Amosando publicacións coa etiqueta Música. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Música. Amosar todas as publicacións

08 abril, 2026

Coa nosa xente: Benxamín Otero


A Academia de música de España reparou no que nós xa sabiamos de vello e propón Outras trece cancións bonitas do noso Benxa e Germán Díaz, para o Premio ao mellor álbum folclórico 2026.





27 setembro, 2024

Coa nosa xente : Sergio Rodríguez Pena

Ao fío do XIX Festival de Bandas de Música de Bandeira, este 28 de setembro, dámoslle a benvida á sección Coa nosa xente a Sergio Rodríguez Pena, oboísta, compositor e integrante da Banda Recreativa e Cultural de Bandeira, quen o pasado 6 de xuño debutou como solista de óboe acompañado da Real Filharmonía de Galicia. Verbo deste evento manifestou: “Nunca imaxinei poder poñerme de fronte á Real Filharmonía de Galicia e moito menos facelo cunha obra miña tan especial, dedicada á memoria de meu pai".

Sergio coa Filharmonía de Galicia / Xoán Álvarez. Faro de Vigo

A salientar pola súa popularidade, a Muiñeira da Empanada da que Sergio foi compositor. En palabras dos Amigos da Empanada, todo un orgullo para nós contar cunha obra tan espectacular.

Máis sobre Sergio na súa canle de Youtube ou no Facebook

Moitos parabéns, Sergio, polo teu labor profesional como compositor e músico.

A seguir o noso Sergio cando o 2º do Bacharelato: 

Sergio no curso de 2º Bac.2017-18. Copyright IES Aller Ulloa


 

 

02 agosto, 2024

Coa nosa xente : Javier Penido Ferreiro

Co gallo da Banda Municipal de Música de Caldas de Reis ser galardoada na Sección Segunda do Certame Internacional de Bandas de Música Ciutat de València, sen dúbida ningunha un dos certames de referencia a nivel mundial, dámoslle a benvida á sección Coa nosa xente ao seu director Javier Penido Ferreiro, quen, verbo do premio, declarou a Nós Diario: “todo o traballo realizado pagou a pena por como fixo medrar á Banda e ás persoas que tocan nela".

Javier Penido en plena dirección / NOSDIARIO.GAL

Moitos parabéns, Javier, para ti como director e xaora para a Banda.

A seguir o noso Javier cando o 2º do Bacharelato: 

Javier no curso de 2º Bac.2011-12. Copyright IES Aller Ulloa

 

02 xullo, 2024

Coa nosa xente : Andrea Ramos Diéguez

Ao fío de ter rematado os seus estudos superiores de Música, traemos hoxe á sección Coa nosa xente á mestra clarinetista Andrea Ramos Diéguez, que vén de facer historia ao se converter na primeira integrante da Banda de Vilatuxe en finalizar ditos estudos superiores de conservatorio. Da boa nova fíxose eco nas redes socias o director Víctor Vázquez Vilariño, quen fora director de Andrea.
De maneira que Andrea pasa a ser a clarinetista que acabou con 80 anos de seca, tal como titula Ángel Graña en Faro de Vigo o seu artigo sobre a nova.

Andrea Ramos Diéguez posa cun dos seus clarinetes / Faro de Vigo (cedida)

 Moitos parabéns, Andrea, e que o éxito te acompañe.

A seguir a nosa Andrea cando o 2º do Bacharelato: 

Andrea no curso de 2º Bac.2019-20. Copyright IES Aller Ulloa