Congratúlanos especialmente desde esta a súa casa o feito de que Mario Pereira recibira o Loureiro de Ouro que outorga o Foro para Cultivos Culturais de Lalín.
O acto de entrega do XI Loureiro de Ouro tivo como marco a terraza do Café Camilo, coas obras de remodelación da rúa de fondo.
|
Mario Pereira con Celso Fernández Sanmartín, Benxamín Otero e Raquel Vázquez Vaamonde, integrantes de FOCUCU que lle fixeron entrega do galardón.
|
O Foro para Cultivos Culturais de Lalín sinala que o recoñecemento a Mario Pereira vén motivado por ser:
Un incansable mestre, ilusionado normalizador dos usos sociais da
nosa lingua, bibliófilo contaxioso, impulsor acérrimo e mantedor
constante de bibliotecas, difusor da literatura galega como ben
universal, mellorador da convivencia e a memoria da nosa vila a través
de tertulias e publicacións, mellorador da veciñanza, escritor íntimo
sen bombo nin platillo, logrador de poetas, novelistas e artistas
plásticas, labrador novo e convencido, promotor cultural, veciño querido
e amigable, lector
social, abridor de camiños, pensador en conversa, exemplo de compromiso,
de vocación, de traballo ilusionado e incansable.
Desde a Biblioteca Mario Pereira, a Marela e con ela a comunidade do IES Aller Ulloa moitos parabéns Mario, co teu premio nós sentímonos tamén premiados.
Máis información en La Voz de Galicia ou en DZ Dixital.