eficaces e divertidos.
Inacio, como actor, como director, como autor..., xa se converteu nun imprescindíbel do "teatro miúdo".
Benxamín é ben coñecido como músico de mil músicas e "trilero", pero aquí revélasenos -ademais- como un actor de sete estalos.
O espectacúlo, na presentación que lle fai Urdime, é:
"Un espectáculo de narrativa e música en directo coa técnica xaponesa do kamishibai.
Coa axuda das cartas do tarot de Marsella, un frade e un novicio revélanlle a un batallón das tropas napoleónicas acampadas en Carboeiro a fantástica orixe das pombas do mosteiro."
Despois de todo iso, foi unha alegría ver que hoxe, sábado, GZvídeos abría cuns fragmentos da presentación da obra no propio Carboeiro:
E que xa levaban un tempo na rede estoutros anacos co acompañamento da banda de Silleda:









