Amosando publicacións coa etiqueta exposicións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta exposicións. Amosar todas as publicacións

22 xuño, 2021

Escritoras na Literatura Universal

A partir do luns, 21, na Biblioteca pódese ver a Exposición de murais "Escritoras na Literatura Universal" realizados polo alumnado de Literatura Universal de 1º do Bacharelato, coa coordinación da profesora Adriana Iglesias, organizadora da actividade.

Posando diante do panel cos murais


 Ao fío da exposición, Adriana achéganos a seguinte reflexión:

Nas últimas semanas, o alumnado de Literatura Universal de 1º do Bacharelato realizou unha pequena investigación sobre escritoras, comprobando que o número das estudadas na materia só chega a catro. E xa que igualar o número entre escritores e escritoras preséntase como unha tarefa altamente complexa, tentamos darlles oco a algunhas. O resultado son diversos carteis que recollen figuras femininas de épocas diferentes: dende tempos pasados da man de Charlotte Brönte ata a actualidade con Margaret Atwood.

Trátase dunha ínfima representación do moito que queda por descubrir. Oxalá o ano que vén ampliemos repertorio, tanto dentro como fóra da aula. Sigamos visibilizando! 


07 abril, 2021

Graffiti romanos

"Graffiti romanos" foi unha actividade desenvolvida polo alumnado de 1º da ESO A, B e D; organizada e coordinada pola profesora Alba Payo.

Tal e como se informa no libro dixital que recolle os graffiti do alumnado, "o costume de escribir, raiar, pintar ou debuxar nas paredes dos edificios das rúas non é, como se cre habitualmente, un fenómeno moderno. Grazas ás escavacións arqueolóxicas das cidades romanas, especialmente de Pompeia e Herculano, recuperamos moitos testemuños espontáneos sobre a vida política, social e amorosa".

A seguir podemos ver os graffiti do alumnado:

   

E unha mostra da exposición dos Graffiti romanos no vestíbulo do instituto:

 





13 marzo, 2020

Cerámica grega

Unha exposición de sete estalos, froito do traballo artístico e documental de alumnado de 1º da ESO. As imaxes recreadas en vasillas, ánforas, pratos... son testemuña fiel da calidade das mesmas.
Parabéns a todo o alumnado que participou coordinado pola súa profesora de Xeografía e Historia Alba Payo: