Amosando publicacións coa etiqueta Química. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Química. Amosar todas as publicacións

20 novembro, 2020

Premio "Inspiraciencia" para Adrián Llinares Juíz

Comprácenos anunciar a nova de que o alumno de 1º do Bacharelato Adrián Llinares Juiz vén de gañar o concurso de relatos "Inspiraciencia", organizado polo CSIC, na categoría de 12 a 17 anos co relato "El amor es pura química... y la familia también" (preme no título para ler o relato).
 
Adrián na Biblioteca do centro perante a foto do Congreso de Solvay
 
Para saber máis do porqué da súa participación preme en YouTube.
Moitos parabéns Adrián, e por suposto á comunidade escolar do CPI de Rodeiro.

 

07 novembro, 2019

Ano Internacional da Táboa Periódica. Epílogo

A UNESCO declarou o 2019 como o Ano Internacional da Táboa Periódica, e como ramo ás actividades desenvolvidas o curso anterior contamos coa exposición "Entre moléculas" do CSIC, acompañada dunha selección de elementos da Táboa periódica coa explicación en inglés, así como da Táboa Periódica en galego e fondos da bilioteca.





Preme na imaxe para ver as suxextións sobre a exposición:

https://issuu.com/marelatarabela6/docs/tr_ptico_proxecto

A seguir unha reportaxe gráfica:











A seguir máis fotos de alumnado cumprimentando as suxestións sobre a exposición:




03 novembro, 2019

Día da ciencia en galego

Como todos os anos, e xa van dez, o 4 de novembro conmemórase o Día da Ciencia en Galego, e ao fío deste evento non está demais lembrar que o pasado 8 de outubro se celebrou o Día da Ciencia en Galicia, dedicado á figura de Tomás Batuecas Marugán, estremeño que situou Galicia no mapa do cálculo das masas atómicas. [Ler más na páxina da RAGC]


E tal como deita a web divulgaccion.org "non é casualidade que a RAGC decidise dedicar o Día da Ciencia en Galicia á figura de Tomás Batuecas Marugán. E isto é así porque este personaxe, primeiro catedrático de Química Física na Universidade de Santiago, estivo moi ligado á IUPAC durante as tres décadas que foi profesor en activo da nosa universidade, e porque coa súas investigacións sobre masas atómicas permitiu mellorar a información sobre os elementos químicos da Táboa Periódica".


Foto ragc.gal

A este respecto, hai que lembrar que estamos a celebrar o Ano Internacional da Táboa Periódica e que o noso centro se sumou ás actividades que se están a celebrar construíndo a nosa particular táboa periódica que poderemos contemplar de novo nos próximos días como ramo a tal celebración, acompañada da exposición "Entre moléculas" do CSIC.

No Toc-Toc-A-Ciencia e na Marela podedes informarvos sobre a nosa Táboa Periódica.



23 maio, 2019

Ano Internacional da Táboa Periódica

No blog Toc-Toc_A Ciencia podedes consultar toda a información sobre a conmemoración do Ano Internacional da Táboa Periódica.

Preme na imaxe para ir ao blog Toc-Toc

11 maio, 2019

Encontro con Ben Faringa

Había moi poucas prazas e tivemos a sorte de que o CIQUS, Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC, nos ofrecese seis. Alí estivemos, o día 7, a profesora Ana Reboiro e cinco alumn@s, para asistirmos ao encontro co Profesor Ben Feringa, premio Nobel de Química de 2016

A charla, "A arte de construír en pequeno", dirixida a estudantes de secundaria de Galicia, estaba enmarcada  no Programa ConCiencia da USC. Nela falou da súa orixe, dos seus primeiros contactos coa ciencia, de como influíu nel un profesor cando era estudante, do seu campo de investigación e posibles aplicacións, e por suposto, do que supuxo para el o galardón recibido. Animou en todo momento os asistentes a perseguiren os seus soños.

Tras a súa intervención abriuse unha rolda de preguntas na que participaron varios estudantes, entre eles Rubén Fontán de 4º de ESO. Rematou o evento cunha sesión fotográfica e cun pequeno ágape.

Foi unha experiencia de seguro inesquecible para todos. 

Moitas grazas aos organizadores: Jorge Mira, Diego Peña e Jose Luis Mascareñas.


De esquerda a dereita: Laura López, Pablo García,
María Abeledo, Ben Feringa, Rubén Fontán e Marta Ceán.

O Profesor Feringa ao inicio da conferencia.
Imaxe de www.usc.es/ciqus

Entrevista en La Voz de Galicia (08/05/2019)

16 outubro, 2015

24 febreiro, 2015

Encontro con... Carmen Pérez

O venres 23 de febreiro teremos connosco a profesora da ETS de Enxeñaría de minas da Universidade de Vigo, Carmen Pérez.

Carmen Pérez, na actualidade, imparte Tecnoloxía de materiais e Tecnoloxía dos materiais plásticos, e está integrada no grupo de investigación ENCOMAT (Enxeñaría de Corrosión e Materiais).

O tema que nos convoca é Os plásticos na sociedade actual.

A cita está marcada para as 10.30 no Salón de Actos.

Tamén podedes ver a exposición sobre os plásticos no recanto de Toc-toc-A Ciencia.

17 decembro, 2014

A gran guerra [VII] : A ciencia no conflito

Aproximémonos á ciencia desde o estudo da Gran Guerra, ou fagámolo en dirección contraria. Sairannos ducias, centos de propostas e posibilidades.
VEBER, Jean (1918 ): Les gaz. Paris. BnF.
Nós ímonos conformar cunha presiña delas.

Que tal se nos imos achegando ao tema desde o punto de vista da "guerra química" ou de determinadas solución médicas?

Aquí tedes algunhas interesantes ligazóns:

Química.

Física:

Medicina:

Inventos científicos e tecnolóxicos.