26 outubro, 2017

28-O: Día mundial da animación 2017. Suxestións


O 28 de outubro de 2017 fanse 125 anos da primeira exhibición de imaxes animadas. Aquel
día e ata febreiro de 2018, Emile Reynaud presentou co seu teatro óptico a obra Pauvre Pierrot! no  Museu Grevin de Paris.


Desde o 2002, lembrando tal evento, celébrase o día internacional da animación. Para o conmemorarmos, pedímoslle a Seve que nos seleccionase unhas curtas. Agasallounos coas dez propostas seguintes, repartidas en dúas sesións que collen en 50 m.

SESIÓN 1:

 SESIÓN 2:

  • Corp, Pablo Polledri, Arxentina, 2016. 9’. Técnica: 2D CGI. Trailer (Vimeo).
  • Cavalls morts, Marc Riba e Anna Solanas, España. 6’. Técnica: Monicreques. Trailer (Vimeo)
  • To build a fire, FX Goby, Francia, 2017.13’. Técnica: 2D/3D CGI. Trailer (Vimeo).
  • Yin, Nicolas Fong, Bélxica, 2017. 10’. Técnica: 2D CGI. Trailer (Vimeo).
  • Big Booom, Marat Narimanov, Rusia, 2016. 4’. Técnica: Plastilina. Trailer (YouTube).

Ademais na sección paralela serán proxectadas, a partir do 27 e durante a semana do 30 de outubro ao 3 de novembro na bufarra do vestíbulo, as seguintes curtas:

Venres 27:

  • Pour une poignee de girolles (2016), de Julien Grande (Bélxica)

Semana 30-O / 3-N:

  • The Edge (2016), de Alexandra Averyanova (Rusia)
  • Valley of White Birds (2017), de Cloud Yan (China)
  • Au revoir Balthazar (2016); de Rafael Sommerhalder (Suíza)
  • Le promeneur (2016); de Thibault Chollet (Francia)
  • And the Moon Stands Still (2017), de Yulia Ruditskaya (Bielorrusia-Alemaña).



19 outubro, 2017

Teatro e música para Marie Curie.

O mércores 11 de outubro estreamos no salón de actos a obra-concerto Mulleres que fan historia: Marie Sklodowska Curie. Neste proxecto participaron arredor de 40 persoas e o resultado non puido ser máis satisfactorio. Desde aquí queremos dar os nosos parabéns a todos e a todas, especialmente aos actores principais Lorenzo e Rosa.

Asistiu o alumnado de 1º de bacharelato e tamén estudantes e profesores de Zielona Gora (Polonia) que participou no programa de intercambio lingúistico que o IES Aller Ulloa puxo en marcha o curso pasado e que continuará no vindeiro.

Aquí podedes ver alguna fotografía...




… aquí o programa do evento e unha sinopse da obra... 


… e aquí máis fotografías do recanto do Toc Toca Ciencia.






13 outubro, 2017

Todocosmos

No marco do Programa Todocosmos de divulgación astronómica en Galicia desenvólvese esta actividade na que participa alumnado do noso IES xunto con alumnado polaco de intercambio de Zielona Góra.



10 outubro, 2017

Encontro con Marie Curie

O mércores 11 poderemos seguir un breve percorrido biográfico de Marie Curie. Teatro, música e a foto do Quinto Congreso Solvay..., estrea mundial no salón de actos ás 12:15.

04 outubro, 2017

Baltasar Merino Román. Día da Ciencia en Galicia

Este ano dedicáselle o Día da ciencia en Galicia ao botánico e meterólogo Baltasar Merino Román, profesor que foi de D. Ramón Mª Aller Ulloa, coincidindo co primeiro centenario do falecemento do investigador, autor da primeira caracterización exhaustiva da flora galega, á que se suman os primeiros traballos de climatoloxía aplicada realizados en Galicia.

 [Máis información na páxina da RAGC]




 A seguir a pequena exposición documental sobre botánica realizada con fondos da biblioteca: