Amosando publicacións coa etiqueta curtas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta curtas. Amosar todas as publicacións

01 setembro, 2023

Coa nosa xente : Manuela Pereira Enríquez

Ao fío de ser seleccionada a curta Vaivéns meteorolóxicos na vila da Guarda para a súa estrea no 20 Aniversario do Festival Internacional de cine Curtocircuíto (do 3 ao 8 de outubro en Santiago de Compostela), traemos hoxe á sección Coa nosa xente a Manuela Pereira Enríquez, coautora da peza xunto con guardés Miguel Flores da Costa..

Manuela e o seu actual perfil de Facebook

A curta formará parte da sección SUPERNOVA, dedicada a novos creadores emerxentes, formada por unha “selección de nove pezas que transitan diferentes formas e camiños para revisitar vínculos e acontecementos familiares, navegar entre a mitoloxía e a maxia da cotiandade ou cuestionar e evidenciar a crueza do poder”.

Vaivéns meteorolóxicos na vila da Guarda xurdiu da invitación de Manuela Pereira, integrante da 9ª edición do PEI (Programa d'Estudis Independents do Museo de Arte Contemporánea de Barcelona), ao seu amigo e compañeiro de escrita creativa Miguel Flores, ambos desterrados en Barcelona, a traballar na realización de dita peza audiovisual. Proxecto á súa vez vinculado a Remembering Rain.

Cóntannos Manuela e Miguel que “Vaivéns meteorolóxicos na vila da Guarda” é un falso-documental construído a partir do material recuperado do Proxecto Socheo, unha iniciativa liderada polos cineastas Beli Martínez e Xurxo Chirro dixitalizando material de vídeo caseiro da localidade galega da Guarda, coa tentativa de localizar, estudar, inventariar e dar a coñecer as imaxes que no seu momento foron gravadas pola veciñanza dende o 1970 ata a actualidade.

Canto á cuestión sobre cal foi o pulo, responden que nun primeiro momento, cavilando sobre o significado da choiva, chegamos á conclusión de que para nós é sinónimo de fogar, e decidimos mergullarnos na fonda riqueza de mitos e refráns relacionados co clima que ofrece o refraneiro galego. A partir disto, a nosa intención foi crear unha narración que entrelazase a realidade cun mundo fantástico, deixando a semente da dúbida na mente do espectador e forxando así unha nova lenda. Para iso, deixámonos inspirar por figuras como José Val del Omar, un dos cineastas experimentais máis importantes da historia de España e que tamén dedicou a Galicia unha das súas pezas máis coñecidas: “Acariño Galaico”, do Tríptico Elemental de España. E mesmo de Xurxo Chirro, coa súa longametraxe “Vikingland” (2011).

Por parte, engaden que dende os anos 40 ata os 80 se proxectaron en España os chamados NO-DO, pezas de informativas documentais e propagandísticas do franquismo, polo que a recuperación do material filmado se inscribe na tarefa de dar a coñecer precisamente pezas que durante o franquismo foran censuradas e nunca viran a luz, caso de “Vaivéns...”, un  NO-DO que nunca foi rematado nin estreado polo seu controvertido contido, sendo agora restaurado polo seu valor histórico e a aura de misterio que o rodea. 

Cartel promocional da curta. Realización: Manuela Pereira e Miguel Flores. Narrador: Mateo Cao. Duración: 6 min e 22 seg.

Moitos parabéns, Manuela.
A seguir a nosa Manuela cando o 2º do Bacharelato: 

Manuela no curso de 2º Bac.2015-16. Copyright IES Aller Ulloa

 

 

 

11 decembro, 2020

R. 25.500

Comprácenos celebrar o Rexistro 25.500 co nº 1 dos Cadernos FICBUEU de Severiano Casalderrey, profesor de Música no noso IES, que nos achega unha análise, polo miúdo, d'A "Nouvelle vague" a través das súas curtametraxes (1956-65).

Preme na imaxe para saber máis.


Moitos parabéns, Seve.

02 decembro, 2020

3-D. Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Ao fío da conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, o Departamento de Orientación propón, durante a hora de titoría, o visionado das seguintes curtametraxes a fin de concienciar o alumnado.


 Preme nas imaxes para velas:

  - Cuerdas (10:53) de Pedro Solís García.

 

 

 - El regalo (4:18) de Jacobo Frey 

 


- Por cuatro esquinitas de nada de Jerôme Ruillier (2:40)

 


- El cazo de Lorenzo (4:40) de Isabelle Carrier 

 


O Día Internacional das persoas Discapacitadas foi declarado en 1992 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidades en todos os ámbitos da vida social, política, e conómica e cultural. 

Neste 2020, o tema escollido é o da "Participación e o liderado das persoas con discapacidade: Axenda de desenvolvemento 2030". centrado no empoderamento das persoas con discapacidade para un desenvolvemento inclusivo, equitativo e sostíbel. 

Unha suxestión, visita a Marela BD, infórmate sobre "María y yo" e visita a sección de "Denuncia e crítica social".


20 decembro, 2018

O día máis curto. Sesións de curtametraxes.


Anualmente, entre 21 o 22 de decembro, o inverno chega ao hemisferio norte do globo terrestre. Esta transición, que coñecemos co nome de Solsticio de Inverno, marca tamén o día máis curto do ano. Dende hai moito, moito tempo, este acontecemento astronómico regular era un momento celebrado polos pobos de culturas ancestrais pagás e mesmo polos antigos romanos, e simbolizaba o inicio do triunfo da luz sobre a escuridade.


A luz tamén é o elemento que configura o cine dende o seu nacemento e, dado que estamos no día máis curto (iso foi o que pensou a Coordinadora del cortometraje español), que mellor que empregar este formato, para difundir as cinematografías de autores do noso país e mesmo doutros. Os traballos e tamén os sacrificios que rodean o heroísmo de facer cine actualmente fóra dos inalcanzables circuítos profesionais da chamada "industria" do cine, engaden valores superiores a cada peza, sexa ou non unha ópera prima.


Vai ser bo que a nosa comunidade comparta e participe nesta celebración, e poida desfrutar dos tres programas que escollemos da oferta proposta, sumando así o noso  instituto a outros espazos formativos e de lecer que queren implicarse na promoción da imprescindible Cultura Cinematográfica.



19 novembro, 2014

O libro, segundo premio no OUFFESCOLA

Así é. Coa súa primeira produción, as artistas de Cultura Audiovisual (2013-14) lograron o segundo premio no certame OUFFESCOLA, convocado polo Festival de Cine Internacional de Ourense.

Vaia, que xa non vos quedan escusas para non ver O libro.

Sebas e parte do cadro artístico reciben o premio
Esta é a foto de familia de todos os galardoados...

As nosas (e Puma), aí contra a esquerda

... que veñen sendo estes:

Parabéns a todos!!!

A noticia en Praza pública, con fotos e a curta...

10 xuño, 2014

O libro

A boa xente de Cultura Audiovisual (Bacharelato de Artes) está a piques de estrear a súa curta de ficción O libro
Xa coñecemos a carátula.


Tamén estivemos a voltas co guión e o caderno de rodaxe.

Polo que só nos faltaba a película...e velaquí a está:


-

20 maio, 2008

CURTAS, CURTAS

Manda chover na Habana! Resulta que andamos un fato de profes a aprender a fedellar nos audiovisuais, e chegan os de Míster Misto co de Audiovisual nas Aulas 2008 e collen o noso alumnado e, sen máis recursos técnicos que os móbiles de cada quen, van e póñenos a producir curtas por un tubo... Vaia, estas seis dunha tacada (e nós a velas vir)!

Pulsa sobre cada título...



Chove na Habana


A vinganza
de Laura López, Laura García, Alba Rodríguez, Cristina Castro, Verónica Riádigos e Fernando Souto

Alokadas 08
de Verónica ledo , Ana Isabel Gil , Natalia González , Mª Teresa Lorenzo , Sonia Castro e Edita Gómez

Amor ou drogas
de Alejandro Paz , Txema Otero , Marta Martínez , Silvia Castro e Daniel Cepeda

Cansancio

de Saúl Pozo , Manuel Enríquez , Sergio García , Diogo Rodríguez , María González e Óscar Mariño

Distanciados
de Javiera Cortés , Marta González , Daniel Reboredo , Gabriel Baca , Rubén Nogueira e Luis Manuel García

SCT
de Ana Jácome , Andrea Cacheda , Antía Cacheda , Concepción Iglesias , Sara González , Mª Isabel Paz , Isabel Crespo