El peligro de quedarse dormido leyendo un libro.
de Liniers en El País Semanal (29/12/2017).
25 xuño, 2019
23 xuño, 2019
Proxecto fitofaladoiro
Como ramo ao traballo comezado xa no curso 2017-2018 e baixo a etiqueta de Ano da botánica, o alumnado de 1º ESO desenvolveu baixo a coordinación do profesor Luís Guitián o Proxecto Fitofaladoiro,
unha mostra de herbario dezao coa finalidade de potenciar o labor
investigador do alumnado dentro do ámbito colaborativo e
interdisciplinar alicerzado na botánica e na fitotoponimia.
Nome da planta, lugar, informante... son algúns dos datos recollidos para a conformación do herbario por parte do alumnado.
A seguir unhas fotos da exposición:
Nome da planta, lugar, informante... son algúns dos datos recollidos para a conformación do herbario por parte do alumnado.
A seguir unhas fotos da exposición:
14 xuño, 2019
R. 24.500
A palabra lúcida. O elocuente silencio. A compañía imprescindible desde o principio.
José Luis Sucasas, un home de ideas para un país mellor.
12 xuño, 2019
Charo Sánchez-Gabriel. In memoriam
A nosa voz e o noso estremecemento súmanse á carta que reproducimos.
Querida compañeira, querida amiga.
Vimos de saber do teu pasamento e non podemos menos que dedicar uns intres na túa lembranza.
Hai tempo que faltas na familia PLAMBE que ti contribuíches a fundar. E xa daquela faltounos o teu humor fino, a túa intelixencia aguda, a túa ironía elegante, a túa mirada diversa, a túa man comprensiva, o teu gusto pola exploración en calquera territorio, o teu espíritu de pioneira, e o teu amor pola Lingua que abrazaches como propia e defendiches con máis forza que moitos dos seus fillos.
A túa forma de estar no mundo, sempre curiosa e sensible, sempre atendendo a todo con esa atención aparentemente distraída foi un exemplo para os que tivemos a honra de tratarte.
Xa daquela, cando a enfermidade se cruzou no teu camiño deixáchesnos, no universo da Bibliotecas escolares de Galicia, un baleiro irreemprazable.Pero o de hoxe é difinitvo: non só nos faltas a nós, fáltaslle ao mundo. Co que precisamos neste momento xente coma ti!
As Bibliotecas Escolares de Galicia, chórante.Os que te coñecemos, despedímoste con amor e cun sorriso ao tempo que enviamos un abrazo cariñoso á túa familia.
Os que non tivestes a honra de coñecela, podedes achegarvos á súa maneira de entender o mundo paseando polo blogue que creou: mesturas.
Ata sempre, Charo!
Pilar Sampedro, Carmen Suárez, Isabel Vázquez, Beni Nerga, Emilio Roca, Olga Rodríguez e a familia PLAMBE
08 xuño, 2019
I Concurso de Ilustración Científica
Convocado polos departamentos de Bioloxía e
Debuxo do IES Ramón Mª Aller Ulloa celebrouse o I Concurso de Ilustración Científica dirixido ao alumnado de 3º e 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato do centro.
O xurado integrado por ambos os departamentos decidiu outorgar o 1º premio do certame a Luisa María Zuloaga Garcés e un 2º premio a Ana García Lois, ambas alumnas de 2º de Bacharelato. Así mesmo, o xurado destacou a calidade das ilustracións.
A seguir as fotos do acto de entrega ás premiadas cos espazos na Biblioteca de Ciencia e Arte como fondo, asi como as ilustracións seleccionadas expostas no vestíbulo, coas gañadoras como protagonistas:
Tamén podedes ver as ilustracións premiadas e as finalistas en formato dixital:
06 xuño, 2019
02 xuño, 2019
Mario, "O único mestre que tiña o teléfono de Brad Pitt"
Ao fío da xubilación de Mario xorden os agradecementos e, claro está, que os máis emotivos son os que veñen do lado daquelas persoas que tiveron a sorte de contar con Mario como profesor e moito máis. É este o caso de María Hermida, María de Rodeiro, quen con xenerosa lucidez deita un fiel retrato de quen foi, é e será, como di María, "sempre bo e xeneroso".
Podedes ler o artigo de opinión premendo na foto de Miguel Souto ou en La Voz de Galicia.
Podedes ler o artigo de opinión premendo na foto de Miguel Souto ou en La Voz de Galicia.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)