31 outubro, 2007

O bosque de ribeira: unha nova "Marela Tarabela" en papel

Xa podes ver e descargar o número 5 do Boletín da nosa biblioteca, adicado a flora do entorno do Instituto.

O traballo foi realizado polo alumnado de Ciencias Medioambientais de 4º da ESO do curso 2006-2007, baixo a coordenación da profesora Berta Calvín. A edición e maquetación foi cousa de Mario Pereira, as fotos de Carlos Miguez.

Pulsa AQUÍ para botarlle un ollo (botón esquerdo do rato para ler e botón dereito para gardar).

30 outubro, 2007

Premios á Excelencia Musical


A Banda de Música do IRMAU (Instituto Ramón Mª Aller Ulloa) xa comezou os ensaios, baixo a batuta de Don Severiano Calsalderrey. Confían ter o repertorio a punto para o Concerto de Nadal.
Mentres tanto, podemos ir escoitando os Premios á Excelencia Musical 06. Estes galardóns son concedidos aos estudantes dos Conservatorios Superiores de Música de Galiza. Fundación Paideia Galiza, Consellería de Educación e Estudo de Gravación MANS acábanos de editar e xa os tedes en préstamo á vosa disposición.
Son en total cinco CD’s que recollen os tres primeiros premios e as dúas mencións de honor.

17 outubro, 2007

Erín Moure: unha recomendación

A canadense Erín Moure, unha das máis importantes poetas en lingua inglesa no Canadá, presentou o 16 de outubro en Santiago o seu último poemario: Teatriños ou Aturuxos calados. O libro, escrito na parroquia lalinense de Botos, inclúe a versión en inglés, lingua orixinal da maior parte dos poemas, e en galego, idioma no que escribiu directamente seis deles.

Ainda que nacida en Calgary no 1955, Erín defínese como galega, irlandesa, ucraína e polonesa, unhas raíces verdadeiramente canadenses, en palabras súas: un cruzamento de emigracións, de historias cheas de tristuras, dificultades e valor

O seu bisavó paterno, Juan Benito Moure e Lobariñas naceu en Crecente (1848); tivo tres fillos: un deles foi o avó de Erín, Juan Benito Moure.
No ano 1994 chegou a Galicia co seu pai buscando a aldea do seu avó. Relata que eles non sabían que eran galegos e que ao escoitar galego por primeira vez sorprendeuse e aledouse; nunha viaxe a Vigo no 1998 mercou libros para aprender o idioma, no 2001 regresou a Santiago como alumna dun curso de verao para estranxeiros, desde entón non parou de volver e volver a Galicia.
Escribe poesía e traduce poesía do galego, do portugués (Fernando Pessoa), do francés (Nicole Brossard, Christophe Tarkos, Steve Savage entre outros), e castelán de Chile (Andrés Ajens). Fala inglés, francés e galego e pode ler en castelán e en portugués...

Tamén lle gusta cociñar e rir. Ten bicicleta, esquís, patíns, zapatos, pantuflas, botas de goma, calcetíns, billetes de avión, pero non ten coche.

Para que vaias facendo boca, aquí tes un estracto da presentación pública que Chus Pato fixo do libro e dous poemas de Erín sobre as cebolas.

10 outubro, 2007

NOVIDADES OUTUBRO 07!!!!!

Una Breve Historia de Casi Todo. 5 estrellas: altamente recomendable Bill Bryson. RBA Editores. Castellano. Es una excelente historia divulgativa sobre las más diversas ramas de las ciencias, desde lo más pequeño a lo más grande; una preciosa historia personal acerca de aspectos desconocidos de muchos científicos famosos y no tan famosos; un entretenido modo de ver todas las formas en que podrá acabar el mundo (gran variedad y catasfrofismo); y también una interesante lista de todo lo que «no se sabe muy bien» y queda por conocer en la Ciencia. Realmente apasionante en todos los sentidos. Lo mejor de todo: como es tan divulgativo y entretenido, cualquiera puede leerlo, incluso gente a la que no le apasione la Ciencia.
Algunas de las curiosidades que menciona el libro van desde los cerebros a la energía, los premios Nobel, los palitos de pescado, la edad del universo o la radiación cósmica de fondo.