Unha vez que terminamos a ESO que podemos facer? Seguimos co Bacharelato ou cursamos un Ciclo Medio? E se temos claro que imos estudar algún Ciclo Superior, que é mellor, facer antes un Medio ou o Bacharelato? Para responder a estas preguntas, e aclarar algo as dúbidas que o noso alumnado pode ter, organizamos unha mesa redonda con tres alumnos e dous profesores do noso centro:
Gonzalo Soto Lourido, alumno do 2º curso do Ciclo Medio de SMR, que accedeu ao C.M. a través da Formación Profesional Básica, e despois de traballar na hostalería durante varios anos. Neste curso 23-24 está seleccionado para formar parte do Programa Erasmus, facendo as súas prácticas de fin de Ciclo en Malta.
Yago García Jorge, que cursa o 1º ano do Ciclo Superior de DAW, e que despois de abandonar o Bacharelato cursou xa un Ciclo Medio no IES Ramón Mª Aller Ulloa. Yago estivo, a principios do 2023, case 4 meses vivindo e traballando en Malta, grazas ao Programa Erasmus, cunha asignación mensual de 1.300 €
Sunny Saco Buceta, alumna do 2º ano do Ciclo Superior de ASIR, e que accedeu aos ciclos tras facer o Bacharelato, obtivo a medalla de prata nas Galicia Skills neste mes de outubro (ver a entrada no noso blog)
Moderando a mesa, e completando a información que achegaba o alumnado, estaban os profesores José Rey, encargado no 23-24 de buscar empresas en Malta, e titor de ASIR; e Joaquín Pérez, responsable da Formación en Centros de Traballo e dos Programas Erasmus nos que participa o noso instituto.
Se tedes interese en informarvos sobre toda a oferta que a Formación Profesional ten en Galicia, podedes picar nas seguintes ligazóns:
Oferta educativa en Galicia
Familias profesionais
A seguir, unhas fotografías do acto, cortesía de Ánxeles Francis.
|
Gonzalo explicando a súa experiencia persoal.
|
|
Sunny durante a súa intervención. |
|
Yago explicando en que consisten os Programas Erasmus. |