Galería Montenegro |
E nesta liña de difundir a arte galega e a figura de Laxeiro, o noso alumnado do Bacharelato de Artes gozará, no Día das Artes Galegas, da obra de Laxeiro no Museo de Pontevedra, acompañados da profesora María Armada.
Galería Montenegro |
E nesta liña de difundir a arte galega e a figura de Laxeiro, o noso alumnado do Bacharelato de Artes gozará, no Día das Artes Galegas, da obra de Laxeiro no Museo de Pontevedra, acompañados da profesora María Armada.
Luísa Areán Taboada, profesora de FOL, exerceu de reporteira da Marela no concurso Integra 2022, achegándonos unha clara descrición do mesmo:
O gañador foi o Equipo 7, cunha puntuación de 43.25 puntos, integrado por:
Sen dúbida, unha interesante actividade da que profesorado e alumnado sempre aprende algo máis. Parabéns para todas as profesoras e todos os profesores que deseñaron, organizaron e coordinaron a actividade.
Equipo campión de Integra 2022 |
Os segundos clasificados |
Equipo clasificado en 3ª posición |
Hoxe, 27, conmemoramos o Día Mundial do Teatro subscribindo de pleno “Somos”, Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro asinado este ano por Fernando Dacosta e no que enxalza a profesión teatral como “facho que reporta sabedoría á sociedade”.
Cultura.gal |
Desde A Marela, recomendamos pórlle ramo á celebración, coa asistencia á representación d’O porco de pé, adaptación de Producións Teatrais Excéntricas da novela homónima de Vicente Risco, que ten a Quico Cadaval como director e codramaturgo, xunto con Pepe Sendón; e que terá lugar o sábado 2 de abril no Salón Teatro de Lalín.
O Departamento de Informática organiza un ano máis o "Concurso Integra", e xa van catro edicións nas que, aplicando os principios do traballo cooperativo, cada equipo, formado por alumnos e alumnas dos distintos ciclos, deberá ser quen de superar os sete retos propostos.
Escollemos o xoves 24 de marzo para a celebración da proba xa que coincide co final da segunda avaliación, xusto antes de que este alumnado deixe o centro para incorporarse ás empresas nas que realizarán a súa FCT (Formación en Centros de Traballo).
Coordinación, liderado, compañeirismo, cohesión, solidariedade, intercambio de coñecementos e apoio mutuo serán necesarios para dar conta das sete misións encomendadas, nas que, dun xeito global, deberán aplicar as competencias adquiridas até o momento nos ciclos cursados por cada un deles.
Seguiremos de preto o desenvolvemento do concurso e achegaremos a esta bitácora as impresións dos participantes, así como os mellores momentos da competición.
Luísa Areán Taboada, profesora de FOL
O programa "A ponte entre o Ensino Medio e a USC" achega este xoves ao noso IES da man de Bran Barral Buceta, Doutor en Ciencias Polítcas e sociólogo, para informar e orientar o alumnado de 4º da ESO, futuribles estudantes universitarios.
Após do Encontro con Horacio García e Marcos Valcárcel chega Bran Barral. Hai dúas semanas Xeografía e mañá Socioloxía. E aínda está por vir Juan Gestal e a información sobre as pandemias.
Non sen tempo, vén de saír do forno o vídeo da conmemoración do Día de Rosalía que no seu momento acolleu nas aulas a presenza da propia Rosalía acompañada de Pondal e Curros. Recreación escénica alicerzada nunha idea orixinal de Carmen Frade que contou cuns actores e cunhas actrices de 4º da ESO de sete estalos.
O elenco de actrices e actores na Biblioteca con Carmen Frade, impulsora da idea |
A seguir o vídeo:
Seica unha imaxe vale máis ca mil palabras: a nosa biblioteca coa súa capacidade completa. A covid obrigounos a permitir a entrada só de 27 usuarios, e hoxe a choiva e os exames fixeron que o espazo non chegase a nada. Os puntos verdes ocupáronse e ordenadores, apuntamentos en papel e libros encheron as nosas mesas.
"Unha imaxe ben bonita, merecedora dunha foto", dixo Mario, e mans á obra: