10 decembro, 2013

Vitoria, o noso premio

Chegou, miudiña,  alá polo outono de 1976. Viña para primeiro de BUP xente de moitas partes, de todos os mundos de Deza e aínda máis. A xente temíase por descoñecemento e, por descoñecemento, o instituto semellaba un espazo ameazante. Ela non tiña outra defensa que a súa fraxilidade e un sorriso persistente. Tamén traía o seu exercitiño secreto.

O regreso produciuse no 87 (pouco máis de sete anos fóra da casa). E desde aquela... Tanto tempo e tan pouco! Tan miúda, tan fráxil! Aí atrás, nun dos encontros de PLAMBE unha antiga alumna preguntounos por ela. Foi quen me aprendeu a ler, ler, alá naquela Literatura de COU. É a que le -dixémoslle, e así era. Na distribución de funcións que fixemos ao constituírmos o primeiro equipo da biblioteca, a ela correspondeulle (a ela e a Avelina) o traballo invisíbel. O traballo que seica non era traballo. -Chegou este par de libros. E como non era traballo: -Queres que os mire? E como non daba traballo: -Mira... E ao cabo de dous ou tres días xa os traía de volta e debullados. -Que? -Están ben... Raramente variaba a resposta verbal e non me quedaba outra que descodificar o seu informe a través da abertura do arco do pescozo coa cabeza, da amplitude do sorriso e da dilatación da pupila. Despois de tanto e tan pouco tempo, eu xa non me tiña que esforzar moito para interpretar toda aquela xeometría coa que ela evitaba dicir mal dun libro.

No curso pasado, a ELA, a terríbel e terrorífica ELA, asaltou o seu corpo e, como couza doente e puta, botouse a rillar na súa musculatura esquivia. Pensamos se a súa fraxilidade a podería defender de novo. Quixemos crer que a súa facultade de volverse invisíbel abondaría para facerse descoñecer pola doenza. Empeñámonos en que en que había valer de algo invocarmos o seu exército secreto. Ai aquel seu exercitiño de letras e formigas, de liñas e ringleiras e de páxinas, e de páxinas, e de libros, de moitos libros!
Non creo que esta imaxe marcialota lle gustase moito, pero eu trataría de llo explicar: e logo non foron todas esa letras como soldadiños as que te protexeron do mundo e te levaron a vencer o descoñecemento? As que che dixeron que todos, cada primeiro día deste curso que comeza todos os días, eramos e somos tan fráxiles coma ti? E ela erguería a cabeza como nunca e, como nunca, abriría o sorriso e dilataría as pupilas, e dilataríaas ata que nelas se reflectisen todos os libros lidos e todos os que, malpocados, quedaron por ler.

Vitoria foi o noso premio e, neste ano que nola levou, convocamos un premio co seu nome. (Premede)

27 novembro, 2013

KaReal galardoada nos Premios Lobo 2013


Kareal, cuadernos de creación literaria y arte, revista editada polo Departamento de Lingua Castelá do noso instituto, fíxose merecedora da Mención Especial do Público nos Premios Lobo 2013

O Premios Lobo son convocados pola Asociación de Prensa Juvenil. Á convocatoria deste ano concorreron máis de 700 publicacións das que foron preseleccionadas setenta  e tres.  De entre estas, KaReal foi a preferida do público.

Se queredes sumarvos aos nosos parabéns, un dos mellores xeitos é botarlle unha ollada atenta:

Kareal, cuadernos de creación literaria y arte. 1
Kareal, cuadernos de creación literaria y arte. 2
Kareal, cuadernos de creación literaria y arte. 3
Kareal, cuadernos de creación literaria y arte. 4

21 novembro, 2013

Retrospetiva do Cinema de animação da Galiza



No Cinanima deste ano, os programadores incluíron unha retrospectiva da animación galega, comisariada polo noso compañeiro Severiano Casalderrey.
Velaquí a introdución (unha breve historia) que elaborou para o caso e a selección de filmes con que a ilustrou.
 
O cinema de animação galego encontra-se entre os os mais jovens de toda a Espanha. Em muitos sentidos, a animação era impensável na Galiza em alturas anteriores à transição espanhola (meados dos anos setenta); mesmo depois, durante os primeiros anos da mesma, também a sua presença era escassa, dada a pouca tradição cinematográfica da região, vítima do centralismo franquista. Uma excepção milagrosa foi a curta-metragem “Videoviolin” (1985) de Ignacio Pardo Pedrosa, um filme experimental realizado directamente sobre película super 8. Este seria o princípio de uma progressão ascendente que acabaria sendo consolidada no início do século XXI.

Com uma tradição de apenas trinta anos, a animação galega soube colher um certo número número de sucessos. Apesar de uma produção equilibrada de curtas e longas-metragens, estas últimas sempre gozaram de uma maior repercussão comercial. Prova disso é o pioneirismo de produções como A tropa de trapo no país onde sempre brilha o Sol (2010), primeira longa-metragem espanhola para um público pré-escolar, ou o multi-premiado O Apóstolo, primeira longa-metragem europeia em stop-motion estereoscópico. O alcance da animação espanhola sobressai nos Prémios Goya da Academia de Cinema Espanhol, ao conquistar nove das dezoito estatuetas possíveis na sua história; não devemos esquecer Arrugas (2011), a produção galega mais premiada com distinções que vão desde uma menção especial no Festival de Annecy até à sua distribuição no Japão pelo estúdio Ghibli.

En geral, a animação galega sempre se mostrou próxima das referências culturais e costumes locais, aspectos que a definem em comparação com outras cinematografias europeias e até com o próprio cinema espanhol. A língua, as lendas, a gastronomia e até as localizações reais povoam uma boa parte das curtas-metragens galegas. Apesar da falta de escolas especializadas, o éxito foi possível graças a artistas como Tomás Conde e Virginia Curiá, Pablo Millán, Fernando Cortizo, Peque Varela e produtores como Julio Fernández, Manolo Gómez, Chelo Loureiro,  Manuel Cristóbal, todos eles apaixonados pela animação e pela sua terra.

A retrospectiva que apresentamos tem como objectivo ilustrar a riqueza desta jovem cinematografia através da mostra de algumas das suas curtas-metragens mais emblemáticas. Um total de 15 criações divididas por duas sessões onde se conjugam filmes de autor com outros de carácter mais comercial. Em suma, uma jornada que, esperamos, não deixe ninguém indiferente, desde que possamos entendê-la como ponto de partida para muitos sucessos futuros.


Esta é a selección:
















 

14 novembro, 2013

Contra a nosa vontade

Fonte foto: CEIDA

Non queriamos ter que redactar esta entrada. Era un desexo que escondía o temor de que comeramos voitre.

Sumámonos á iniciativa de Xaquín e recuperamos o tríptico elaborado en 2008, con ocasión da exposición do CEIDA: Prestige: crónica dun modelo enerxético insostible.

Nel incluímos unha pequena selección de materiais da biblioteca, escollidos pola súa adecuación e diversidade.

Descarga a BD de Marilar Alexandre e Fran Bueno (en PDF), Parando a marea negra, editada polo Consello da Cultura Galega.

Descarga (en PDF) Prestige: Crónica negra dun modelo enerxético insostible. [Oleiros, A Coruña]: CEIDA; [Barcelona]: Fundación Territori i Paisatge, DL 2007.

11 novembro, 2013

Reservas da biosfera


Esta é a última semana na que dispoñemos da exposición do CEIDA, Reservas da biosfera.

Se entendemos as exposicións como un recurso documental máis, debemos contemplalas dentro dos nosos proxectos de formación lectora. Lamentablemente, non todos os centros temos acceso fácil a exposicións de elaboración externa e menos aínda a exposicións informativas ou divulgativas.

Neste sentido, sempre son de agradecer as exposicións itinerantes do CEIDA: non só serven para aproximarnos a contidos específicos, senón tamén a prácticas lectura documental.

Como adoitamos facer, os paneis das Reservas da biosfera van acompañados dunha presentación en PPT, unha pequena exposición vídeo-bibliográfica e un breve cuestionario para o alumnado de 1º e 2º ESO. Este último un triptiquiño do que podedes botar man:

06 novembro, 2013

Sterbik na nosa biblioteca

Vaia..., é un titular enganoso. Non é que nos visitase Sterbik, o que sucedeu foi moito mellor.

O conto comezou aí atrás coa chamada da selección española xuvenil a Xoán e a Román para xogaren uns partidos amigables en Hungría.

Despois de disputaren o primeiro partido coa súa categoría, o seleccionador chamou por Xoán para unirse á selección absoluta: Sterbik lesionárase e Xoán debía cubrir a súa ausencia. A situación repetiuse días despois.

De volta, ademais de múltiples parabéns, Xoán recibiu a TVG que lle fixo unha reportaxe. E que lugar elixiu para realizala. Pois a biblioteca. Botádelle unha ollada á reportaxe, xa que é un lindo paseo por ela (A verdade é que a TVG sempre nola saca moi feita).



Corrixindo o titular: visitounos un porteiro internacional de balonmán, pero non veu de Serbia..., xa estaba aquí. 

 

28 outubro, 2013

28-O: Día mundial da animación: suxestións 2013

 Hoxe, 28 de outubro, celébrase o día mundial da animación. Para o conmemorarmos, pedímoslle a Seve que nos seleccionase seis ou sete curtas do 2012. Ademais, non deberían pasar dos 50 minutos entre todas.

As súas suxestións son:

Les souvenirs, de Renaud Martin, Francia, 2012. 8’ 38’’ Computador 2D

A different perpective, de Chris O'Hara, Irlanda, 2012.  1' 55" Computador 2D.

The Box-Polstergeist, de Dadomani, Italia, 2012. 10’ Stop Motion: Monicreques.


Fado do homem crescido, de Pedro Brito. Portugal, 2012. 7’ 20’’  DA tradicional.

Head Over Heels, de Timothy Reckart, UK, 2012. 10’ Stop Motion: Monicreques.

Feral, de Daniel Sousa, USA, 2012. 12’. DA tradicional
_

22 outubro, 2013

R. 20.000


Hai algo máis de cen rexistros, anotamos o rexistro 20.000 do noso catálogo.
 - Ostra, tedes vinte mil documentos!?
- Non. Moitos están dados de baixa e outros fóronse perdendo polo camiño...
- Así e todo son ben deles..., e tédelos todos á vista?
- Non exactamente. No almacén, nos departamentos, en estancias diversas, hai moitos exemplares...  Nas librarías da sala da biblioteca non collerían todos. Ademais, nunha destas, imos propoñer unha campaña mil libros menos. Todo ese material que se acumula nos andeis e non se move acaba por ocultar e obstaculizar. Selección, selección e adecuación!
- Vaia, pode ser. E mira unha cousa: ese número tan redondo reservariádelo para algo especial?
- De certo que si. O número vinte mil foi para unha publicación moi singular e dun autor moi significativo para nós.
- Un autor que vén sendo...
- Quérelo saber todo!
- Di que non.
- Que non, que?
- Que non o vas dicir.
- Gardareino para outro día.
- Dáme algunha pista.
- Algunha? Vale: tres e unha de regalo.
  • O autor é moi amiguísimo da nosa biblioteca.
  • O libro está autoeditado polo autor.
  • O libro ten un formato moi espacial: unha lámina a dobre cara de 40 x 28 cm.
  • En 40 x 28, collen dúas fotos e sete poemas, sete poemas para reconciliarse co mundo...
- Creo que xa sei cal é.

Primeira edición da CDU abreviada en España, nº 443 do noso rexistro vello.

20 outubro, 2013

Una recomendación: "Canadá", de Richard Ford

La primera parte de esta novela es la obra de un maestro de la narración literaria; aun cuando como conjunto la novela pueda resultar no tan satisfactoria, la calidad de esas páginas justifica con creces la recomendación de leerla.

Ford cuenta la historia de un niño que asiste como espectador a la comisión de dos delitos por parte de unos adultos que, por su relación con él, deberían ser un ejemplo de conducta moral: primero, sus padres, y, después, una especie de tutor. En el primer caso, cuya narración ocupa esa parte magistral de la obra, el delito era, sencillamente, inimaginable; en el segundo, era posible. Sobre este fondo argumental, Ford reflexiona sobre temas clásicos como la anormalidad oculta bajo la normal vida cotidiana o lo impredecibles que pueden llegar a ser los rumbos que tome nuestra existencia.
Canadá es una novela de aprendizaje estrictamente realista, de un realismo que sería casi decimonónico si Ford no hubiese elegido el punto de vista subjetivo para la narración de los hechos: es el protagonista quien, cincuenta años después, refiere lo acontecido. Esta elección es la que le permite a Ford huir en la primera parte de un psicologismo desatado, y dejar que el propio estilo, la propia técnica narrativa, consiga empapar el detallismo de la narración de una emoción y, en ocasiones, un lirismo que dotan de una intensidad irresistible a esas páginas. 
La segunda parte de la novela supone un giro bastante radical en el fondo y la forma de la narración, y puede plantearle al lector ciertas dudas acerca de determinadas elecciones del autor, incluida una tendencia algo irritante al sermón de ayuda psicológica.
En todo caso, esta recomendación se hace teniendo en cuenta que esas reticencias podrían ser valoradas de manera diferente por parte de otros lectores.

C. M.

17 outubro, 2013

Parabéns e graciñas (por fin), Fran

Fonte: http://www.franbueno.com/bio/

Sempre temos en débeda algún agradecemento. Pasa o momento de seu e parece que cómpre esperar por unha ocasión especial para expresalo.

A nosa colección de banda deseñada débelle moito a Fran Bueno. Fran enviounos unha ampla e precisa listaxe de obras de BD que deberían estar na nosa biblioteca. É a nosa guía predilecta á hora de enriquecermos o catálogo. Aínda non adquirimos todas as súas propostas porque orzamentos... orzamentos son, pero xa incorporamos moito máis da metade e... que ben están! Que gran selección!

Hoxe soubemos que Fran gañou o premio Castelao de banda deseñada con Catálogo oneroso de beleza gratuíta (impresionante título, meu!). Sumámonos aos que o felicitan e aproveitamos para expresarlle o noso agradecemento.

Graciñas e parabéns, Fran!

Fran Bueno na Marela BD:
O sabor da mazás e máis de Ciencia para todos...




16 outubro, 2013

Club de lectura "O teodolito"


Ben sabedes que o instrumento preferido de Don Ramón Aller era o teodolito Troughton & Simms. Por iso escollemos ese nome para o noso club de lectura de ciencias.

É un club no que propoñeremos todo tipo de documentos (libros, filmes, banda deseñada, páxinas na rede...) sobre un tema relacionado coa ciencia e/ou a tecnoloxía para charlarmos sobre el.

Inscríbete antes do venres 25.