Vén de saír do prelo o libro "13 mulleres que escribiron a historia en feminino. 13 mulleres con coraxe", resultado da actividade conmemorativa do 8 de marzo.
Aquí, na Marela, podédelo desfrutar en formato dixital:
Moi pronto o vídeo.
Aquí, na Marela, podédelo desfrutar en formato dixital:
Moi pronto o vídeo.
Mesa redonda online coa participación de científicas de distintos ámbitos que falaron sobre as súas experiencias e os seus traballos de investigación, así como das oportunidades de futuro ao alumnado de 1º do Bacharelato de Ciencias.
“As ciencias escríbense en feminino”, xornada divulgativa en liña para conmemorar a efeméride do 11F, que tivo como destinatario o alumnado do STEMBach (1º e 2º).
A seguir unha pequena reportaxe gráfica do acto, coordinado pola profesora Natalia Fernández.
O 11 de febreiro celebrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, e malia as restricións derivadas da pandemia da COVID-19, sumámonos á conmemoración con diversas actividades coordinadas polo Departamento de Bioloxía:
1. Mesa redonda organizada polos centros singulares da USC: CiQUS, CIMUS, CiTIUS e IGFAE, coa participación de científicas de distintos ámbitos, que lles falarán ao alumnado do 1º do Bacharelato A de Ciencias das súas experiencias e dos seus traballos de investigación, así como das oportunidades de futuro. Coordina a profesora Natalia Fernández.
2. “As ciencias escríbense en feminino”, unha xornada divulgativa en liña para conmemorar o Día Internacional da Muller e a nena na Ciencia, organizada polo Concello de Santiago, a través do CEXTEC e Talentia Summit, destinada ao alumnado do STEMBach (1º e 2º). Coordina a profesora Raquel Honrubia.
A maiores, propoñemos a toda a comunidade escolar ver as películas:
Figuras ocultas, que narra a historia de tres brillantes mulleres científicas afroamericanas que traballaron na NASA a principios dos anos sesenta no proxecto de poñer en órbita o astronauta John Glen, en plena carreira espacial, tendo como pano de fondo a loita polos dereitos civís dos negros estadounidenses.
Preme no cartel publicitario da película para ver o tráiler oficial da mesma:
Próxima, que narra a historia de Sarah, unha astronauta francesa que se adestra na Axencia Espacial Europea en Colonia, sendo a única muller dentro do esixente programa. Sarah vive soa coa súa filla de sete anos Stella, sentíndose culpábel por no poder pasar máis tempo coa rapaza. E cando Sarah é elixida para formar parte da tripulación dunha misión espacial de un ano de duración chamada Próxima, daquela prodúcese un afastamento na relación entre nai e filla.
Preme no cartel publicitario da película para ver o tráiler oficial da mesma:
Encontro con Yolanda Pazos no marco das actividades organizadas para conmemorar o 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.
Evento organizado polo Departamento de Bioloxía e coordinado pola profesora Natalia Fernández.

![]() |
Alumnos de ESO e bacharelato recibiron a Conchi cunha espectacular coreografía
diante da exposición "Investigadoras na luz e nas tecnoloxías da luz".
|
![]() |
| Artigo publicado no Faro de Vigo (edición Deza) o 19/02/2019 |