08 marzo, 2022
Día da Ilustración : O libro
29 xaneiro, 2022
Día da Ilustración
Un ano máis o 30 de xaneiro, data que coincide co nacemento de Castelao, conmemoramos o Día da ilustración, evento que se vén celebrando desde o 2014 a iniciativa da entón Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).
| Cartel do Día da Ilustración 2022 de Paula Mayor |
Este ano, o Día da Ilustración está dedicado á figura de Reimundo Patiño, pintor, gravador e autor de BD, unha das máis sobranceiras figuras da cultura galega da posguerra.
A seguir o vídeo-homenaxe sobre a figura de Reimundo Patiño, producido pola AGPI e a Consellaría de Cultura, Educación e Universidade:
Máis información en Bibliotecas escolares de Galicia.
Para conmemorar tal Día da Ilustración, o alumnado de 1º a 3º da ESO, coordinado polas profesoras Begoña Vizcaíno e María Armada e polo profesor Fran Otero, está a elaborar unha serie de ilustracións orixinais, que terán como punto de partida un texto literario e que poderemos contemplar a partir do luns 31 no vestíbulo do instituto.
24 maio, 2021
II Concurso Ilustración Científica
24 marzo, 2021
Biblioteca inclusiva
20.000 leguas de viaxe baixo dos mares é un sentido agasallo da Asociación Juan XXIII, que fixo doazón á nosa biblioteca de seis exemplares da novela, adaptada para a colección Lectura fácil, no marco do proxecto de Plena inclusión Galicia.
Ánimo, e moitas grazas á Asociación Juan XXIII e a Misha.
29 xaneiro, 2021
Día da Ilustración 2021. A emotividade visual das palabras
A fin de conmemorar o Día da ilustración (o 30 de xaneiro, data que coincide co nacemento de Castelao), evento que se vén celebrando desde o 2014 a iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato de Artes, baixo a coordinación da profesora María Armada Rodríguez, agasallounos cunha selección de palabras galegas ilustradas que forman unha perfecta simbiose entre significado e estética visual da palabra elixida. Todo un canto a emotividade das palabras.
Así mesmo lembramos a Lolita Díaz Baliño artista á
que se lle dedica este ano o Día da ilustración.
Para
saber máis sobre o labor artístico da homenaxeada aí vai o vídeo producido por
AGPI en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura:
A seguir o cartel do Día da ilustración 2021, obra de Manel Cráneo:
Na seguinte foto vemos unha panorámica da exposición dos orixinais de 1º e 2º de Bacharelato de Artes, así como unha achega de ilustracións de 1º da ESO.
09 xullo, 2020
Dous millóns de ilustracións en descarga libre
![]() |
| Fonte |
Explorade os múltiples álbums desde aquí.
![]() |
| Fonte |
![]() |
| Fonte |
23 febreiro, 2019
Pois son de espricansa pouca
O número e o lema viñan dados por Cantares gallegos.
Paga a pena lembrármolo.
21 marzo, 2014
Nós cantar cantamos (35 e 36)
![]() |
| Ilustración de Daniel Cuñarro |
Nós cantar cantamos (33 e 34)
![]() |
| Ilustración de Fátima Fernández |














