O
xurado do XI Concurso Literario Mª Vitoria Taboada acordou por
unanimidade outorgar os seguintes premios:
1º premio na categoría de
relato curto
a NOA GIL ROZADOS polo relato "Euxea",
pola imaxinativa posta en escena dos
atractivos da paixón lectora nun tempo que conspira constantemente contra ela.
Accésit na categoría de
relato curto para NOA GIL ROZADOS polo relato titulado "A tronada", por expresar e denunciar con valentía mediante a literatura a traxedia
e drama do alcoholismo no ámbito familiar.
1º premio na categoría de
poesía
para AROA AMORÍN NEGRO polo conxunto de poemas titulados,
respectivamente “As paces coa casa”, “Catarse” e “Obsesiva”; por expresar de forma directísima, pero perspicaz e sensible, as
complexidades das experiencias familiares e amorosas, e o seu impacto mantido
ao longo do tempo.
Accésit na categoría de
poesía
para LEDICIA SILVA FERNÁNDEZ polo conxunto de poemas titulados,
respectivamente, “Comecei con medo”, “Un nubeiro” e “E agora por fin”; por reflectir con sinceridade e delicadeza as trampas das amizades
tóxicas.
O
xurado considerou deixar deserto o premio de sketch teatral.
A entrega
de premios terá lugar na Biblioteca do instituto o luns 20 de maio.
A
edición do libro cos textos premiados estará acompañada de ilustracións
que realizará o alumnado do Bacharelato de Artes e que presentaremos no seu
momento.
A seguir os textos premiados (o cartel da portada é obra de Pedro Alonso Cascallana.