25 febreiro, 2022

Entroido 2022

Despois de dous anos xa de máscaras cirúrxicas, nestes días foron outras máscaras, as do Entroido, as que fixeron acto de presenza no instituto: vimos antefaces deseñados e elaborados polo alumnado da ESO, e caretas ideadas polo do Bacharelato, baixo a coordinación do Departamento de Artes Plásticas.

E por fin puidemos celebrar o Entroido, aínda con coidado, pero xa con alegría entre os rapaces, que se foron animando ao longo da semana, facendo caso dos mandados do Meco. Hoxe o circo dominaba, pero vimos todo tipo de personaxes, e aquí vos deixamos unha pequena mostra:
























Vai de células

Un ano máis o recanto Toc-Toc énchese de maquetas de células eucariotas,  animais e vexetais,  realizadas polo alumnado de 1º da ESO, baixo a coordinación da súa profesora Charo Fernández.

O obxectivo da actividade é que os rapaces e as rapazas do primeiro curso vaian aprendendo as diferentes partes das que consta esta célula, así como a súa forma, e para iso nada mellor que elaborar unha reprodución usando como base esferas de poliestileno ou  láminas de cortiza. Despois toca ir reproducindo o núcleo, a membrana, o aparato de Golgi, as mitocondrias... E aquí a imaxinación de cada quen permitiulle botar man de plastilina, goma eva, gominolas, lacasitos e todo o que tivesen a man.

Aquí vos deixamos unha mostra das moitas maquetas que elaboraron:









24 febreiro, 2022

Coa nosa xente : Patricia Blanco completa outro Zúric Maratón de Sevilla

Así titula Faro de Vigo a nova xesta de Patricia Blanco Pájaro o que nos enche de orgullo, e coa satisfacción de ter sido partícipes da súa formación e sobre todo da súa compañía. Xente de noso que amosa un espírito de superación que, nestes momentos tan complexos, todos deberiamos imitar.

Foto : Faro de Vigo / Xavier D'Arquer. No centro con gorra rosa Patricia.


 A seguir a foto de Patricia do curso 2007-2008:

Copyright : IES Aller Ulloa

 

Coa nosa xente : Noelia Seijas Otero, Premio Extraordinario de Grao de Odontoloxía


De novo estamos que non nos cabe a autoestima, e é que unha vez máis alumnado de noso vén de sobresaír, neste caso referímonos a Noelia Seijas Otero, Premio Extraordinario de Grao de Odontoloxía, e con que satisfacción recibimos estas novas que nos animan a seguir no noso labor docente.
Mágoa que non se poida acceder libremente á entrevista concedida por Noelia a Faro de Vigo, o que non estaría de máis de cara a divulgar a mesma entre a comunidade educativa.
Moreas de parabéns Noelia.
 
Foto: Faro de Vigo / Xoán Álvarez

 E non podía faltar a foto de Noelia de 2º do Bacharelato do curso 2013-2014:

Copyright : IES Aller Ulloa



22 febreiro, 2022

Coa nosa xente : Sofía Haselgruber, primeira muller número 1 do MIR desde 2013


La noticia es esa, y así la recogen la revista Redacción Médica (con una entrevista) y La Voz de Galicia. El recuerdo y el orgullo llegan luego de la mano.

Sofía llegó al Aller Ulloa en el año 2009, dentro de una promoción de la que algunos solo tenemos recuerdos imborrables. Algún que otro ya ha pasado por estas páginas y seguro que todos deberían estar, por varias y buenas razones. Y aquí están... 

La foto de Sofía la cogemos de La Voz, pero la foto de Sofía y de la gente con la que compartió sus años en el Aller la cogemos directamente de la memoria. 12 años tendría(n), 12 años han pasado. La sonrisa se ha hecho más grande, y eso emociona. 

El éxito por la inteligencia puesta al servicio del esfuerzo es un aprendizaje de muchos años. Esta foto de aquí abajo recoge, quizás, unos comienzos; la foto de arriba una etapa más hacia lo que solo esperamos que sea lo mejor de lo mejor. Enhorabuena, Sofía.

Sofía, la primera a la izquierda
 
Unha vez máis congratulámonos do bo facer formativo e profesional da nosa xente e neste caso todos os parabéns son para Sofía Haselgruber, nº 1 do MIR 2022.
A seguir a Sofía de 2º do Bacharelato do curso 2014-2015:
 
Copyright IES Aller Ulloa



23-F : Día de Rosalía de Castro

Celebramos o Día de Rosalía cunha serie de actividades informativas e lúdicas:



E como complemento ás actividades propoñémosvos:

1. A lectura do Manifesto da AELG co gallo do Día de Rosalía.

2. Unha breve visita virtual á Casa museo de Rosalía.

21 febreiro, 2022

Encontro con Mónica González Otero

Este martes 22 teremos outra sesión coa Xente de noso, neste caso será Mónica González Otero, ex-alumna e actualmente inspectora de traballo e seguridade social, que se achegará ata o noso centro para "Desmontando bulos" mostrar ao alumnado o labor dos inspectores de traballo.



20 febreiro, 2022

21-F : Día da Lingua Materna

Como todos os 21 de febreiro desde o 2002 celebramos o Día da Lingua Materna, após de que a UNESCO, en 1999, aprobase tal conmemoración, a proposta de Bangladesh.

O humorista gráfico, debuxante e guionista de banda deseñada Pepe Carreiro, nun dos seus cuadriños publicado en Nós Diario, denuncia o imperialismo lingüístico. Toda unha chamada a concienciármonos sobre a problemática da transmisión da lingua galega como lingua materna. 


Mamihlapinatapai en lingua yámana é considerada a palabra máis sucinta do mundo segundo o Libro Guinness dos Récords. O seu significado é "unha mirada entre dúas persoas, cada unha das cales espera que a outra comece unha acción que ambas as dúas desexan, mais que ningunha se anima a iniciar ou suxerir".

Fermosa palabra coa queremos render homenaxe á avoa Cristina Calderón, a derradeira falante da lingua yámana, tras o seu recente falecemento.

E desde a Marela sumámonos a todas aquelas voces que se erguen contra o darwinismo lingüístico que está a provocar a morte continua de linguas, por caso, a morte da lingua yámana, o que supón que parte de nós, como seres humanos, se perde irremediablemente con ela.

Ver e escoitar a Cristina Calderón falando a lingua yámana fai que afloren sentimentos contraditorios de desasosego e ao mesmo tempo de  esperanza, no senso de que as linguas son tesouros inmateriais que nos enriquecen como sociedade e que como tal debemos conservar. 

 

Por tanto, non está de máis lembrar algunha pasaxe histórica en defensa da lingua galega que denuncie a marxinación sufrida por esta en épocas pretéritas para pór en valor a loita pola normalización da mesma na actualidade, por caso a denuncia que no seu día formulou o matemático Enrique Vidal Abascal (fillo adoptivo de Lalín), quen subscribe a feita no seu momento polo P. Sarmiento canto á marxinación da lingua galega no sistema educativo nos seguintes termos:

"sufrí la tristeza de comprender que estas nuevas formas [de ensino da lecto-escritura] no podrán implantarse en Galicia mientras siga dándose la enseñanza en castellano". Enrique Vidal Abascal, Zúric 1935.


 

Bronce para Denís Iglesias

Denís Iglesias Montes e Adrián Llinares Juiz, alumnos de 2º de Bacharelato do noso IES, metéronse na final autonómica da Olimpíada de Bioloxía. Dos 169 participantes da primeira fase (celebrada online) só 30 pasaron á final, e aí estaban Adrián e Denís. 

Na segunda fase, celebrada o venres na Universidade da Coruña,  Denís fíxose co terceiro posto, e representará a comunidade galega na fase nacional. 

Parabéns para os dous.

Fotografía : La Voz de Galicia



17 febreiro, 2022

Nee Barros: o alumnado opina

 Nee presentou a actividade coma un espazo para a conversa e o intercambio de opinión afondando no concepto de "identidade" a partir das diferenzas entre sexo biolóxico, xénero asignado, identidade de xénero e expresión de xénero.

Carmen Frade, titora do grupo




Poder compartir esta conversa con Nee é algo que tamén deberían vivir o resto grupos do centro. É importante que aprendamos máis sobre un tema como o que trata o autor no seu libro Identidade: que a diversidade de xénero é moi ampla, e que non  podemos xulgar a ninguén por se diferente ao que a sociedade considerou normal en séculos anteriores. 
Tamén me causou moita admiración a maneira de concetar con nós que tivo Nee, a súa forma tan respectuosa de explicar, preguntar e aceptar opinións de todo tipo. Creou un ambiente no que nos sentimos cómodos e cómodas.
Noa Iglesias




A conversa que mantivemos con Nee sobre Identidade resultou moi interesante e era moi necesaria para todos aqueles que non entenden certos temas, ou conceptos, relacionados co colectivo LGTB+. Née é unha gran persoa e merece toda a visibilidade quen xa adquiriu.

Inés Benito




A charla sorprendeume positivamente pola boa comunicación entre Nee e nós. Gustoume que se parase a explicar os termos relativos á comunidade LGTB+, xa que tivo en conta que non todos contamos coa mesma formación no tema.
Radoslaw Lisiecki




A charla de Nee pareceume moi intersante, aportando moita información, posto que en todo momento respondeu as nosas dúbidas. Resultou moi agrabable coñecelo.
Lucía Gutiérrez




A actividade pareceume moi informativa porque, ademais de descubrir cousas sobre o autor e certos significados e referencias do libro, aprendemos a importancia que ten estar ao tanto das persoas que nos rodean día a día, así como respectalas e mostrar interese polo coñecemento de identidades de xénero das que nunca escoitaramos falar, ou das que sabemos moi pouco. Realmente Nee axudoume a entender moitos conceptos dos que estaba desinformada. Foi unha boa experiencia.
Belén García

Fotos de Carmen Frade


16 febreiro, 2022

Os mandados do Meco

 Este ano visítanos o Meco, e debemos ser guiadiños. Fixádevos o que nos pide:




                                            Deseño do cartel: Alba Loureiro


Loito no mar

Onte espertamos coa terrible nova do afundimento, en augas de Terranova,  do "Villa de Pitanxo". O noso máis afectuoso pésame para todas esas familias que están sufrindo tan dolorosas perdas.

Preme na imaxe de Nós Diario

                                                                  SÓS

                                                      Fomos ficando sós
                                                     o Mar o barco e mais nós.

                                                     Roubaron-nos o Sol
                                                    O paquebote esmaltado
                                                    que cosía con liñas de fume
                                                    áxiles cadros sin marco

                                                    Roubaron-nos o vento
                                                   Aquel veleiro que se evadeu
                                                    pol-a corda floxa d' o horizonte

                                                   Este oucéano desatracóu d'as costas
                                                   e os ventos d' a Roseta
                                                   ourentaron-se ao esquenzo
                                                  As nosas soedades
                                                   veñen de lonxe
                                                   como as horas d' o reloxe
                                                 Pero tamén sabemos a maniobra
                                                  d' os navíos que fondean
                                                  a sotavento d' unha singladura
                                                N-o cuadrante estantío d'as estrelas
                                                  ficou parada esta hora:
                                                O cadavre d'o Mar
                                                   fixo d'o barco un cadaleito

                                             Fume de pipaSaudade
                                             NoiteSilenzoFrío
                                             E ficamos nós sós
                                             Sin o Mar e sin o barco
                                             nós.

                                                         De catro a catro, Manuel Antonio