Amosando publicacións coa etiqueta contacontos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta contacontos. Amosar todas as publicacións

26 novembro, 2009

Para vender e cantar

En liña co programa C@nt@s c@nt@s do ano pasado, tócalle este curso á Literatura de Cordel.
Tomamos o título do libro que Anxo Basterra, de Viravolta, rescatou para nós da súa ben nutrida e especializada biblioteca.

Palabras para vender y cantar: Literatura popular en la Castilla de este siglo, de Luis Díaz Viana, é un libro case fundacional no referido á rehabilitación e dignificación da (por tantos) tan deostada “literatura de cordel”.

Para abrirmos boca podemos ir botando unha ollada a dous sitios imprescindibles: á fundación Joaquín Díaz leváronnos Celsiño e Guti, ao Proxecto Ronsel chegamos da man de Pablo Carpintero.

No primeiro atoparedes unha magnifica colección dixitalizada de “aleluias”. Que extraordinario potencial pedagóxico!

No segundo, Alberto Bouzón pon á nosa disposición a súa colección de pregos de cordel. Utilizamos ese triángulo pra o desencanto dos tesouros?

15 novembro, 2009

Contos, cantos, queixo e viño.



Veu contar Quico Cadaval a Lalín. Contou, fixéronse as doce da noite e, cando eu pensaba que non había mellor xeito de comezar a fin de semana, vai e aparece Guti de Sanabria. Viñera porque quedara aquí con Quico.

A Guti xa o tedes visto neste blog. O caso é que, como a outra vez, tróuxome un agasallo: unha botella de viño, un queixo e un disco (La cultura oral en el parque de Sanabria y sus alrededores). Guti si que sabe! Alimento para o corpo e para o espírito, que diría o outro.

O disco comeza co “Volteo e toque festivo de Campanas” de San Martín de Castañeda (unha gloria para ouvir e para espantar as morriñas deste domingo de inverno!) e remata cunha versión do antiga peza teatral “Los bandidos de Toledo”.
Nesta última, María Álvarez (de Porto de Sanabria) púxome a pel de galiña: Narra parte dos feitos en castelán, xeralmente en romance; e fai resumos, ao tempo que dá explicacións, en galego... toda unha lección de técnicas narrativas e interpretación.

E a que viña todo isto? Vale, podería ser porque vos quero recomendar o disco (que o fago), pero sobre todo é porque coñecín a Guti grazas ás Actividades da Biblioteca. Si, esa que unhas veces nos dá tantos desgustos, pero que outras nos trae amigos dos que nin sequera oiramos falar (e non só libros).

01 xuño, 2009

C@nt@s c@nt@s: Pablo Carpintero

O próximo 23 rematamos (por este ano) o ciclo C@nt@s c@nt@s cun concerto didáctico dun dos nosos grandes musicólogos: Pablo Carpintero Arias, investigador, intérprete e divulgador, comezou dun xeito autodidacta e xa se converteu nun dos mellores gaiteiros galegos “coma os de antes”.

Este doutor en bioloxía, en paralelo cos seus distintos traballos, dedicou xa máis da metade da súa vida a recuperar a tradición musical e os instrumentos tradicionais do país. Unha das diferenzas máis notable fronte a outros investigadores das tradicións é a súa teima divulgativa. Todo o seu traballo persoal, que son miles de horas pasadas nas estradas do país de aldea en aldea e de informador en informador, vai saíndo pouco a pouco á luz a través das gravacións, concertos didácticos, charlas e publicacións, coa finalidade de dála a coñecer e de preservala. [Moncho Faílde]

26 abril, 2009

Guti de Sanabria: cinco cuentos y un romance

Como anunciábamos el otro día, este viernes estuvo con nosotros José Luis Gutiérrez, Guti, "Guti de Sanabria", gran narrador oral o cuentacuentos que en algo más de una hora consiguió hacer presente una situación comunicativa en la que la pericia del narrador y la colaboración del receptor eran esenciales en el pasado para hacer reales historias que, de otra forma, no serían más que ejemplos para el se non è vero, è ben trovato.

Y aunque no es lo mismo ver a Guti en directo que por televisión, os invitamos a ver seis momentos de su actuación para que os imaginéis la magnífica actividad que es y os animéis a llevarla a vuestro Centro. Son cinco cuentos y un romance. A disfrutar...

[Y antes de que empiece la función, una recomendación; cuando Celsiño, otro afamado contacontos, estuvo con nosotros, nos sugirió la compra de una estupenda recopilación de cuentos tradicionales, de la que ahora queremos daros noticia: se trata de El pájaro que canta el bien y el mal: la vida y los cuentos de Azcaria Prieto (1883-1970). No os la perdáis.]


[Por último: esta entrada tarabelesca va dedicada especialmente al equipo de la Biblioteca del IES As Lagoas de Ourense, por lo que ellos saben y nosotros sabemos. Y ni que decir tiene que cumpliremos con la cadena. Gracias.]

Y gracias a Laura por la grabación.

1. Un romance...


2. Cuento de la mujer del zapatero...


3. Cuento de San Ismael...


4. Cuento de Tomasa...


5. Cuento del muiño...


6. Cuento de la cordeira...

21 abril, 2009

C@nt@s c@nt@s: Guti de Sanabria


Dentro das actividades de activación de modelos tradicionais, o próximo venres visítanos José Luís Gutiérrez. "Guti de Sanabria" é un dos grandes narradores orais (e algo máis) da Península (e algo máis). Natural de Aliste fai honor ao privilexiado espazo onde se criou e vive; ese espazo entre Galiza, Zamora e Portugal no que as "fronteiras" non conseguen esnaquizar a continuidade e a profundidade cultural e no que, en poucos quilómetros, nos podemos atopar con catro idiomas: portugués trasmontao, castelán zamorano, galego oriental e mirandés.

(Non se espera que a neve nos obrigue a repetir, outra vez, esta entrada...)
preme na imaxe para saber de que vai a cousa...

09 marzo, 2009

C@nt@s c@nto@s: Unidos polo Flow

Os obradoiros de Regueifas e os de Contacontos permitíronos acercarnos á construción ou recollida de textos e ás técnicas de cantar e contar, así como a diferentes funcións que desenvolvían ou poden ter dentro da sociedade.

Xaime López, Chispón, coordinador do proxecto “Unidos por el flow”, preséntanos unha singular experiencia desenvolvida durante catro anos en Barcelona.
O cantar e o contar, nesta ocasión, van ser empregados (tamén) como vehículos de convivencia e integración entre grupos marxinados e moitas veces empurrados á violencia: moz@s pertencentes a Ñetas e Latin Kings entran en contacto, entre si e coa arte.

Na biblioteca...

Unidos por el flow : Latin Kings y ñetas junto a jóvenes de diferentes barrios de Barcelona unidos para mostrar su realidad --Barcelona :K. Industria Cultural, S.L., 2008. --168 p. : il. cor e n., 1 disco compacto + 1 DVD. ISBN: 978-84-612-7692-9

Unidos por el flow : Latin Kings, ñetas y jóvenes de Barcelona mostrando su realidad
--Barcelona :K. Industria Cultural, S.L., 2008. --1 disco CD : + folleto il. cor

20 febreiro, 2009

É obrigatorio comer na Biblioteca

Claro, estamos en vésperas de Entroido e a norma é subverter as normas. Pero a razón non foi esa. Tratábase de celebrar que remataba o obradoiro de Cont@s Cont@s con Celsiño e que mellor que xantarmos tod@s na Biblioteca.

Ademais, así matabamos dous pombos dun tiro: tras catro sesións con Celso en horario lectivo, o profesorado comezaba a inquietarse co cerello das programacións e iso. E se as dúas últimas as faciamos pola tarde? As tardes non existen: clases, pasantías, adestramentos, confirmacións, ensaios no conservatorio e que sei eu cantas cousas máis. Ninguén ten tempo para nada. Pois ben, xantamos na Biblio e, conforme rematamos, dámoslle á tarabela con Celsiño.

E meu dito, meu feito. Como a quen máis, quen menos, o cocido xa lle sae polas orellas, acordouse mandarlle unha italianada a por de pizzas, que os contos son de todos os lados e, da parte de Italia, tamén nos chegou algún.

Polo demais, todo moi ben, isto de lle irmos descubrindo novas funcións á Biblio sempre ten o seu aquel.

Aquí vai, xa que logo, a testemuña fílmica (imposible meter un contacontos nunha foto...), desa tarde na que, pola vontade duns rapaces que quixeron saber da materialidade do inmaterial, houbo pizzas e contos nunha biblioteca...

1. Agardando por Celsiño... (ou non?...)...



2. Chega o que tiña que chegar... (tómese nota do descenso decibélico respecto do video anterior...)...



3. Os contacontos tradicionais tamén beben cocacola... (MP dixit)
4. O elefante que non parece elefante pero qué é un elefante...

5. O que é a memoria inmaterial...

6. Celsiño le...

7
. Os ánimos do canteiro...


[Próxima parada de Cont@s Cont@s: O 6 de marzo, ás 12.30 con Pinto de Herbón e Luís Caruncho]

01 febreiro, 2009

C@nt@s c@nt@s: Guti de Sanabria


Dentro das actividades de activación de modelos tradicionais, o próximo venres visítanos José Luís Gutiérrez. "Guti de Sanabria" é un dos grandes narradores orais (e algo máis) da Península (e algo máis). Natural de Aliste fai honor ao privilexiado espazo onde se criou e vive; ese espazo entre Galiza, Zamora e Portugal no que as "fronteiras" non conseguen esnaquizar a continuidade e a profundidade cultural e no que, en poucos quilómetros, nos podemos atopar con catro idiomas: portugués trasmontao, castelán zamorano, galego oriental e mirandés. Que a neve non nolo impida...

preme na imaxe para saber de que vai a cousa...