O pasado luns, 24,
como xa demos conta no seu momento, tivo lugar o programado Encontro, máis ben reencontro coa que foi alumna do noso IES Adela Otero, quen expuxo a través do relatorio titulado “A viaxe do
audiovisual” a súa experiencia académica e profesional:
Como foron os seus estudos no Grao en Comunicación Audiovisual na USC, os distintos proxectos
persoais e profesionais que realizou nese tempo e as súas expectativas de
futuro, unha vez presente o proxecto fin de grao.
Pois ben, ao fío
de dito encontro parte do alumnado asistente de 1º do Bacharelato de Artes achegounos as seguintes
reflexións:
Grazas á charla,
a miña perspectiva sobre os estudos de comunicación audiovisual cambiou para
ben, xa que pensaba que dita carreira era moito máis diferente do que realmente
é. A esta percepción contribuíron os proxectos (interesantes e mesmo
divertidos) que Adela desenvolveu. Ademais puidemos informarnos de máis
carreiras relacionadas co mundo artístico.
Samuel Portas.
Encantáronme os
seus traballos, por certo moi entretidos. En particular os proxectos persoais,
pero tamén os musicais.
Cristina Fandiño.
O Grao de Comunicación
audiovisual, logo da información recibida, paréceme unha opción a ter en conta
á hora da escolla dunha carreira universitaria, en xeral, moi útil.
Os proxectos de
Adela, sobre todo a curta Calma,
resultáronme tremendamente interesantes, ademais de moi traballados, tanto na
imaxe coma no son. As ideas son moi creativas e orixinais.
A charla, en
xeral, pareceume moi útil e necesaria, pois falaba a voz da experiencia.
Ademais, fíxose moi amena e agradable de escoitar, ao intercalarse con vídeos e
demais traballos.
Ana Novo.
Pareceume moi
interesante e, se non tivese a idea de estudar un grao superior de ilustración,
pensaría na opción de estudar Comunicación audiovisual.
Os seus traballos
cualificaríaos de preciosos, tanto pola estética como polo estilo propio que
ten ao gravar.
Realmente gustoume. Explícase moi ben e pareceume bastante interesante, ademais de que
foi unha axuda para a xente que queira estudar algo parecido ou o mesmo, tamén
puidemos ver as distintas saídas que poden ter.
Nancy Suerio
En si a charla
estivo moi ben. Ensinounos os traballos que realizou e explicounos como os
desenvolveu. Á parte de que me gustou por ter sido alumna deste centro.
Elías
López Leite