Ao fío de
ser seleccionada a curta Vaivéns
meteorolóxicos na vila da Guarda para a súa estrea no 20 Aniversario do Festival
Internacional de cine Curtocircuíto (do 3 ao
8 de outubro en Santiago de Compostela), traemos hoxe á sección Coa nosa
xente a Manuela Pereira Enríquez,
coautora da peza xunto con guardés Miguel Flores da Costa..
 |
Manuela e o seu actual perfil de Facebook
|
A curta formará parte da sección SUPERNOVA, dedicada a
novos creadores emerxentes, formada por unha “selección de nove pezas que transitan diferentes formas e camiños para
revisitar vínculos e acontecementos familiares, navegar entre a mitoloxía e a
maxia da cotiandade ou cuestionar e evidenciar a crueza do poder”.
Vaivéns
meteorolóxicos na vila da Guarda xurdiu da invitación de Manuela
Pereira, integrante da 9ª edición do PEI (Programa
d'Estudis Independents do Museo de Arte Contemporánea de Barcelona), ao seu
amigo e compañeiro de escrita creativa Miguel Flores, ambos desterrados en Barcelona, a traballar na realización de dita peza
audiovisual. Proxecto á súa vez vinculado a Remembering
Rain.
Cóntannos Manuela e Miguel que “Vaivéns meteorolóxicos na vila da Guarda”
é un falso-documental construído a partir
do material recuperado do Proxecto Socheo,
unha iniciativa liderada polos cineastas Beli Martínez e Xurxo Chirro
dixitalizando material de vídeo caseiro da localidade galega da Guarda, coa
tentativa de localizar, estudar, inventariar e dar a coñecer as imaxes que no
seu momento foron gravadas pola veciñanza dende o 1970 ata a actualidade.
Canto á cuestión sobre cal foi o pulo,
responden que nun primeiro momento,
cavilando sobre o significado da choiva, chegamos á conclusión de que para nós
é sinónimo de fogar, e decidimos mergullarnos na fonda riqueza de mitos e
refráns relacionados co clima que ofrece o refraneiro galego. A partir disto, a
nosa intención foi crear unha narración que entrelazase a realidade cun mundo
fantástico, deixando a semente da dúbida na mente do espectador e forxando así
unha nova lenda. Para iso, deixámonos inspirar por figuras como José Val del
Omar, un dos cineastas experimentais máis importantes da historia de España e
que tamén dedicou a Galicia unha das súas pezas máis coñecidas: “Acariño
Galaico”, do Tríptico Elemental de España. E mesmo de Xurxo Chirro, coa súa
longametraxe “Vikingland” (2011).
Por parte, engaden que dende os anos 40 ata os 80 se
proxectaron en España os chamados NO-DO, pezas de informativas documentais e propagandísticas
do franquismo, polo que a recuperación do material filmado se inscribe na
tarefa de dar a coñecer precisamente pezas que durante o franquismo foran
censuradas e nunca viran a luz, caso de “Vaivéns...”, un NO-DO que nunca foi rematado
nin estreado polo seu controvertido contido, sendo agora restaurado polo seu
valor histórico e a aura de misterio que o rodea.
 |
Cartel promocional da curta. Realización: Manuela Pereira e Miguel Flores. Narrador: Mateo Cao. Duración: 6 min e 22 seg.
|
Moitos parabéns, Manuela.
A seguir a nosa Manuela cando o 2º do
Bacharelato:
 |
| Manuela
no curso de 2º Bac.2015-16. Copyright IES Aller Ulloa |