Como cada
ano desde o 2014, o 30 de xaneiro, data que coincide co nacemento de Castelao, conmemoramos
o Día da
ilustración, evento que se vén celebrando a
iniciativa da entón Consellaría de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia en
colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).
Cartel do Día da Ilustración 2023 de Siro |
Neste 2023, o Día da Ilustración está dedicado á
figura de María
Antonia Dans, pintora e ilustradora, cunha traxectoria que gozaría do
respecto da crítica e do cariño do público.
A seguir o vídeo-homenaxe sobre a figura de María Antonia Dans, producido por AGPI en colaboración coa Dirección Xeral de Cultura.
Máis información en Bibliotecas Escolares de Galicia.
Para
conmemorar tal Día da Ilustración, o alumnado de Artes de 2º do Bacharelato, coordinado pola profesora
María Armada, está a elaborar unha serie de ilustracións orixinais a
partir dos textos premiados no IX Concurso Literario Mª Vitoria Taboada e que formarán
parte da edición do libro.