29 abril, 2020

Nova prórroga do VII Concuso Literario Mª Vitoria Taboada

Dada a prolongada situación de confinamento por mor da COVID-19 e debido ao feito de non poder volver ata setembro ás aulas, o IES Ramón Mª Aller Ulloa acorda prorrogar ata o 31 de outubro o prazo de admisión de traballos a presentar ao VII Concurso Literario Mª Vitoria Taboada de poesía, relato curto e sketch teatral, dirixido ao alumnado de ensino secundario, ciclos formativos de grao medio e FPB matriculados en centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Preme no cartel para ler as bases da convocatoria.



https://issuu.com/marelatarabela/docs/concurso_vitoria_convocatoria_2020_bases

Tamén podes baixar as bases en PDF

27 abril, 2020

Cando todo isto pase

Cando todo isto pase é unha produción do IES Aller Ulloa feita con moito cariño e entusiasmo dedicada a todo o alumado do centro, para facer máis levadío o confinamento e o traballo. 
Unha apócema máxica feita de ánimo e afouteza.


25 abril, 2020

Saudades da casa...

Semella que, conforme se foi indo o Día do libro, máis se nos avivan as saudades. Moito nos acordamos da nosa casa dos libros! 


 Xoana, grazas pola gravación

23 abril, 2020

Día do libro

Lembramos o Día do Libro coa particular visión que nos ofrece a alumna de 2º de Bac de Artes, Noelia Vázquez Val:
Somos conscientes de que a celebración este ano do Día do Libro non deixa de ser senón unha moi sentida homenaxe a un amigo inseparable, e máis en tempo de confinamento, e facémolo cunhas suxestións de lectura que a revista Babelia, baixo o lema "cando a realidade supera a ficción", nos ofrece e que abrangue autores como Ray Bradbury, Isaac Asimov, J. G. Ballard, Ursula K. Le Guin, Philip K. Dick ou Stanislaw Lem que, como se le na revista, "imaxinaron un futuro de pandemias, distancia social e redefinición do ser humano".
O humor de Davila non podía faltar. Lembramos a súa contribución de hai uns anos:


E para animar aínda máis á lectura, recuperamos unha recomendación, ver a seguinte e cativadora curta "Os fantásticos libros voadores":

Literiatura [135] : Oliver Jeffers

[I am a child of books]
Oliver Jeffers en resistart.ir

15 abril, 2020

Día mundial da arte (2)

E como ramo á celebración do Día Mundial da Arte unha recomendación, a curta de animación "El Pintor y la sombra", realizada por Carla Jiménez. Curta chea de colorido e de dinamismo, que nos presenta a historia dun pintor solitario que se dedica a pintar os habitantes que transitan polas rúas dunha cidade de algures, ao que se lle presenta unha sombra que lle pide que a pinte...

Día Mundial da Arte

Cada 15 de abril, celébrase o Día Mundial da Arte que busca dar a coñecer a importancia que ten a arte e sobre todo o pensamento creativo na evolución do ser humano e na resolución dos problemas que nos axexan.
A escolla do 15 de abril vén motivada por ser tal día o natalicio de Leonardo Da Vinci.
Malia o confinamento, quixemos sumarnos á conmemoración do Día Mundial da Arte coa achega creativa de alumnado do Bacharelato de Artes e un alumno da ESO, que nos ofrecen unha actividade artística con referencias ao momento que estamos a vivir. Traballo realizado baixo a supervisión da profesora María Armada e do profesor Fran Otero.
Deseguido podedes admirar o labor creativo do noso alumnado de Artes.
En primeiro lugar o traballo de Noelia Vázquez Val de 2º de Bac. B titulado "Caixa de salvamento a unha pandemia" e en segundo lugar unha serie de creacións para conmemorar tal efeméride.


12 abril, 2020

A importancia de ler libros na corentena (e 2)


Practicando las sensatas recomendaciones incluidas en una entrada anterior de este blog, el azar, tan sensato también, hace llegar al lector a un breve ensayo de Peter Sloterdijk

Se titula "El Renacimiento permanente. La novella italiana y las noticias de la Modernidad." En él, a propósito del Decamerón, Sloterdijk reflexiona sobre la propuesta de Boccaccio de hacer de la ficción una alternativa al mundo apestado.

Una alternativa y una cura.


Esta página que dejamos ahí es, cómo no, una primera página...


08 abril, 2020

A Nosa Terra, 33 anos de información en acceso público

Desde o 3 de abril podemos acceder á consulta da edición contemporánea d'A Nosa Terra, cabeceira nacida en 1907 e renacida en 1977. A súa dixitalización, froito da colaboración entre a Fundación A Nosa Terra e o Consello da Cultura Galega, ofrécenos a posibilidade de percorrer tres décadas da análise xornalística da realidade galega en edición impresa ata xullo de 2010, desde o período da restauración democrática. Malia os problemas económicos a cabeceira proseguiría o seu labor en formato dixital, pechando temporalmente en setembro de 2011, para retomar a edición electrónica en 2018.
Sen dúbida unha moi boa nova para estudosos do xornalismo galego e da historia máis recente, mais tamén para nostálxicos ou simplemente para remexer.
Preme na foto para acceder:
https://anosaterra.com/hemeroteca/

06 abril, 2020

04 abril, 2020

Unha recomendación: "A cama de meu avó Manuel Sanmartín Méndez", de Celso Fernández Sanmartín


Os bos poetas falan por nós: poder expresar o que outro non é quen de o facer é unha xenialidade con carácter de forza probatoria de certo zume de humanidade.

Estes versos de Celso Fernández Sanmartín poetizan un tempo, unha paisaxe e dúas vidas. Pero é deferencia desta poesía que o lector poida, mentres le, pensar no seu tempo, na súa paisaxe e nas vidas de seu...

O título menos poético do mundo, A cama de meu avó Manuel Sanmartín Méndez, agocha, arteiro, esa lebre que salta cando tocamos un obxecto que parecía van: a rabuda lebre da memoria, que foxe pero que queda...
E queda e desata os murmurios que nos fan sentir esa alma da que nunca nos falaron.

Dela fala neste libro Celso Fernández Sanmartín.

Son palabras escolleitas que anoan, nunha gorxa compartida co lector, a vida dos ausentes coa evidencia de que todo o que compartimos con eles é pegada que nunca deixaremos de seguir. 

Palabras, en fin, que a pericia do poeta recolle e traduce en dúas imaxes que prologan e epilogan o seu libro: o orgullo da cama do avó como fondo dunha vida e a cama do avó como referente ao que sempre voltar.

E o lector, animaliño sen acougo, a quen estas páxinas o abeberan de versos que o confortan, queda agradecido por eles:
Paxariño do oestevaite máis para o oestecoma quen que morrichesE volve polo leste

03 abril, 2020

Biblioteca Pública de Quemchi


Alá polo 23 de novembro recibimos un agasallo moi especial de Mario, que gardabamos á espera da ocasión de mostralo.
Eran  fotos da Biblioteca Pública de Quemchi, no arquipélago de Chiloé, acompañadas dun texto un chisco telegramático de máis: 

"Non tiñamos batería para facer máis fotos. Ten máis salas. Cada unha coa súa decoración e a súa funcionalidade. Unhas redondas, outras con esquinas. Á bibliotecaria adóitanlle dicir que é a biblioteca máis linda do mundo. Estaba pechando a porta, pedímoslle ver a biblio, encolleu o cello e acabou botando un cuarto de hora connosco. Ou sería máis? O tempo voaba e ela tiña que ir presentar un acto.
Quen oíra falar de Quemchi en Chiloé (ao que os conquistadores chamaran Nueva Galicia)?"

Malia seguirmos na casa, podemos atravesar acéanos e continentes de moitos xeitos.









Máis sobre a Biblioteca neste vídeo:



E para saber máis sobre Quemchi premede no nome ou preguntádelle a Mario.

01 abril, 2020

Veña ao teatro! Teatroteca en aberto

Teatroteca, a plataforma de servizos de préstamos en liña do Centro de Documentación das Artes Escénicas e da Música do INAEM abre ao público 1.500 obras de teatro gratis online.
Boa nova que enche de máis motivos o quedarnacasa.