Amosando publicacións coa etiqueta Astro-pintura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Astro-pintura. Amosar todas as publicacións

19 abril, 2016

Astro_pintura [17] : Gliese 581 (S. XXI)


PLANETS OF THE GLIESE 581 SYSTEM (S. XXI) : Cook, Lynette.


Froito do interese desta “artista espacial” polos exoplanetas (planetas que orbitan arredor dunha estrela diferente ao sol), é esta unha representación artística dunha estrela anana vermella con un deles. Este cadro é  unha mostra da obra de Lynette Cook, que traballa en estreita colaboración con astrónomos e axencias espaciais, mesturando técnicas pictóricas tradicionais con formatos dixitais.

[Fonte da imaxe]

15 abril, 2016

Astro_pintura [16] : Kepler e o emperador Rodolfo II (1862)


KEPLER E O EMPERADOR RODOLFO II (1862) : Bülau, Friedrich.

 
Neste gravado aparece Kepler co emperador Rodolfo II en Praga no ano 1600. Nel pódese ver un telescopio,  maqueta do sistema solar, esfera celeste  e algúns instrumentos matemáticos.
Johannes Kepler, figura clave na revolución científica, astrónomo e matemático alemán, formulou as  leis sobre o movemento dos planetas na súa órbita arredor do Sol. Foi colaborador de Tycho Brahe, a quen substituíu como matemático imperial de Rodolfo II.

[Fonte da imaxe]

10 abril, 2016

Astro_pintura [15] : Galileo ensinando ao Dux de Venecia o uso do telescopio (S.XIX)




Galileo Galilei nell'atto di mostrare l'uso del cannochiale al doge di Venezia (S.XIX): Bertini, Giuseppe. Villa "Andrea Ponti". Varese.

Hans Lippershey construíu en Holanda o primeiro telescopio en 1609.  A diferenza do de Lippershey, o primeiro de Galileo Galilei non deformaba os obxectos senón que os aumentaba en 6 veces. Logo Galileo Galilei presentou un segundo prototipo de telescopio cun aumento de 8-9 veces ante o Senado de Venecia. Nese momento, a ciencia daría un xiro comezando unha gran revolución da astrofísica.





[Fonte da imaxe]

06 abril, 2016

Astro_pintura [14] : Ferdinand Verbiest vestido como astrólogo chinés (1827)



Father Ferdinand Verbiest 1623-88 dressed as a Chinese astrologer (1827):  Kuniyoshi, Utagawa. British Museum. Londres)
Verbiest foi un xesuíta que viaxou a China para traballar como astrónomo na corte do emperador Kangxi. Os xesuítas mantiñan unha dura competición cos astrónomos chineses e musulmáns pola supremacía relixiosa e científica. O logro máis importante de Verbiest foi o deseño dunha colección de seis instrumentos astronómicos que incluía a esfera armilar, o sextante e o globo estelar entre outros. Neste gravado aparece co globo celeste e co sextante, que se empregaba para medir a elevación de un obxecto celeste sobre o horizonte ou o ángulo entre dous obxectos celestes.


[Fonte da imaxe]

31 marzo, 2016

Astro_pintura [13] : Observacións astronómicas (1711)

O sol



OSSERVAZIONI ASTRONOMICHE (1711) : Creti, Donato. Musei Vaticani. Roma.

O Conde Luigi Mansilli encargou estas pinturas para convencer o Papa Clemente XI da necesidade de contar cun observatorio astronómico para a Igrexa. Nesta serie de pinturas, o artista representou os obxectos do sistema solar coñecidos entón: o sol, a lúa, os planetas (Mercurio, Venus, Marte, Xúpiter e Saturno) e un cometa. O astrónomo Eustachio Manfredi supervisou o traballo. E o plan tivo éxito pois, co apoio do Papa, inaugurouse pouco despois en Bolonia o primeiro observatorio astronómico público de Italia. 

A lúa
Mercurio
Venus
Marte
Xúpiter
Saturno
Cometa

26 marzo, 2016

Astro_pintura [12] : A noite estrelada (1889)




DE STERRENNACHT (1889) : Gogh, Vincent van. MoMa New York Museum. New York.

Afeccionado á astronomía e fascinado polo nocturno, Vincent van Gogh representa a vista durante a noite dende a xanela do seu cuarto nun hospital. Segundo algúns estudosos as imaxes do cadro gardan semellanza cun bosquexo da Galaxia Remuíño feito por Lord Rosse 44 anos antes da obra de Van Gogh. Para outros o cadro é tamén unha representación artística da teoría física da turbulencia de fluídos.

[Fonte da imaxe]

18 marzo, 2016

Astro_pintura [11] : O gran cometa de 1680 sobre Rotterdam (S. XVII)




O GRAN COMETA DE 1680 SOBRE ROTTERDAM (S. XVII): Verschuier, Lieve. Museo de Rotterdam.

A principios de novembro de 1680 o astrónomo alemán Gottfried Kirch descubriu un dos cometas máis notables.  O cometa chegou a ser tan brillante que era visible incluso de día. Era a primeira vez que se descubría un cometa coa axuda dun telescopio. O cometa pasou rozando o Sol, a só uns 900.000 km, e desenvolveu unha enorme cola. No cadro tamén se pode ver a varias persoas portando balestillas, un instrumento empregado antiguamente para medir distancias angulares.


15 marzo, 2016

Astro_pintura [10] : Un mundo (1929)





UN MUNDO (1929): Santos Torroella, Ángeles. Museo Reina Sofía. Madrid
Imaxina como rota este estraño planeta Terra de xeito que o día e a noite van pasando nas caras dun gran cubo distorsionado.

"Un mundo participa a medias de los supuestos surrealistas y de la poética del realismo mágico, corriente difundida en el ensayo homónimo publicado por Franz Roh en 1925. Los personajes femeninos que pueblan la escena rodean los costados de un globo terráqueo que ha perdido su condición original para convertirse en una figura cúbica. En silenciosa procesión, estas mujeres de largos cabellos van iluminando las estrellas con el fuego previamente tomado del sol, mientras en uno de los ángulos del lienzo, otro conjunto de mujeres tocan instrumentos musicales." [Cita]

04 marzo, 2016

Astro_pintura [9] : O astrónomo (1668)


DE ASTRONOOM (1668): Vermeer, Johannes. Musée du Louvre. París. 

Este astrónomo válese para os seus estudos dun globo de Jocodus Hondius con complexas representacións de varias constelacións. Na parte superior esquerda pódese apreciar a Osa Maior; o Dragón e Hércules aparecen no centro e a Lira na dereita. O manual que emprega o astrónomo foi identificado co libro “Sobre a Investigación e a Observación das Estrelas” de A. Metius, unha guía práctica para estudar astronomía e xeografía.

[Fonte da imaxe]

02 marzo, 2016

Astro_pintura [8] : A estrela matinal (1940)


L'ÉTOILE MATINALE (1940) : Miró, Joan. Fundación Joan Miró, Barcelona. 

Esta é unha das obras máis destacadas da serie “Constelacións”. As 24 pinturas desta serie parecen querer representar toda a orde do cosmos con figuras que fan referencia á terra (a muller, os paxaros) e aos astros.

26 febreiro, 2016

Astro_pintura [7] : Fuxida a Exipto (1609)


DIE FLUCHT NACH ÄGYPTEN (1609) : Elsheimer, Adam. Alte Pinakothek, Munich.
 
Ademais de apreciarse multitude de estrelas e varias constelacións, neste cadro aparece -por primeira vez na historia da arte- a Vía Láctea, representada con innumerables estrelas individuais. Isto ten orixinado debates sobre se o artista coñecía ou non os traballos de Galileo pois o cadro realizouse no mesmo ano en que Galileo apuntou por primeira vez o seu telescopio ao ceo. 


23 febreiro, 2016

Astro_pintura [6] : Certo eclipse lunar


CERTAIN LUNAR ECLIPSE: PROJECT FOR HUMANKIND No. 2, A (1991): Cai Guo-Qiang. Colección Sardjana Sumichan.

Un dos artistas chineses máis influentes da actualidade inspirouse en imaxes do noso planeta tomadas dende a lúa para esta obra. Nela aparece a lúa en primeiro plano e a terra apréciase na distancia.

projects/certain-lunar-eclipse-project-humankind-no-2-0

19 febreiro, 2016

Astro_pintura [5] : Alegoría da astronomía (1593-1652)




ALLEGORÍA DELL' ASTRONOMÍA (1640?):  Artemisia Gentileschi.

Esta poderosa figura feminina mira cara ao ceo para estudalo. Pousa a súa man dereita nunha esfera astral na que semella que vai trazar as medicións que está a obter co instrumento que sostén na man esquerda. Por certo, a pintora, primeira muller aceptada na Accademia del Disegno de Florencia, chegou a ter unha boa relación de amizade con Galileo Galilei.

[Fonte da imaxe

17 febreiro, 2016

Astro_pintura [4] : Cruceiro do sur (2011)



CRUZEIRO DO SUL (2011) : Carolina Máxima.

A declaración do ano 2009 como Ano Internacional da Astronomía foi un dos motivos que levaron a pintora portuguesa á execución dunha serie de traballos entre os que se atopa esta representación da constelación Crux, na que latexa a estrofe 14 do canto V d'Os Lusíadas. Esta constelación é de grande utilidade para a orientación xa que permite determinar o punto cardinal sur. A artista quixo aquí crear unha atmosfera nocturna e cósmica, e envolveu a constelación nunha esfera de luz para relacionala coas esferas celestes de Ptolomeo.


[Fonte da imaxe]

12 febreiro, 2016

Astro_pintura [3] : A escola de Atenas (1510)




LA SCUOLA DI ATENE (1510): Sanzio, Rafael. Museos vaticanos, Roma.

Cantos sabios xuntou neste fresco o artista! No que atinxe á astronomía, á esquerda e vestida de branco podes ver a Hipatia de Alexandría (aínda que esta figura seica foi pintada por Margherita Luti). Á dereita e sostendo un globo terráqueo, está Ptolomeo. Fronte a el, Zoroastro sostén un globo celeste.


[Fonte da imaxe]