23 xuño, 2016

Viaxe-agasallo de fin de curso da Biblioteca


26 dos nosos mellores lectores levaron a Biblioteca do Aller Ulloa ao Castro de San Cibrao de Las (excelente o traballo do Parque Arqueolóxico) e aos Mosteiros de San Pedro de Rocas e Santa Cristina e Santo Estevo de Ribas de Sil. 






20 xuño, 2016

Toc-toc_A : Motor mendocino

Emma e Xaime

Nesta maqueta buscamos un deseño de máquina rotativa que funcione exclusivamente con enerxía dispoñible no espazo (solar). Debido á baixa densidade desta enerxía, débese optimizar o rendemento e reducir ao máximo os rozamentos. Por este motivo, faise un deseño no que o rotor non apoia sobre rodamentos senón que levita coa axuda de seis imáns permanentes.

A enerxía que fai rodar o motor procede de catro células fotovoltaicas que se conectan ao bobinado do rotor. A partir deste feito, o funcionamento do motor imita ao de calquera motor eléctrico clásico, no que a enerxía eléctrica se leva a un devanado indutor que xera un campo magnético que interactúa á súa vez co campo magnético do estátor e produce un par de forzas que leva á rotación.

Temos a presentación:


Tamén o vídeo:
 

16 xuño, 2016

Marela B.D : 100.000

Hai catro anos, abrimos un blogue (Marela B.D) a xeito de catálogo da nosa colección de banda deseñada. Tratábase dunha colección bastante salvaxe e feita por aluvión. A Marela B.D  axudounos a avaliala, ampliala e equilibrala. O mes pasado acabamos por incorporar os últimos exemplares adquiridos antes de 2012. Onte recibimos a visita cen mil.

Malia non se ver o último 0, imprimimos media ducia de pantallas co 100.000 e vinte e catro obras, que poden dar idea do resto da colección (uns novecentos títulos).







Por certo, as publicación máis visitadas foron:

09 xuño, 2016

Toc-toc_A: Astronomía na aula

A xente de Cultura Científica de 1º BAC elaborou dúas máis que interesantes propostas neste noso cincuentenario. Por unha banda un estudo dos sistemas binarios, (dous obxectos astronómicos ligados pola forza gravitatoria), por outra a comprobación experimental da segunda lei de Kepler.

Aquí poñémosvos os vídeos, pero é mellor que vaiades ao Toc-toc para verdes as referencias e máis material.


 
 

03 xuño, 2016

Exposición "Ramón Mª Aller Ulloa"

Continúa a exposición sobre D. Ramón, na entrada do Instituto. Nela encontraremos:
  • Unha seleccion dos manuscritos doados por D. Vitorino Gutiérrez, no 2009.
  • Unha selección de debuxos e ilustracións orixinais.
  • Unha biografía  de D. Ramón realizada e ilustrada a man por Natalia Fernández.
  • A bibliografía de D. Ramón, na que se inclúen algunhas primeiras edicións e manuscritos inéditos.
  • Unha selección de fotos realizadas ou relacionadas co noso sabio cedidas polo Museo de Lalín. A maior parte delas rescatadas por Cecilia Doporto e restauradas por María Alejos.
  • Un exposición vídeo-bibliográfica dos fondos da biblioteca sobre astronomía.



 
 

Toc-toca_A: Concurso reloxos de sol

O pasado luns déronse a coñecer os equipos gañadores do Concurso de construción de reloxos de sol, unha actividade toc-toqueira coordinada polo departamento de matemáticas.
Lectura da acta.
O primeiro premio ex-aequo foi para o trío constituído por David Fernández Sucasas, Antonio García Pereiro e Miguel González Golmar e o cuarteto que integraron Alex Ledo Lançao, Alfonso Manuel López González, Iker Nuñez Silva e David Saavedra García.




O terceiro premio correspondeulle a Iván Iglesias Vázquez, Hugo Pérez Nieves, Roi Rivas García e Aarón Rodríguez Mosquera.


 
Parabéns a todos!

02 xuño, 2016

Literiatura [57] : Materia dispersa

Non é boa noticia que se despida de nós Materia dispersa. Daniel Montero Galán  e Dino Lanti achegáronnos máis de 250 sorrisos de percepción crítica e intelixente da realidade.
Entre os seus últimos agasallos está este especial libros:
 

E non esquecemos un que tiñamos reservado:

01 xuño, 2016

Toc-Toc_A: Proxecto Equinoccio


O Proxecto Equinoccio naceu por iniciativa de Kevin Martz, profesor de física en Montgomery (EEUU). Tanto el como o resto de participantes son alumnos e profesores de varias escolas de catro continentes que se atoparon no High School Programme do CERN en 2014, entres eles a nosa compañeira Ana Reboiro, que o incorporou ao noso Toc-Toc_A.

Desde o primeiro trimestre, en Cultura Científica de 1º BAC, estivéronse desenvolvendo pequenos proxectos relacionados coa astronomía, en atención a 50º aniversario do pasamento de D. Ramón Mª Aller Ulloa.

Nesta presentación podedes consultar o procedemento seguido...


...e aquí algunha fotografía máis.