A cantidade e diversidade de material que fomos rescatando e (re)descubrindo para a Actividade que desenvolvemos sobre os anos 70 non deixa de sorprendernos.
Nunha nena de seis anos que naceu en Basilea
e cantou para min a Internacional en idioma galego e nonpuiden rete-lo pranto e foi en mil novecentos
setenta e catro, e por ela reclamo a liberdade pró meu pobo.En Con pólvora e magnolias
27 abril, 2008
[Rescate I] Xenebra, 1974
24 abril, 2008
Moncho Valcarce
Grazas á xenerosidade da Irmandade Moncho Valcarce, dispoñemos (do 21 de abril ao 9 de maio) da exposición sobre o Cura das Encrobas.
Con ela como fío condutor poderemos percorrer aqueles anos da Transición, as loitas agrarias en Galiza, a poesía social da época, a canción reivindicativa, as voltas da prensa coa censura... e algunhas cousas máis.
Acompañándoa, pódense ver outras pequenas exposicións:
- Prensa xeral do 20-11-1975 ao 14-11-1975
- Prensa de partido na Transición.
- Revistas da Transición (Triunfo, El Papus, Por Favor, Teima...)
- Autocolantes, panfletos e propaganda da época.
- Libros relacionados coa Galiza do momento.
- Diversos impresos elaborados e distribuídos en Deza.
- Prensa xeral do 20-11-1975 ao 14-11-1975
- Prensa de partido na Transición.
- Revistas da Transición (Triunfo, El Papus, Por Favor, Teima...)
- Autocolantes, panfletos e propaganda da época.
- Libros relacionados coa Galiza do momento.
- Diversos impresos elaborados e distribuídos en Deza.
As visitas para o alumnado organízanse en horario lectivo. Fóra deste horario, calquera persoa que a desexe ver pódese poñer en contacto connosco na Bibliotecas antes das nove da tarde.
21 abril, 2008
NOVIDADESSSSSS!!!!!!!!!
Os fanáticos dos best-sellers (que de todo ten que haber), xa tendes na biblioteca as últimas producións de dous dos máis salientables produtores de tales obras: Carlos Ruiz Zafón (autor da moi vendida La sombra del viento) y Ken Follett (autor do moi vendido Los pilares de la tierra).
Zafón vén de publicar El juego del ángel, da que el mesmo di, sorprendentemente, que é máis interesante que La sombra... Follett, pola súa banda, presentou hai uns meses Un mundo sin fin, unha sorte de continuación de Los pilares..., superando daquela a tirada inicial da última entrega de Harry Potter.
19 abril, 2008
Octavio Paz
El escritor mexicano Octavio Paz murió el 19 de abril de 1998. Diez años después, queremos recordarle aquí con algunos de sus poemas. Disfruta con su lectura y ojalá te sirvan para buscar más de él en la biblioteca.
15 abril, 2008
The USA and the UK
Students get English language through language studies and through getting knowledge of the history, geography, culture and traditions of different English speaking countries. As source of information to prepare their projects on the USA and the UK students read
- 4º A/ B: THE USA(by Alison Baxter). Factfiles. Oxford University Press
- 4º C/D : BRITISH LIFE LIFE (by Anne Collins). Penguin Readers.
with copies at the school library, and used encyclopaedia, dictionaries and the Internet.
The projects are not just stuck on the walls to be seen but to be worked on by the rest of the school students. Some questions have been prepared and answers will have to be found out reading carefully through the 4th level students works.
The experience has been quite motivating.
- 4º A/ B: THE USA(by Alison Baxter). Factfiles. Oxford University Press
- 4º C/D : BRITISH LIFE LIFE (by Anne Collins). Penguin Readers.
with copies at the school library, and used encyclopaedia, dictionaries and the Internet.
The projects are not just stuck on the walls to be seen but to be worked on by the rest of the school students. Some questions have been prepared and answers will have to be found out reading carefully through the 4th level students works.
The experience has been quite motivating.
Se queredes ver os trípticos-cuestionario premede aquí.
13 abril, 2008
Olimpíada do saber: equipos premiados.
Rematou a Olimpíada do Saber (unha iniciativa que lle debemos a algúns institutos amigos). Tivemos algúns fallos de organización, pero estamos decidid@s a repetila o próximo curso. É unha actividade moi potente e cun enorme potencial formativo.
O material que utilizamos para as distintas competicións o podes consultar premendo nas seguientes ligazóns:
Pista a pista
Superpreguntón
Problemas problemáticos
Pregunta do día
Por iso querémoslles agradecer a súa participación a todos os equipos e felicitar ao cinco que resultaron premiados:
O cuarteto asasino
|
66
|
(...)
|
53
|
E logho ti...?
|
51
|
The glever
|
48
|
Spaf
|
31
|
O material que utilizamos para as distintas competicións o podes consultar premendo nas seguientes ligazóns:
Pista a pista
Superpreguntón
Problemas problemáticos
Pregunta do día
11 abril, 2008
Tony River, Antoine de la Rivière, Antón Riveiro... e familia
Sabiamos da dificultade da proposta. Tratábase de reunir varias xeracións familiares arredor dun libro. O alumnado de referencia era de 1º de BACH, seguramente o menos adecuado, pois correspóndese con idades en que se adoita crear “distancias” con pais/nais. Por outra banda, pais/nais que sabemos que se sumaron á proposta non deron o paso de acudir ao encontro.
Así e todo, xuntámonos un bo feixe de xente e Antón (afable, falador, narrador) cativounos. Transcorreron unhas horas e xa nos chegan mensaxes de que hai que repetir.
Só houbo un problema: un sobriño de Velarde (o “malo malísimo” de Casas Baratas) presentouse ao final do encontro, Antón púxose branco como a cera, as mans comezáronlle a tremer e a tinta –vermella, claro- con que asinaba dedicatorias estivo a piques de se lle conxelar. A cousa non pasou dunha taquicardia e o falso Velarde descubriu a súa identidade real: era Javier, o profesor de castelán, limiao el tamén.
Ora ben, que pasaría se os “malos” das novelas tomasen vida e se lle presentasen aos escritores nunha sesión de sinaturas? Polo visto, Antón Riveiro non desbota esa posibilidade.
08 abril, 2008
Memorias de tras a guerra para o Club de Lectura LichesEste?
Da abundante literatura xerada pola Guerra Civil e as súas consecuencias, esmelgamos dúas obras para o Club de Lectura "Liches este?".
Ben estruturadas e con exquísito coidado da lingua (en tempos propicios para a literatura de lingua plana) coidamos que nin As rulas de Bukunin, nin Los girasoles ciegos vos causarán indiferencia.
Para máis información, pulsa AQUÍ.
Ben estruturadas e con exquísito coidado da lingua (en tempos propicios para a literatura de lingua plana) coidamos que nin As rulas de Bukunin, nin Los girasoles ciegos vos causarán indiferencia.
Para máis información, pulsa AQUÍ.
Comeza o Curtas IRMAU '08
O 1 de abril comezan as proxeccións do Curtas IRMAU '08, o Festival de Curtametraxes do Instituto.
Nel poderemos ver unha selección de curtas realizada por Severiano
Casalderrey e Manuel Darriba.
@s asistentes (convertidos en xurado) terán que realizar unha
avaliación das curtas que entran en concurso.
Iso xunto á introdución didáctica e as expliacións que ofrecerá o
profesorado implicado servirá para familiarizarnos cos elementos que
integran a arte cinematográfica.
Trátase de que deixemos de ser simples espectadores/as pasiv@s do cine.
Se queredes ver a introdución didáctica e o programa de proxecccións
premede AQUÍ.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)