Volven as Olimpíadas á Biblioteca Mario Pereira: premios en metálico, coroas de loureiro e até unha viaxe. Forma o teu equipo e pide na Biblioteca a folla de inscrición.
Non te demores, empezamos o luns 29 de xaneiro.15 xaneiro, 2024
31 maio, 2023
Premios Olimpíada 2023
25 xaneiro, 2023
XV Olimpíada do saber
06 abril, 2022
Campións olímpicos (do saber)
A nosa Olimpíada do Saber 2022 xa ten gañadores. Os 11 equipos inscritos indagaron, preguntaron, leron... e aprenderon xogando. Aínda que só tres subirán ao podio dos campións, desde a Marela felicitamos a todos e todas os que participaron polos seus resultados e a competición que demostraron nestas catro semanas.
Na imaxe do noso fotógrafo Carlos Míguez podedes ver os campións co seu regalo de ouro e coroados de loureiro. Á súa dereita o bronce e as pratas.
26 xaneiro, 2022
XIV Olimpíada do saber
Un ano máis xa está aquí a XIV Olimpíada do saber. Inscribídevos!
Formade os vosos equipos e apuntádevos na Biblioteca.
O prazo finaliza o 3 de febreiro. O luns 7 comezamos.
01 marzo, 2021
XIII Olimpíada do saber. E os equipos gañadores son:
![]() |
| Os Adiviñadores, primeiros clasificados, con cadanseu vale cambiable por 30 euros |
Parabéns ás gañadoras e aos gañadores así como a todos os equipos participantes.
A seguir a clasificación final:
![]() | ||||||
| Sciencies Warriors, segundos, cos seus vales por valor de 20 euros |
![]() |
| Os 4 de Carmona, terceiros, cos seus respectivos vales de 10 euros |
06 febreiro, 2021
XIII Olimpíada do saber. Clasificación semanal
Logo da segunda semana e chegados ao ecuador da Olimpíada do saber, a clasificación amosa moita igualdade co equipo BMBN en cabeza, avantaxando pola mínima a Sciencies Warriors e con outros equipos que non perden de vista os dous anteriores.
Agárdannos dúas semanas moi interesantes.
01 febreiro, 2021
XIII Olimpíada do saber. Clasificación
Ao
cabo da primeira semana de competición observamos unha axustada
clasificación, mais cunha mínima vantaxe para Sciencies Warriors; iso si, en aparencia con un
abandono.
Agárdanos unha máis que interesante expectación que irá medrando co paso dos días.
22 xaneiro, 2021
XIII Olimpíada do saber. Os equipos
Trece son os equipos inscritos na décimo terceira edición da Olimpíada.
Moita sorte a todas e a todos:
13 xaneiro, 2021
XIII Olimpíada do saber
Xa está aquí a XIII Olimpíada do saber. Inscribídevos!
Formade os vosos equipos e apuntádevos na Biblioteca.
O prazo finaliza o 22 de xaneiro. O luns 25 comezamos.
17 febreiro, 2020
XII Olimpíada do saber: Clasificación
Sen dúbida que a expectación medrará co paso dos días.
08 febreiro, 2020
XII Olimpíada do saber: os equipos
O luns 10 ponse en marcha a competición da que semanalmente vos informaremos.
04 marzo, 2019
XI Olimpíada do saber. Clasificación final
Parabéns ás gañadoras así como a todos os equipos participantes.
A seguir a clasificación final:
18 febreiro, 2019
XI Olimpíada do saber. Clasificación semanal
09 febreiro, 2019
XI Olimpíada do saber. Clasificación
07 febreiro, 2019
XI Olimpíada do saber. Os equipos.
Once son os equipos participantes. Ánimo e sobre todo deportividade.
10 xaneiro, 2019
XI Olimpíada do saber
Xa está aberta a inscrición para a XI Olimpíada. Formade os vosos equipos e apuntádevos na bibioteca.
O prazo finaliza o martes, 29 de xaneiro. O luns, 4 de febreiro, comezamos.
07 marzo, 2017
X Olimpíada do saber: Clasificación final.
Despois de tres intensas semanas chegou o momento de pechar unha nova edición da nosa Olimpíada. Dende a Marela queremos felicitar a tódolos equipos participantes polo interese amosado e polo esforzo realizado. O equipo gañador desta edición foi Aritmética AA, quen nun emocionante final superou a Albariño, equipo que liderou a clasificación as dúas primeiras semanas. A continuación tedes os resultados finais.
23 xaneiro, 2017
22 febreiro, 2016
IX Olimpíada: Última semana
Para quen non participou, pero nos pediu os superpreguntóns (pois este ano non fixemos copias impresas), aquí os están. O tema foi, claro, a astronomía.
![]() |
| Premede para descargar en PDF |






























