[Reclusións]
de Jaber Asadi en Iran Cartoon.
31 marzo, 2020
30 marzo, 2020
GaliciaLe en aberto
A plataforma GaliciaLe abre o seu catálogo de préstamos dixitais con máis de 4.500 títulos entre libros,
revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas
públicas galegas co obxectivo de facilitar o acceso de toda a
cidadanía á cultura nestes momentos de confinamento.
Entra en GalicaLe e infórmate.
Entra en GalicaLe e infórmate.
En GaliciLe infórmasevos de que, de non terdes carné de biblioteca, debedes de vos rexistrar e coas claves recibidas, accederedes igualmente a eBiblio Galicia e ao Catálogo galego...
29 marzo, 2020
"Oxalá o virus nos faga saír da caverna, a escuridade e as sombras"
O titular (traducido) recolle unha das moitas respostas a modo de sentenzas que o filósofo Emilio Lledó deitou nunha entrevista que Pablo del Llano lle realizou e na que "reflexiona sobre o tipo de ensinanzas que se poden extraer e subliña outras pragas como o deterioro da educación, da cultura e do coñecemento", e que podemos ler en "El País".
Unha entrevista máis que recomendable para ler con calma e, como di o filósofo Emilio Lledó, reflexionar.
Unha entrevista máis que recomendable para ler con calma e, como di o filósofo Emilio Lledó, reflexionar.
Emilio Lledó, foto de Jaime Villanueva. El País
28 marzo, 2020
27 marzo, 2020
Fatal, falta Tafal
Hoxe, día mundial do teatro, celebrámolo coa estrea da nova obra de Inacio Vilariño, un tarabeleiro de noso.
El libro usado no se puede lavar
"Lector amigo:
El contagio no es un ahorro."
Estratexia comercial ou medida preventiva de saúde pública?
Fonte |
Así e todo non deixedes de saber que era a Enciclopedia Pulga!
25 marzo, 2020
A importancia de ler libros na corentena
A lectura de libros é un factor de equilibrio fronte á "fatiga dixital" e á "infoxicación" durante a corentena.
Jerzy Gluszek |
"O fluxo de noticias e de mentiras, así como de interacción en redes sociais pode provocar unha dinámica de “fatiga dixital”, pero a lectura sen interrupcións que ofrece un libro é un remedio eficaz para contrarrestar a sobrecarga dixital destes días, vinculada ao fenómeno FOMO (Medo a perder algo), que se acentúa en situacións como a do Covid19." (Traducido)
Así o afirma a Fundación Sánchez Ferlosio, que elaborou unha ficha tan breve, tan clara e tan precisa que non debes deixar de descargar, desde aquí mesmo.
Gorbuz Dogan Eksioglu |
Poemas para un xantar
Sermos poetas 5 dedica unha pequena antoloxía ao Cocido lalinense con catro Poemas para un xantar de carácter satírico, uns, e afervoadamente intimistas, outros; e que nos fan lembrar que non hai moito andabamos ceibes polas rúas de festa en festa. Un motivo máis para agardar un pronto reencontro.
A coordinación correu a cargo do profesor Suso Amboaxe, a creativade textual foi obra de David Fernández Porral, Ana Fuentes González, Sonia Senra Trigás e Aitor Gil Rodríguez; mentres que as ilustracións son de Sofía Gil Madriñán.
Parabéns a todas e a todos polo magnífico traballo.

24 marzo, 2020
Albert Uderzo, in memóriam
Recibimos en pleno confinamento a mala nova da morte de Albert Uderzo, creador xunto con René Goscinny de Astérix e Obélix.
Mágoa non poder poñerlle un altariño a xeito de exposición antolóxica, a quen sen dúbida ningunha está considerado un dos máis grandes da BD. No entanto, si que podedes consultar na Marela BD o catálogo de cómics de "Astérix e Obélix" que figuran na Biblioteca.
Tamén dispoñemos na Biblioteca dunha máis que interesante colección de películas de animación da serie "Astérix e Obélix", que nos agardan para cando volvamos.

Imaxe de Google
En 1961 vía a luz Astérix o galo, o primeiro da serie:23 marzo, 2020
Prorrogado o VII Concurso Literario Mª Vitoria Taboada
Dada a situación de confinamento por mor do COVID-19. o IES Ramón Mª Aller Ulloa acorda prorrogar ata o 30 de abril o prazo de admisión de traballos a presentar ao VII Concurso Literario Mª Vitoria Taboada de poesía, relato curto e sketch teatral, dirixido ao alumnado de ensino secundario, ciclos formativos de grao medio e FPB matriculados en centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Animádevos a participar como un momento de lecer creativo no ámbito da corentena.
Preme no cartel para ler as bases da convocatoria.
Animádevos a participar como un momento de lecer creativo no ámbito da corentena.
Preme no cartel para ler as bases da convocatoria.
Tamén podes baixar as bases en PDF
21 marzo, 2020
Día Mundial da Poesía
Hoxe, 21 de marzo, celebramos o Día Mundial da Poesía, e nós queremos sumarnos á conmemoración lembrando uns versos de resistencia de Celso Emilio Ferreiro do poema ´Limiar' do libro Viaxe ao país dos ananos:
A xeito do S.O.S.
falo na madrugada:
Pechai tódalas portas
e que xa ninguén saia.
E cun videopoema realizado pola alumna Lía Montoto Presas de 4º de ESO, baseado no poema 'Bando' de Manuel María do libro "Documentos personaes".
Agardamos que guste e que sirva un chisco de compañía nestas horas de encerro solidario.

17 marzo, 2020
14 marzo, 2020
A derrota de Coronavirus
No meio do caminho tinha uma pedra
tinha uma pedra no meio do caminho
tinha uma pedra
no meio do caminho tinha uma pedra
Carlos Drummond de Andrade
Quen o diría, aló polo 2017 chegounos unha nova aventura de Astérix e Obélix da man de Jean-Yves Ferri e Didier Conrad "Astérix en Italia" que nos conta a celebración da Primeira carreira Transitálica Modicia-Neápolis e na que participan Astérix e Obélix que compiten, entre outros, nin máis nin menos que con Coronavirus, o grandísimo campión dos romanos (que non chineses), acompañado do seu fiel Bacillus; e malia os atrancos no camiño, ao final logran derrotar a Coronavirus.
E nestes momentos de corentena e alarma, moita afouteza, pois nós non dispoñeremos da apócema de Panorámix, pero si dispoñemos da enorme profesionalidade e humanidade do persoal sanitario; e se Astérix e Obélix destronaron a Coronavirus nós faremos o mesmo.
13 marzo, 2020
Cerámica grega
Unha exposición de sete estalos, froito do traballo artístico e documental de alumnado de 1º da ESO. As imaxes recreadas en vasillas, ánforas, pratos... son testemuña fiel da calidade das mesmas.
Parabéns a todo o alumnado que participou coordinado pola súa profesora de Xeografía e Historia Alba Payo:
Parabéns a todo o alumnado que participou coordinado pola súa profesora de Xeografía e Historia Alba Payo:
12 marzo, 2020
XII Olimpíada do saber. Clasificación final
Xa temos equipo gañador da XII Olimpíada do saber, SMUD, que repite triunfo, composto por Aroa Cabaleiro Meijomín, Sofía Fernández Sarria, Marta García Méndez e Andrea González Sanchez.
10 marzo, 2020
Día Internacional de π
Rematada a laboriosa montaxe así de agradable á vista quedou o "Arco da vella de π":
Para máis información gráfica da exposición conmemorativa do Día de π visita o Toc-Toc-A-Ciencia.
Tamén podes ver o tríptico sobre os grandes xenios das Matemáticas.
Tamén podes ver o tríptico sobre os grandes xenios das Matemáticas.
07 marzo, 2020
Día de π
No Toc_Toc_A_Ciencia damos cumprida información gráfica da fase de montaxe da exposición conmemorativa do Día Internacional de π, mes 3 e día 14.
Podedes ver as fotos premendo na imaxe:
Podedes ver as fotos premendo na imaxe:
05 marzo, 2020
8 de marzo: Día Internacional da Muller
Lembramos o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha exposición sobre igualdade de fondos documentais da Biblioteca.
Arriba os carteis do Colexio Santo Ángel de Ourense e do IES Lauro Olmo de O Barco de Valdeorras, gañadores do concurso do cartel da campaña sobre igualdade da Xunta para o 8-M.
Asemade recordamos que a Biblioteca dispón do espazo específico "Feminismo e situación da muller", a fin de contribuír á formación en igualdade de xénero do alumnado.
A seguir unhas fotos da exposición e do espazo Feminismo e situación da muller:

04 marzo, 2020
01 marzo, 2020
Marela para "O xardineiro dos ingleses"
Nova Guía de lectura, a nº 16, que se corresponde coa Marela nº 27, dedicada neste caso á novela de Marcos Calveiro O xardineiro dos ingleses.
Lembrade que podedes descargala en PDF.
Para máis información visitade o Wikirmau.
Lembrade que podedes descargala en PDF.
Para máis información visitade o Wikirmau.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)