26 decembro, 2025
20 xuño, 2023
Severiano académico
![]() |
| Miguel Souto. La Voz de Galicia |
06 novembro, 2022
Severiano Casalderrey e o volume 3 dos Cadernos FICBUEU
Unha vez máis, comprácenos presentar na Marela, unha nova publicación do noso compañeiro Severiano Casalderrey, desta volta o volume nº 3 dos Cadernos FICBUEU, so o título As prácticas do IIEC e da EOC como primordio dun novo cinema español (1947-76).
![]() |
| Seve en plena presentación |
Xa no seu momento, na Marela, nos fixemos eco da publicación dos volumes 1 e 2 dos anteditos Cadernos: A "Nouvelle vague" a través das súas curtametraxes (1956-65) e O National Film Board of Canadá e a súa “Idade dourada” da curtametraxe (1963-83).
30 outubro, 2021
Severiano Casalderrey e o NFB of Canadá
Xa no seu momento na Marela demos conta da publicación do volume nº 1 dos Cadernos FICBUEU titulado A "Nouvelle vague" a través das súas curtametraxes (1956-65) do noso compañeiro Severiano Casalderrey, e que agora vén de presentar no Museo Ramón Mª Aller Ulloa de Lalín o volume 2º dos cadernos co título O National Film Board of Canadá e a súa “Idade dourada” da curtametraxe (1963-83).
![]() |
| Severiano co libro editado no incomparábel marco da Biblioteca Mario Pereira do IES Aller Ulloa. Foto: Miguel Souto (La Voz de Galicia) |
Interesante a entrevista concedida por Seve hai uns días a La Voz de Galicia.
Parabéns, Seve.
18 outubro, 2021
Coa nosa xente
Vén de ser estreada a webserie A paso de muiñeira que en palabras da súa directora Adela Otero amosa un “carácter multidisciplinar ao unir o audiovisual, o xornalístico e a faceta artística”.

A seguir o 1º capítulo, Valdeorras-Quiroga:
Unha recomendación, a entrevista que Adela Otero concedeu no seu momento a Nós Diario.
20 decembro, 2018
O día máis curto. Sesións de curtametraxes.
Anualmente, entre 21 o 22 de decembro, o inverno chega ao hemisferio norte do globo terrestre. Esta transición, que coñecemos co nome de Solsticio de Inverno, marca tamén o día máis curto do ano. Dende hai moito, moito tempo, este acontecemento astronómico regular era un momento celebrado polos pobos de culturas ancestrais pagás e mesmo polos antigos romanos, e simbolizaba o inicio do triunfo da luz sobre a escuridade.
11 febreiro, 2018
Cine para o 11F : Figuras ocultas
A película de Theodore Melfi, sitúase nos EUA dos anos 60 e céntrase en tres figuras que comparten un triplo estigma: son mulleres, son negras e son científicas.
O seu encontro prodúcese na NASA (propiamente, na NACA), no momento en que se desenvolve o programa que levará a John Glenn a orbitar arredor da terra.
O filme dános interesantes pinceladas sobre a sítuación política, social e científico-técnica da época, pero -sobre todo- atráenos cara as figuras de Katherine Johnson, Dorothy Vaughan y Mary Jackson.
Paga a pana que vos documentedes algo máis sobre elas.
Katherine Johnson
"Esta es la historia de una niña afroamericana que lo contaba todo; los pasos que necesitaba para cruzar la calle, los pasos que había hasta la iglesia, el número de platos que limpiaba, las estrellas que veía… todo lo que podía ser contado..." [le máis en mujeres con ciencia.com]Dorothy Vaughan
"En 1949 se hizo cargo de la dirección de la West Area Computers, un equipo de trabajo compuesto exclusivamente por mujeres afroamericanas con formación matemática..." [le máis en mujeres con ciencia.com]Mary Jackson
"Autora o coautora de doce artículos técnicos para la NACA y NASA, ayudó a mujeres y otras minorías a ascender en sus carreras, asesorándolas sobre la manera de mejorar sus oportunidades de promoción..." [le máis en mujeres con ciencia.com]12 novembro, 2017
Encontro con Simone Saibene: Mostra gráfica
05 novembro, 2017
Encontro con Simone Saibene
05 maio, 2015
A gran guerra [XIV] : 14 longametraxes sobre a guerra do 14
Como todas as seleccións, esta ha ser discutible. Escollemos catorce filmes (+1) sobre a guerra do 14 nos que quixeramos que houbese para todos os gustos e tratamentos.
- Sin novedad en el frente (1930) / Lewis Milestone (dir.)
- La gran ilusión (1931) / Jean Renoir (dir.)
- Adiós a las armas (1932) / Frank Borzage (dir.)
- La reina de África (1951) / John Huston (dir.)
- Senderos de gloria (1957) / Stanley Kubrick (dir.)
- Lawrence de Arabia (1962) / David Lean (dir.)
- La vida y nada más (1989) / Bertrand Tavernier (dir.)
- El barón rojo (1971) / Roger Corman (dir.)
- Johnny cogió su fusil (1971) / Dalton Trumbo (dir.)
- Gallipoli (1981) / Peter Weir (dir.)
- Largo domingo de noviazgo (2004) / Jean-Pierre Jeunet (dir.)
- Feliz Navidad (2005) / Christian Carion (dir.)
- Flyboys (2006) / Tony Bill (dir.)
- War Horse : Caballo de batalla (2011) / Steven Spielberg (dir.)
- Mata Hari (1931) / George Fitzmaurice (dir.)
16 abril, 2012
Encontro con Ignacio Vilar
Aínda cos pousos do Anirmau no padal, temos a oportunidade de seguir co tema do cine. Neste caso, grazas á posibilidade de encontrarnos con Ignacio Vilar, sen dúbida, unha das voces máis cualificadas para falar de cine en Galicia.22 novembro, 2011
14 xaneiro, 2010
Miss Festa da Sidra das mazás vermellas de Kunguarara (Australia)
Non é ese espírito o que me leva a render a miña pequena homenaxe ao actor Andrés Pazos, coñecido, entre nós, polo personaxe de Jacobo en Whisky.
Andrés Pazos naceu en 1945 en Galiza e, moi novo, marchou a Uruguai onde desenvolveu a súa carreira tanto no cine, como no teatro.
O seu falecemento, hoxe en Santiago, convídanos a volver ver Whisky e, se cadra, recomendar El baño del papa, a outra gran película do cine uruguaio. (As dúas na Biblio)
Supoño que, se non Andrés, polo menos Jacobo me desculpará o ton do primeiro parágrafo...
29 novembro, 2009
Varela Buxán: un centenario, dous filmes, dúas homenaxes e case trinta anos
11 maio, 2009
Biblioteca, memoria del mundo
A punto de terminar la lectura de esa inesperada obra maestra que es Austerlitz, de W. G. Sebald, me encontré con el siguiente fragmento:"En algún momento posterior, dijo Austerlitz, vi una vez, en un documental en blanco y negro sobre la vida interior de la Bibliothèque Nationale, cómo los mensajes neumáticos pasaban rápidamente de las salas de lectura a las estanterías, a lo largo de un sistema nervioso, por decirlo así, y cómo los investigadores, vinculados en su conjunto con el aparato de la biblioteca, formaban un ser muy complejo y en continuo desarrollo, que necesitaba alimentarse de miríadas de palabras para poder producir a su vez otras miríadas de palabras. Creo que esa película, que sólo he visto una vez pero que en mi imaginación se ha vuelto cada vez más fantástica y monstruosa, llevaba el título de Toute la mémoire du monde, y había sido hecha por Alain Resnais." (W. G. Sebald, Austerlitz, Anagrama-Compactos, n350, Barcelona, 2004 -or. 2001, trad. de Miguel Sáenz, pág. 261)
Como habríais hecho vosotros, yo también busqué ese documental de 1956. Aquí está. Ni qué decir tiene, que merece la pena. Sobre todo, viéndolo en paralelo con este otro, que protagonizaba una antigua entrada tarabelesca.
20 febreiro, 2008
François Truffaut: A noite americana
Herdeiro da tradición humanística iniciada no cine francés por Jean Renoir, Truffaut converteuse nun personaxe influínte para o cine contemporáneo aínda antes de converterse en director. As súas críticas e ensaios publicados na prestixiada revista Cahiers du Cinéma, a principios dos años cincuenta, gañáronlle o recoñecemento dos especialistas na análise fílmica.A súa proposta sobre o cine de autor, enunciada en 1954, puxo en perspectiva o papel do director na creación da obra fílmica e terminou por converterse no paradigma a partir do que se analizan as películas ata os nosos días.
(Mira na Sección de comentarios de películas para ampliar a información e pulsa aquí para ver as películas de Truffaut que hai na biblioteca).
16 febreiro, 2008
Unha de medo!
Unha homenaxe a F.W. Murnau (1922)Adscrito ao movemento expresionista dentro do cine alemán que se desenvolveu durante a década de 1920, gran parte da súa obra perdeuse.




























