Amosando publicacións coa etiqueta Matemáticas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Matemáticas. Amosar todas as publicacións

19 xaneiro, 2025

Coa nosa xente : Alejandro Santórum Varela

Ao fío do seu traballo de investigación en Londres sobre o Emprego da IA para o tratamento de tumores cerebrais, dámoslle a benvida á sección Coa nosa xente ao enxeñeiro informático en intelixencia artificial e matemático Alejandro Santórum Varela.

Foto cedida a "La Voz de Galicia"

Asemade, Alejandro está a realizar un doutorado na Universidade Autónoma de Madrid, que precisamente investiga o emprego da IA na resolución de problemas médicos.

Verbo disto, en entrevista a La Voz de Galicia manifesta “O obxectivo da Intelixencia Artificial non é suplir o traballo, neste caso dun médico, pero si que lle pode servir como ferramenta para axilizar o seu traballo ou facerlle a vida máis doada e que se centre noutros temas que teña que atender. O mesmo noutros traballos e profesións”.

Moitos parabéns e moito ánimo, Alejandro

A seguir o noso Alejandro cando o Bacharelato: 

Alejandro no curso de 2º Bac. 2015-16. Copyright IES Aller Ulloa

 

 

18 outubro, 2024

Coa nosa xente : Carlos García Meixide

De novo traemos a esta sección “Coa nosa xente” a Carlos García Meixide ao fío de ter sido galardoado cun dos MS Student Travel Award. O tema elixido leva por título A cualificación da incerteza para intervalos que expoñerá na prestixiosa International Conference on Statistics and Data Science, a celebrar en decembro en Niza.

O científico lalinense, Carlos García Meixide. Faro de Vigo

As matemáticas son unha ferramenta para solucionar os problemas sociais, afirma Carlos nunha entrevista concedida a Faro de Vigo a raíz do galardón. 

Por parte, en entrevista a La Voz de Galicia, Carlos fálanos da súa próxima marcha á Universidade de Berkeley para traballar co profesor Mark van der Laan: Vou a Berkeley e poderei xuntar a miña investigación coa que se fai alí. 

Xa no seu momento A Marela deu conta do seu progreso académico.

Moitos parabéns, Carlos.

A seguir o noso Carlos cando o 2º do Bacharelato: 

Carlos no curso de 2º Bac.2014-15. © IES Aller Ulloa