Amosando publicacións coa etiqueta Cultura audiovisual. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cultura audiovisual. Amosar todas as publicacións

27 maio, 2021

Ao fío do encontro con Adela Otero

O pasado luns, 24, como xa demos conta no seu momento, tivo lugar o programado Encontro, máis ben reencontro coa que foi alumna do noso IES Adela Otero, quen expuxo  a través do relatorio titulado “A viaxe do audiovisual” a súa experiencia académica e profesional: 
Como foron os seus estudos no Grao en Comunicación Audiovisual na USC, os distintos proxectos persoais e profesionais que realizou nese tempo e as súas expectativas de futuro, unha vez presente o proxecto fin de grao.

 

Pois ben, ao fío de dito encontro parte do alumnado asistente de 1º do Bacharelato de Artes achegounos as seguintes reflexións:

Grazas á charla, a miña perspectiva sobre os estudos de comunicación audiovisual cambiou para ben, xa que pensaba que dita carreira era moito máis diferente do que realmente é. A esta percepción contribuíron os proxectos (interesantes e mesmo divertidos) que Adela desenvolveu. Ademais puidemos informarnos de máis carreiras relacionadas co mundo artístico
Samuel Portas.

Encantáronme os seus traballos, por certo moi entretidos. En particular os proxectos persoais, pero tamén os musicais.
 Cristina Fandiño.

O Grao de Comunicación audiovisual, logo da información recibida, paréceme unha opción a ter en conta á hora da escolla dunha carreira universitaria, en xeral, moi útil. 
Os proxectos de Adela, sobre todo a curta Calma, resultáronme tremendamente interesantes, ademais de moi traballados, tanto na imaxe coma no son. As ideas son moi creativas e orixinais. 
A charla, en xeral, pareceume moi útil e necesaria, pois falaba a voz da experiencia. Ademais, fíxose moi amena e agradable de escoitar, ao intercalarse con vídeos e demais traballos.  
Ana Novo.

Pareceume moi interesante e, se non tivese a idea de estudar un grao superior de ilustración, pensaría na opción de estudar Comunicación audiovisual. 
Os seus traballos cualificaríaos de preciosos, tanto pola estética como polo estilo propio que ten ao gravar. 
Realmente gustoume. Explícase moi ben e pareceume bastante interesante, ademais de que foi unha axuda para a xente que queira estudar algo parecido ou o mesmo, tamén puidemos ver as distintas saídas que poden ter 
Nancy Suerio

En si a charla estivo moi ben. Ensinounos os traballos que realizou e explicounos como os desenvolveu. Á parte de que me gustou por ter sido alumna deste centro
Elías López Leite

20 maio, 2021

(re)Encontro con Adela Otero

O vindeiro luns, 24 de maio, terá lugar un Encontro con Adela Otero, máis ben Reencontro, pois Adela é xente de noso. O relatorio dirixido ao alumnado de 1º do Bacharelato de Artes leva por título
A viaxe do audiovisual.


23 maio, 2019

Medrar e ser. Stop motion para a Biblioteca


O equipo de Cultura Audiovisual propúxose xa hai tres cursos realizar unha curta de animación coa técnica Stop motion, mais diferentes atrancos impediron a súa finalización. No entanto, aproveitando o material este curso o departamento de Debuxo do IES “Ramón María Aller Ulloa” en colaboración coa biblioteca produciu unha curta de animación para promover a Biblioteca, Medrar e ser.

O deseño e a fabricación dos bonecos así como o decorado foi realizado polo alumnado de 1º de Bacharelato de Artes do curso 2015-16 nas materias de Volume, Cultura Audiovisual I e Debuxo Artístico I: Alba Conde Portela, Alejandro Dopazo Taboada, María Ferradás Iglesias, Francisco Galego Sánchez, Aitana Iglesias Rodríguez, María Jácome Iglesias, Adela Otero Vázquez, Andrés Otero Vázquez, Jesús Peña Fernández, Daniel Rama Novoa, Gabriel Alejandro Reverón Vizoso, Ángela Silva Varela, Leticia Varela González, Iria Varela Varela e Alberto Villar Fernández

O alumnado de Cultura Audiovisual II de 2º de Bacharelato de Artes do curso 2018-19 animou e montou os vídeos: Mariana Albarenque Gelós, Noa Blanco González, Sofía Jorge Liñares, Juan José López Rey, Rosa Núñez Martínez, Julieta Itatí Penas Noce, Cristina Polo Pernas, Ainhize Sixto Sánchez e Gustavo Thomé Oliveira.

As voces son de Sofía Fernández Sarria e Breixo Pereira Gaiteiro, alumna e alumno de 3º de ESO do curso 2018-19.


15 decembro, 2015

Ningún neno e nena sen xoguetes


Así o entendeu a xente do BAC Artes e, deste xeito, elaborou unha serie de vídeos para promover a tradicional campaña. Xuntáronos todas neste vídeo.


Noutra orde de cousas, aí á dereita da pantalla, podedes admirar unha das múltiples mutacións da concoespiral, que sempre nos desexa bo nadal.

21 maio, 2015

Ano Internacional da Luz: A cámara escura

No ano internacional da luz non podía faltar a cámara escura.

A experiencia realizouse nas aulas de 1º de ESO,  baixo a dirección do Departamento de Debuxo e de Xulia Ferradás (alumna de máster de profesorado) e co apoio do alumnado de 1º BAC de Artes.



_

19 novembro, 2014

O libro, segundo premio no OUFFESCOLA

Así é. Coa súa primeira produción, as artistas de Cultura Audiovisual (2013-14) lograron o segundo premio no certame OUFFESCOLA, convocado polo Festival de Cine Internacional de Ourense.

Vaia, que xa non vos quedan escusas para non ver O libro.

Sebas e parte do cadro artístico reciben o premio
Esta é a foto de familia de todos os galardoados...

As nosas (e Puma), aí contra a esquerda

... que veñen sendo estes:

Parabéns a todos!!!

A noticia en Praza pública, con fotos e a curta...

12 xuño, 2014

Os premios: vídeo resumo


Comunícannos desde Cultura Audiovisual que xa remataron a montaxe do documental sobre a entrega de premios do Concurso "Mª Vitoria Taboada".

Puidémolas ver traballando no día e día e asegurámosvos que foi un enorme traballo de edición.

O que aquí vos presentamos é a síntese que prepararon para colgar na rede.


Graciñas, moitas graciñas, a toda a xente que o fixo posíbel e tamén á que participou no acto.

10 xuño, 2014

O libro

A boa xente de Cultura Audiovisual (Bacharelato de Artes) está a piques de estrear a súa curta de ficción O libro
Xa coñecemos a carátula.


Tamén estivemos a voltas co guión e o caderno de rodaxe.

Polo que só nos faltaba a película...e velaquí a está:


-