A altura de 1990,
a Asociación Cultural O Naranxo tivo a brillante idea de convocar un concurso
de Cartas de Recomendación que agora reeditamos, ao dar con elas nesta
nosa tarefa por recuperar vellos documentos de Lalín e Deza.
E ao abeiro da
publicación da revista underground Trapa, iniciativa de Viravolta, cuxo
primeiro número data de 1983, como Boletín da Escola Técnica Superior de
Coñecementos Inuteis (ETSCI) e que tivo entre os seus artífices e colaboradores
os cinco pioneiros de Viravolta (Pili, Noli, Julio, D. Payo e Ánxel),
para anos despois converterse en boletín da A.C. O Naranxo, e concretamente do
seu número 8, editado en 1991, a A. C. O Naranxo distribuíu nun supletorio as
cartas galardoadas no 1º Concurso de Cartas de Recomendación.
Na publicación dixital das cartas damos conta da información recollida no seu momento en La Voz de
Galicia de 26 de xuño e de 19 de xullo de 1990, sobre a convocatoria e os
motivos.
Hai que lembrar
que o premio non era cousa menor, pois a persoa gañadora ocuparía un cargo
honorífico na sociedade O Naranxo durante un ano. Canto aos motivos salientar o
eco que a nivel de Galicia acadou o concurso, informando do mesmo ata a propia
TVG, tal e como se le en La Voz de Galicia desa altura:
“José Ramón Paniagua Gutiérrez, alias el Pañi (sic) ,
y, a la vez, secretario de la Asociación Cultural O Naranxo de Lalín, apareció el
pasado martes ante las cámaras de la Televisión de Galicia
en el programa Crocante que presenta
Alberto Avendaño. El tema no era otro que el Concurso de cartas de recomendación que la
citada asociación ha convocado después de que el actual
presidente de la Xunta, Manuel Fraga, dijera «que las cartas de recomendación entran dentro de la
tradición popular»” (Lalín. Redacción, por M. Garabantes).
Sen dúbida que
unha boa maneira de lembrar a activa vida cultural de hai anos é botando man
destes vellos documentos que son xa parte da historia local, e que neste caso
amosan a vixencia e a tradición das recomendacións. Unha boa escola para a vida.