Amosando publicacións coa etiqueta Guerra mundial (1914-1918). Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Guerra mundial (1914-1918). Amosar todas as publicacións

25 abril, 2023

A Gran Guerra. As cartas da esperanza II : O libro

O pasado mes de marzo, o vestíbulo do instituto foi testemuña da exposición Cartas desde as trincheiras, continuación da actividade iniciada o curso anterior co título: A Gran Guerra: As cartas da esperanza. Dita actividade foi desenvolvida polo alumnado de 4º da ESO coordinado pola profesora Alba Payo. E é agora que vos presentamos o libro froito da exposición.

Agardamos que sintades as mesmas sensacións que o alumnado, que, en palabras da profesora Alba Payo, nun xogo de empatía puxo a súa voz nas cartas que os soldados enviaban á casa dende aquelas trincheiras da Gran Guerra infestas de ratas e piollos, cubertas de lama e con cheiro a gangrena, dor e morte.E que a alumna Elba Couso Patiño soubo complementar con mestría na ilustración da portada do libro.

A seguir o libro dixital:

 

02 marzo, 2023

Cartas desde as trincheiras

Na materia de Xeografía e Historia de 4º da ESO andan a estudar as guerras, e nun momento coma o actual, xusto cando hai un ano do inicio bélico na fronteira entre Ucraína e Rusia, e sen trazas de que o conflito poida ter un pronto final, a profesora Alba Payo pediulle ao alumnado que se puxese na pel daqueles soldados que durante a 1ª Guerra Mundial, NAS TRINCHEIRAS, entre bombardeo e bombardeo, atopaban un momento para escribir aos seus.

Esas cartas, medio rotas, queimadas, e mesmo manchadas co sangue dos combatentes, están ao voso dispor no vestíbulo do IES Aller Ulloa desde este mércores 1 de marzo. Achegámosvos unha pequena selección das mesmas e invitámosvos a que as veñades ler in situ.










11 marzo, 2022

A Gran Guerra : As cartas da esperanza


Desde o xoves 10, podemos ver no vestíbulo do instituto a exposición A Gran Guerra : As cartas da esperanza, actividade desenvolvida polo alumnado de 4º da ESO coordinado pola profesora Alba Payo que nos presenta dita exposición nos seguintes termos:
  
En tempos de guerra nós seguimos estudando historia e nesa historia outras guerras, e de guerras a primeira total; a Gran Guerra como a coñecían os do seu tempo. Unha guerra que como as de agora trouxo a morte pero tamén a esperanza en forma de carta.  
Aqueles soldados na lama das trincheiras abrazaban as letras que os unían ao seu fogar, a unha nai, a unha filla, a unha muller. 
O alumnado púxose na pel destes soldados e escribiu esas cartas nas que transmitiron os sentimentos na fronte de batalla, o medo, a saudade, a morriña, o compañeirismo, o odio, a desilusión, a perda de esperanza…
 
A seguir unha mostra gráfica da exposición:









Ao fío da exposición, unha recomendación, A Marela Tarabela BD: A gran guerra, unha guía en banda deseñada sobre a I Guerra Mundial, que a Biblioteca elaborou no seu momento co gallo do centenario da sinatura do armisticio que puña fin á contenda.


02 xaneiro, 2019

BD : A Gran Guerra


Ás 11 da mañá do día 11 do 11 de 1918, entrou en vigor o
armisticio de Compiègne que puña fin á primeira guerra mundial.

Como ramo ás actividades desenvolvidas no seu momento arredor da efeméride do inicio do conflito armado, e para lembrarmos o centenario da fin das hostilidades, elaboramos un novo número d'A Marela Tarabela, o 25, baseado nunha antoloxía de banda deseñada do catálogo da biblioteca a consultar na Marela BD, como testemuño dunha guerra que ía rematar con todas as guerras, "A Gran Guerra", nome co que foi bautizada polos seus contemporáneos. Así mesmo, achegamos unha selección de filmes sobre a contenda.

Podedes lela premendo na imaxe ou baixala en PDF.

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesallerulloa/system/files/BD_Gran%20Guerra.pdf



05 maio, 2015

A gran guerra [XIV] : 14 longametraxes sobre a guerra do 14




Como todas as seleccións, esta ha ser discutible. Escollemos catorce filmes  (+1) sobre a guerra do 14 nos que quixeramos que houbese para todos os gustos e tratamentos.
  • Sin novedad en el frente (1930) / Lewis Milestone (dir.)
  • La gran ilusión (1931) / Jean Renoir (dir.)
  • Adiós a las armas (1932) / Frank Borzage (dir.)
  • La reina de África (1951) / John Huston (dir.)
  • Senderos de gloria (1957) / Stanley Kubrick (dir.)
  • Lawrence de Arabia (1962) / David Lean (dir.)
  • La vida y nada más (1989) / Bertrand Tavernier (dir.)
  • El barón rojo (1971) / Roger Corman (dir.)
  • Johnny cogió su fusil (1971) / Dalton Trumbo (dir.)
  • Gallipoli (1981) /  Peter Weir (dir.)
  • Largo domingo de noviazgo (2004) / Jean-Pierre Jeunet (dir.)
  • Feliz Navidad (2005) / Christian Carion (dir.)
  • Flyboys (2006) / Tony Bill (dir.)
  • War Horse : Caballo de batalla (2011) / Steven Spielberg (dir.)
E a maiores:
  • Mata Hari (1931) /  George Fitzmaurice (dir.)
Fotograma de Johnny cogió su fusil

24 abril, 2015

A gran guerra [XIII] : Medz Yeghern. 100 anos do xenocidio armenio

Hoxe, 24 de abril, conmémorase o centésimo aniversario do xenocidio armenio.
"Cando as traxedias da historia se confunden, e o rapaz ao que lle preguntan na clase sobre a data dun acontecemento se confunde en tres séculos, significa que xa non doe: que ocorrera ou non, xa non doe"*

Foron tantos os horrores do S. XX, que ás veces podemos sentirnos culpables de insensibilidade ante algún deles. As miñas noticias sobre xenocidio armenio eran escasas e, por iso, as miñas reaccións cando oía/lía sobre el tendían á indiferencia.


Iso cambiou tras ler Medz Yeghern = La gran catástrofe. O fumetto de Paolo Cossi forma parte dese reducido grupo de obras que foi capaz de abalarme as emocións e  aburarme a conciencia. Tras a súa lectura, o xenocidio armenio pasou a existir plena e permanentemente para min.

I

Cossi transpórtanos con crúa eficacia e sen efectismos á primeira gran masacre do século pasado, cando no marco da I Guerra Mundial e dentro do Imperio Otomano, os mozos turcos se propoñen o exterminio do pobo armenio.

Para iso válese dun debuxo que bascula entre o realismo case fotográfico que homenaxea a Armin T. Wegner (o soldado alemán cuxas fotos foron fundamentais para revelar ao mundo o xenocidio e que se erixe nun dos protagonistas do fumetto), a deformación caricaturesca que acompaña a algún dos personaxes máis viles e os trazos expresionistas, que poden chegar a esborrallar e degradar as figuras paralelamente á degradación interna que van presentando os xenocidas.

II

A obra estrúturase en oito capítulos nos que as peripecias dos personaxes de ficción se entretecen coas intervencións de personaxes históricos e nos que as citas que inician cada capítulo amplian a reflexión crítica e acompañan a reprodución de documentos históricos (fotos, textos...), recurso este de uso comedido e vigoroso. Entre eles están as cartas de Wegner; este fragmento pode ser o que mellor resume a esencia da obra:
"Morrían de todas as mortes do mundo, as mortes de todos os séculos" (p.102)
O contraste, no mesmo plano de realidade histórica, establéceno os feitos e os telegramas de Mehemet Talât, ministro do interior:
"Non cómpre instalar un orfanato. Non é tempo de apiadarse e alimentar os orfos, prolongando así as súas vidas. Enviádeos ao deserto e mantédenos informados." (p. 95)
Canda eles, vai a figura de Johannes Lepsius. El denuncia o exterminio e elabora informes ignorados polas autoridades alemás, que valoran máis a alianza cos otomanos que a  ignominia. Lepsius será testemuña ante o tribunal de Berlín (2-6-1921) que xulgue e absolva a Sogomon Tehlirian, asasino de M.Talât.

III

Nas dúas liñas fundamentais de ficción temos a Aram e a Sona Kechiyan.

A Aram coñécemolo ao regreso da fronte do Cáucaso (no que turcos e armenios loitaran xuntos), vémolo como único supervivente entre dous mil fusilados, acompañámolo na súa travesía do deserto e na súa fuxida para unirse á resistencia no Mussa Dagh, grazas ao turco Murat e a Nicolaj, o personaxe -en sentido novelesco- máis potente da obra... As vicisitudes vividas por Aram, organízanse como unha novela de aventuras e acompáñanse da voz dun narrador en segunda persoa, se cadra identificable co autor implícito, que nos achega un cálido e implicado distanciamento, para que a emotividade non abafe a reflexión.

Sona ten quince anos cando asiste á aniquilación da súa familia, unha páxina extraordinariamente cruenta no infame catálogo de asasinatos individuais e colectivos trazado na BD. Ela ponlle rostro á deportación de anciáns, mulleres e nenos ao deserto. Con Sona e con eles camiñamos nunha estremecedora peregrinaxe programada para que o propio deserto os acabase devorando e presenciamos a reconstrución dese episodio que posiblemente sexa un dos maiores abismos nos que se afundiu a dignidade humana.

IV

"Un xenocidio orfo é pai doutros xenocidios" Yossi Sarid
"Quen lembra hoxe os armenios" Adolf Hitler (p. 99)
Non me demoro máis. Temo desfiañar en exceso a obra. Remarco a súa capacidade para, movéndose entre a tensión dramática e  a exposición argumental, activar a sensibilidade do lector cara ao pobo armenio e a necesidade dunha reparación histórica que comece por recoñecer os feitos e identificar os culpábeis. E, se cadra, dun xeito secundario, reflexionar sobre a capacidade da banda deseñada (e a arte en xeral) para denunciar atrocidades e axitar conciencias.

El genocidio armenio 



Armenia, genocidio permanente de Miguel Ángel Nieto


*Ferdinando Camon, citado na p. 82. O resto das citas remiten á páxina da BD na que se localizan e desde a que as traducín.

COSSI, Paolo (2009): Medz Yeghern=La gran catástrofe. Ponent Mon.

20 xaneiro, 2015

A gran guerra [XII] : Fire Waltz


Inverno 1917, no fondo dunha trincheira, mestúranse os ruídos estarrecedores da guerra coa música improvisada con instrumentos casuais. Neste mundo onde a tolemia axexa, a «alta xerarquía» segue facendo chegar as súas ordes como unha mecánica sen conciencia.

Nesta película de animación, Marc Ménager mergúllanos nun relato no que a propia materia se volve personaxe. Fire Waltz é tanto unha película de cineasta como de cirurxián plástico.
[Trad. e adapt. Ver orixinal]


 
Fire Waltz from Xbo films on Vimeo.

MÉNAGER, Marc & MALAN, Mino (2011): Fire Waltz. Xbo films.-5 m. 45 s. [Monicreques]

Entretien avec Marc Ménager.


Installation animée de l'exposition "Toile de Front".


_

15 xaneiro, 2015

A gran guerra [XI] : "La media noche", de Valle-Inclán


Esta visión estelar de un momento de guerra es un innovador ejercicio literario de Valle-Inclán publicado en 1917. Vista desde arriba, la Gran guerra se convierte aquí en una sucesión de estampas de fuego, dolor y belleza, en las que el protagonista no es la guerra, sino el estilo. O sea, esto es literatura.

[Versión en línea de la biblioteca de la Universidad de Toronto]

11 xaneiro, 2015

A gran guerra [X] : Friendly Fire

Manexando distintas técnicas e estilos e mesmo incluíndo "caras reais", este filme pon sobre a mesa a ben polémica idea do "fogo amigo".

KAISER, Andreas (2008): Friendly Fire. Alemaña. Stop motion.


07 xaneiro, 2015

A gran guerra [IX] : 1916

Recomendable curta realizada cando o seu director aínda era estudante de Arts decoratifs en Paris. A música e o branco e negro centran as opcións elixidas para soster a mensaxe.
 
BEDOUEL, Fabien (2003): 1916. Paris.



1916. by fabibudy

Ficha de F. Bedouel na Bedetheque.

25 decembro, 2014

A gran guerra [VIII] : Un Nadal moi especial

Un Nadal moi especial foi o celebrado hai cen anos nas trincheiras.

Así de ben nolo lembra Charly Montero desde Dibunews. La actualidad dibujada.


(Sirva, de paso, para propoñermos unha visita e atento seguimento a Dibunews, da que soubemos grazas a Fátima Elidrissi en El mundo)

17 decembro, 2014

A gran guerra [VII] : A ciencia no conflito

Aproximémonos á ciencia desde o estudo da Gran Guerra, ou fagámolo en dirección contraria. Sairannos ducias, centos de propostas e posibilidades.
VEBER, Jean (1918 ): Les gaz. Paris. BnF.
Nós ímonos conformar cunha presiña delas.

Que tal se nos imos achegando ao tema desde o punto de vista da "guerra química" ou de determinadas solución médicas?

Aquí tedes algunhas interesantes ligazóns:

Química.

Física:

Medicina:

Inventos científicos e tecnolóxicos.



16 decembro, 2014

A gran guerra [VI] : 14 BD

Selecciona, seleccionado, fomos xuntando obras de banda deseñada asociadas á Gran Guerra.

Unha vez reunidas contámolas e, vaia casualidade!, resultaron ser catorce, 14 BD's sobre a Guerra do 14.

A cousa pode dar moito de si, pero comezamos cunha pequena exposición (xa vedes as fotos) e unha aínda máis pequena reflexión: resulta fascinante a diversidade de estilos e de enfoques que mostran estas catorce obras. Con elas, poderiamos facer unha completísima aproximación non só ao conflito, senón a extraordinaria riqueza de propostas, visións e solucións que nos ofrece "a novena arte" (un bocadiño disto xa nolo ofreceu o crítico de cabeceira de M. de Torres, pero aínda porfiaremos).






12 decembro, 2014

A gran guerra [V] : La tranchée : The trenches

Esta curtametraxe de animación pon en imaxes o ataque vivido por un soldado canadense durante Primeira Guerra mundial. A cabalo entre escenas realistas inspiradas en secuencias de arquivos e inquietantes imaxes surrealistas, La tranchée revélase unha experiencia cinematográfica intensa e turbadora. O cineasta Claude Cloutier entréganos aquí unha interpretación dos combates que revela tamén a importancia simbólica da «terra» nesta guerra de trincheiras onde se enterran tanto os vivos coma os mortos. [traducido, ler orixinal]

CLOUTIER, Claude (2010): La tranchée : The trenches. NFB:ONF. 5 m.54 s. Técnica mixta



Tamén en inglés:


11 decembro, 2014

A gran guerra [IV]: Exposición virtual da BNF

Evocando o inicio da gran guerra, a BNF ofrécenos, desde hai meses, unha das súas extraordinarias exposicións virtuais: La guerre de 14-18.


Con múltiples ligazóns a textos e imaxes, complétase con documentos de todo tipo e organízase en catro partes:

Pourquoi?

L'Europe en 1914


La guerre à l'horizon


Le choc

09 decembro, 2014

A gran guerra [III] : Lien

Un parella de africanos vese separada por causa da Guerra doutro continente. Amor, símbolos, pesadelos e a imposibilidade do reencontro...

Yancouba Dieme, Thomas Adam, Carole Cyrille et Julien Chanson (2011): Lien. Supinfocom. 3D. 6,31 m.

 
Lien / Supinfocom from Rubika on Vimeo.

05 decembro, 2014

A gran guerra [II] : "El Folies Bergère", de Zidrou y Porcel

El Folies Bergère y ¡Puta guerra! son dos cómics publicados este año con motivo de la conmemoración de los 100 años del comienzo de la Primera guerra mundial. Su lectura en paralelo puede resultar muy útil para contrastar y discutir dos manera de enfrentarse artísticamente a un hecho histórico.


¡Puta guerra!, de Tardi y Verney, es un panfleto antibelicista de una pasmosa simpleza discursiva, pero que cuenta con el atractivo de un dibujo admirable. Que una guerra no sea nunca el idealizado acontecimiento de valentías y heroicidades con el que muchas veces nos hemos encontrado en la ficción y la historia, no significa tampoco que sea la ocurrencia de una élite que involucra a una masa de ciudadanos inconscientes que sin comerlo ni beberlo se ven abocados a un matadero. No hace al caso el entrar aquí en mayores disquisiciones al respecto, pero el tono del texto de este cómic es el que se corresponde con esta segunda idea. Sin matices. Para el que guste de ese tipo de discurso, este es su cómic.

La obra de Zidrou y Porcel, sin embargo, es de otra estirpe, porque, aunque destila también un antibelicismo del mismo signo que la de Tardi y Verney, en su caso hay una ambición estética que neutraliza cualquier afán de protagonismo de ese discurso ideológico. La clave está, fundamentalmente, en que su perspectiva narrativa se centra en los individuos, en los protagonistas de la guerra, y no en la guerra en general. Esto les permite humanizar la historia mucho más de lo que supuestamente pretenden Tardi y Verney, en cuyo cómic la voz del narrador impone una visión bastante monolítica de lo que se cuenta.

La consecuencia más importante de lo anterior es que la obra de Zidrou y Porcel contiene una fuerza testimonial  ante la que la obra de Tardi y Verney palidece.

Y esto ocurre, además, porque las técnicas narrativas con las que se aproximan a aquella realidad les permiten sondearla con mayor profundidad y amplitud. Lejos de la mecánica de utilizar las ilustraciones como mera demostración figurativa del discurso lineal del narrador (como hacen Tardi y Verney), en El Folies Bergère el relato visual es quien lleva el peso de la historia: a través de analepsis y contrapuntos, del uso de elementos oníricos y sobrenaturales, y de representaciones libres de patologías psiquiátricas, consigue ofrecer una visión caleidoscópica de aquel momento histórico, al huir gracias a la evidencia de sus ilustraciones de cualquier tipo de simplificación interpretativa.

Por todo esto, El Folies Bergère es una obra que uno siente respetuosa con la inteligencia del lector: en vez de querer imponerle una lectura de los hechos, deja en sus manos la compleja tarea de recomponer el escenario físico, moral y sentimental de aquella guerra de hace cien años. 

04 decembro, 2014

A gran guerra [I] : Trois petits points




O soldado regresa da guerra. A costureiriña -que tanto o esperara- ganduxa e cóselle as feridas, ganduxa e cose o ferido mundo, pero...

En fin, unha tenra e terríbel alegoría.




École Gobelins (2010): Trois petits points. 3,32 m. Tradicional.

[De novo acudimos a Don Seve para prepararmos un par de sesións de curtas de animación sobre a primeira guerra mundial. A cousa vai en camiño, pero como moitas delas xa están (legalmente) na rede, ímolas ir adiantando pouco e pouco.]