28 outubro, 2022

Día mundial da animación 2022


Como xa é costume, o noso compañeiro Severiano Casalderrey elaborou unha precisa escolla de curtas para celebrarmos o Día Internacional da Animación. Desde hoxe mesmo, durante os recreos, a entrada do noso IES convértese nunha improvisada sala de cine.

Aquí vos deixamos a proposta de Severiano:



Čuči čuči. Hush Hush Little Bear  (2022) de Mara Linina, está baseado nunha nana tradicional letona. Cut-outs (la sobre cristal), Stop Motion, artesanal. 6 minutos. Trailer en Youtube






Timeline (2021) de Osbert Parker.Documental con fotos propias de 5 minutos de duración. Trailer en Youtube





Steakhouse (2021) de Špela Čadež, curta de animación, 2D, CGI, cut-outs. Coprodución Eslovenia-Alemaña-Francia. Trailer en Youtube




 

 

The flying sailor (2022) animación canadense de Amanda Forbis e Wendy Tilby de 8 minutos de duración. 2D/3D CGI
Trailer en Youtube





Lucky man (2022) de Claude Lauyet, debuxo tradicional, 2D, CGI. Produción canadense de 5 minutos de duración.




Til we meet again (2022), obxectos animados e cut-outs. Produción estoniana de Ülo Pikkov de 14 minutos de duración.Trailer en Youtube





 

 

Night (2021) coprodución Alemaña-Xordania-Qatar-Palestina. Marionetas. 16 minutos de duración. Trailer en Youtube




 

 Beast (2021) produción chilena de Hugo Covarrubias. Bonecos de porcelana. 15 minutos. Trailer en Youtube



 Yallah (2021), Francia, Nayla Nassar, Édouard Pitula, Renaud de Sainta Albin, Cécile Adant, Anaïs Sassatelli e Candice Behague. 3D, CGI, 7 minutos.Trailer en Youtube

 

 

 

Orogènese (2021) produción francesa de Damien Barthas, Lise Delacroix, Emma Gaillien, Pierre Legargeant, Roland Van Hollebeke e Axel Vendrely. 3D, CGI, 7 minutos. Trailer en Youtube




 

 

Ice merchants (2022) coprodución Portugal, Reino Unido, Francia do director João Gonzalez. 2D, CGI. 14 minutos.Trailer en Youtube




 

The sausage run (2021) de Thomas Stellmach, coprodución alemá-belga. Debuxo tradicional, zootropos. 10 minutos.Trailer enYoutube





Lost brain (2021) produción suíza de Isabelle Favez. 2D, CGI. 6 minutos de duración. Trailer de Youtube

26 outubro, 2022

Marilar Aleixandre, Premio Nacional de Narrativa

Por segundo ano consecutivo, unha obra en galego foi a escollida para o Premio Nacional de Narrativa. O primeiro dos nosos autores en acadalo foi Alfedo Conde, con Xa vai o grifón no vento, ala polo 1986. Manuel Rivas, con Que me queres, amor? obtivo este galardón dez anos despois. E agora, por primeira vez en anos consecutivos, Marilar Aleixandre segue a estela de Xesús Fraga con (Virtudes e misterios)

Desde A Marela Tarabela, Parabéns, Marilar.

Imaxe: El País


24 outubro, 2022

24-O : Día das Bibliotecas. Ven vindo!

Un ano máis celebramos o Día das Bibliotecas, efeméride que nos lembra o importante papel que na formación integral do alumnado teñen as bibliotecas, baixo o lema “BiblioTEcoida”.


E para conmemorar tal evento, acordamos reeditar o vídeo Mario e a Biblioteca que no seu momento se realizou como homenaxe a Mario Pereira e o homónimo bautizo da biblioteca. O obxectivo desta reposición fica claro: Fomentar o uso integral das bibliotecas, co aquel da emotiva carta que Mario lle escribiu á Biblioteca, É o cuarto dos ratos... , publicada no número 1 do boletín da Biblioteca, A Marela Tarabela.

18 outubro, 2022

18-O Día das escritoras

 Como cada 18 de outubro, hoxe celebraremos o DÍA DAS ESCRITORAS, "para compensar a discriminación das mulleres na literatura" onde tradicionalmente exercían máis de musas que de escritoras.

"É importante reivindicar este día porque constantemente as mulleres do mundo da literatura, da cultura e da historia son esquecidas. E hoxe segue pasando. Son ignoradas nas listas dos mellores libros do ano, os programas culturais ou os estudos. Temos que loitar para que esas escritoras teñan o lugar que merecen. Hai que restablecer a verdade histórica", contábanos a escritora Laura Freixas no ano 2016, nunha entrevista para o diario El Mundo.

E precisamente para reivindicalas, desde a páxina de Bibliotecas Escolares de Galicia ofrécennos unha coidada selección de textos cos que traballar nas aulas. Nós, coa axuda dos nosos voluntarios  Aarón, Andrés, Breixo e Xoel montamos unha pequena exposición na entrada do Instituto, achegando, como tanto nos gusta, os libros a todo aquel que nos visita.







13 outubro, 2022

Semana da Saúde Mental

 A Federación Mundial para a Saúde Mental WFMH  fúndase  no ano 1948 para a  prevención de trastornos mentais e emocionais, o tratamento e coidado das persoas que os sofren e a prevención da saúde mental. 

Desde ese mesmo ano, todos os 10 de outubro se celebra o Día Mundial da Saúde Mental, mais no IES Aller Ulloa o Departamento de Bioloxía, coa súa profesora Ana Penas á cabeza, decidiu tratar esta problemática non un día senón unha semana, cunha serie de actividades das que iremos dando cumprida conta.

Para comezar deixámosvos unha imaxe da exposición de carteis tirados do perfil de instagram @nacidramatica .



10 outubro, 2022

Galicreques 2022

 O Festival Galicreques  volve ás rúas de Santiago de Compostela: ata o 16 deste mes poderemos desfrutar de 60 funcións a cargo de 26 compañías nacionais e internacionais, este ano con obras tamén pensadas para un público non só infantil.

Así mesmo, poderemos asistir a estes espectáculos en Culleredo (14 de outubro),  A Coruña (do 14 ao 16) e Betanzos e Carral (luns 16).



06 outubro, 2022

Aniversario de Instagram

 Instagram, a rede social que nos permite fisgar nas vidas alleas e expór a nosa cando nos convén, está hoxe de aniversario, 12 anos de vida.

Se tes curiosidades por saber que conta o noso Instagram só tes que picar no enlace




03 outubro, 2022

Natalia Fernández en Scientix

El sábado 1 la profesora Natalia Fernández presentó en el III Congreso Nacional Scientix una ponencia titulada "Proyectos de investigación a través del STEMbach", en la que mostró los proyectos desarrollados por los alumnos de 2º curso de esta modalidad de bachillerato de excelencia en nuestro instituto durante los tres últimos cursos. Estos proyectos fueron finalmente presentados ante profesores de la USC.

En la página web de la Fundación Española para la Ciencia y Tecnología podéis encontrar los vídeos que recogen todas las intervenciones que tuvieron lugar a lo  largo del fin de semana.