27 marzo, 2021

27M. Día Mundial do Teatro

 

Hoxe, 27, Día Mundial do Teatro, celebrámolo ao abeiro da publicación da banda deseñada “As pombas de Carboeiro” de Inacio e Iván Suárez, con BSO de Benxa Otero e interpretada pola Banda de Lalín, e que reproduce en viñetas a obra que no seu día Fantoches Baj puxo en escena, protagonizada por Inacio e Benxamín Otero. Xa na Marela demos conta da posta en escena da que gozou o noso alumnado.

Así mesmo, achegamos unha serie de reflexións sobre o papel social do teatro:

 


26 marzo, 2021

8M. Encontro con María González Flores : o acto

O ramo á celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, puxémolo hoxe co programado Encontro coa socióloga e feminista María González Flores, que amosou as súas dotes de comunicadora achegando o alumnado ao coñecemento dos feminismos dun xeito moi ameno.

O acto, coordinado pola profesora Alba Payo, celebrouse en dúas sesións coa presencia do alumnado de 1º do Bacharelato B e C e de 4º da ESO B que amosou moito interese, participando activamente na charla-obradoiro.

Esta foi a benvida de María González Flores:


 A seguir máis fotos do Encontro:



 

24 marzo, 2021

Biblioteca inclusiva

20.000 leguas de viaxe baixo dos mares é un sentido agasallo da Asociación Juan XXIII, que fixo doazón á nosa biblioteca de seis exemplares da novela, adaptada para a  colección Lectura fácil, no marco do proxecto de Plena inclusión Galicia.


É por iso, que quixemos pór en valor a iniciativa da adaptación da novela de Jules Verne e pedímoslle a Misha Bies Golas que nos achegase unha breve recensión. Este foi o resultado:

"Trátase dunha adaptación da novela de Jules Verne, realizada pola Asociación Juan XXIII con debuxos de Miguel Rocha.
Nun exercicio de síntese no que se manteñen perfectamente moitos dos trazos psicolóxicos das personaxes do libro e centrándose tamén en varias das pasaxes de maior interese da historia do Capitán Nemo e compañía, esta versión reducida mantén un ritmo fluído que fai a súa lectura pracenteira e consegue levar o lector por recunchos dos mares que ata a data na que saíu a novela orixinal, 1869-1970, eran case que inimaxinables.
Parte fundamental da obra son as imaxes que Miguel Rocha debuxou para completala: unha serie duns trinta debuxos en branco e negro que acompañan o texto, dándolle forma física a algúns dos sucesos e paisaxes polos que discorre a historia do Nautilus. Cun trazo moi expresivo estas imaxes resultan do máis suxestivo tanto na súa relación co texto coma na súa mesma natureza plástica.
No que semella un exercicio de revisión dos xeitos de editar a finais do XIX, as imaxes exercen sobre o conxunto unha forza renovadora que a aproxima ás novas adaptacións de clásicos á B.D."
 Misha Bies Golas

 Ánimo, e moitas grazas á Asociación Juan XXIII e a Misha.

23 marzo, 2021

Encontro co xeógrafo Horacio García : o evento

Hoxe tivo lugar o anunciado Encontro co xeógrafo Horacio García quen achegou unha máis que atractiva visión da Xeografía ao alumnado, a partir da pregunta, que é a Xeografía?

Durante a exposición, o alumnado puido ver en directo un velocímetro para medir a velocidade do fluxo da auga (e de aí calcular o caudal), un higrómetro para medir a humidade do aire, un anemómetro para medir a velocidade do vento e un medidor láser de distancias.

A seguir unha pequena mostra do relatorio na aula:






22 marzo, 2021

Encontro con María González Flores

O próximo venres 26, o alumnado de 1º do Bacharelato de HMC e Literatura Universal terá un Encontro coa socióloga María González Flores. A charla-obradoiro versará sobre feminismos.


 

21 marzo, 2021

8M. 13 mulleres con coraxe : o vídeo

Poñémoslle o ramo ao proxecto "13 mulleres que escribiron a historia. 13 mulleres con coraxe", conmemorativo do 8 de marzo, cun vídeo sobre a actividade nas aulas:


Parabéns a todas.

Día Mundial da Poesía

Hoxe, 21 de marzo, celebramos o Día Mundial da Poesía, lembrando uns versos de Xela Arias do libro Intempériome:   

Onde cantan os poetas
a nos lembra-lo que non foi
ou puido ser,
vese a dor inmóbil, invariable
medida do silencio que resta. 

 Unha recomendación, ver de novo a poesía visual Sermos poetas 4, videopoemas do alumnado de 4º da ESO do curso 2018-19:

 





Literiatura [158] : Orlandeli (3)

Poema


de Orlandeli en Última quimera. 

19 marzo, 2021

Encontro co xeógrafo Horacio García

O próximo 23, o alumnado de 1º do Bacharelato de HMC terá un Encontro co xeógrafo Horacio García. O relatorio leva por título: "Xeografía, máis que capitais?"


 

17 marzo, 2021

8M. 13 mulleres que escribiron a historia en feminino. 13 mulleres con coraxe : o libro


Vén de saír do prelo o libro "13 mulleres que escribiron a historia en feminino. 13 mulleres con coraxe", resultado da actividade conmemorativa do 8 de marzo. 

Aquí, na Marela, podédelo desfrutar en formato dixital:

 

Moi pronto o vídeo.

15 marzo, 2021

Alumnado do STEMBACH visita a facultade de Bioloxía da USC

O pasado xoves, 11 de marzo, o alumnado do STEMBAC de 2º do Bacharelato asistiu á facultade de Bioloxía da USC para realizar unha práctica de laboratorio con bacteriófagos, os virus que infectan bacterias, dirixida polo profesor López Romalde, catedrático de Microbioloxía desta facultade.

A actividade, organizada polo Departamento de Bioloxía, estivo coordinada pola profesora Natalia Fernández que ademais acompañou o alumnado.

Máis información no Toc-Toc-A-Ciencia



 

14 marzo, 2021

Día Internacional de π

 

Hoxe, 14 de marzo, celebramos o Día Internacional de π, lembrando a seis dos grandes matemáticos da historia.

Para máis información sobre o Día Internacional de π visita o Toc-Toc-A-Ciencia.

10 marzo, 2021

8M. A historia en feminino : Reportaxe gráfica

Coraxe de muller. A seguir unha breve reportaxe gráfica das 13 mulleres que nos visitaron para conmemorar o 8 de marzo e informar sobre A historia en feminino:

Á esquerda a Rosie icónica. Á dereita a Rosie de Alba

Transmitindo información na aula

Quen é quen? Marcela e Elisa, á esquerda; a Marcela de Lara e a Elisa de Carme, á dereita

Á esquerda Marcela preocupada pola estética de Elisa. Á dereita dando a coñecer a súa historia

Simone de Beauvoir e Eva-Simone de Beauvoir

Perante un alumnado expectante. Á dereita ante os carteis da actividade

Rosalind Franklin e Mar-Rosalind Franklin

Na aula en compaña de María Blasco e diante dos carteis

Raquel transfigurada en María Blasco

Defendendo con paixón a causa da Ciencia

Chimamanda N. Adichie clonada en Adriana

Chimamanda-Adriana seguida con moito interese

A Cigarreira Luísa semella saída de unha das históricas fotos

A Cigarreira-Luísa ante o cartel e na ula informando da tráxica historia

A verdade é que non se sabe moi ben cal Teodora está no mosaico, será a nosa Marta?

Teodora posando ante os carteis e na compaña de Rosie (o tempo é relativo)

As dúas Marías (Maruxa e Coralia). Á dereita, Iris e Uxía en perfecta sintonía 

Coralia e Maruxa informando na aula da súa tráxica vida

Maruxa Mallo personificada en Marián

Na aula dando a coñecer a súa vida e obra, e posando diante dos carteis publicitarios





María é realmente Marjane Satrapi

Na aula falando da súa vida reflectida en "Persépole"

 Proximamente libro e vídeo sobre esta marabillosa actividade.