Ao fío da excursión a Portomarín do Club de lectura, na Marela recibimos tres interesantes reflexións sobre a novela que motivou a viaxe, O misterio de Portomarín, e outra sobra a propia viaxe.
|
"Primeiro Portomarín e logo Castrelo do Miño..."
|
Gustoume
moito o libro "O misterio de Portomarín" xa que me tira moito
este tipo de libros e a súa trama, cada vez que pasaba ao seguinte capítulo do
libro enganchábame máis. Pareceume un libro moi bo e entretido, sobre todo ao
final, xa que ten moita intriga e éntrache máis curiosidade sobre
o que vai pasar despois. Recomendo esta obra ao 100%, tanto para adolescentes como para persoas máis vellas ca min.
Martin Díaz
A min este
libro gustoume moito. A trama paréceme moi interesante e fai que te enganches ao
libro. É unha
obra adecuada para a nosa
idade, xa que non ten un vocabulario moi complexo e está todo moi ben explicado
e narrado. Tamén me
gusta a presentación: tanto a portada do libro, como a distribución dos
capítulos.
María Villamarín
O misterio de Portomarín gustoume moito porque
cada vez que rematabas un dos capítulos, este enlazaba co seguinte e sempre quedabas
coa intriga ata o final do libro. Tamén hai partes interesantes sobre a historia de
Portomarín, coma a historia do embalse de Belesar.
Samuel Fernández
Sobre a excursión
A viaxe a Portomarín gustoume moito xa que
coñecín un lugar novo na nosa terra galega. Nunca cheguei a pensar que un
albergue fose coma o que vimos, cheo de liteiras, e, sobre todo, impactoume un cartel que vin
alí que poñía “Silencio a partir das 23:00 h”.
A igrexa de San Nicolao
pareceume preciosa e coñecer a súa verdadeira historia do porqué se fixo así
tamén. Despois de todo iso, fixemos a camiñada do río Loio, sendo este un hábitat natural
único de Galicia, foron 7 km de chuvia, risas e ganas de chegar a ese final
onde nos esperaban aqueles marabillosos xeados, que sabían xenial!
Samuel Fernández
Así mesmo o alumnado do Club de lectura elaborou unha completa reportaxe gráfica sobre o evento:
|
Á esquerda, as pedras numeradas de San Nicolao (Antón). Á dereita, o río Miño (Xiana)
|
|
Ruta do Loio de Samuel e Xiana, respectivamente
|
|
Á esquerda, igrexa de San Pedro (Samuel); á dereita, San Nicolao (Iris e Uxía)
|
|
Á esquerda, Ponte da Retorta (Iris e Uxía); á dereita, fervenza (Samuel)
|
|
Igrexa de San Nicolao, fachada e porta (Martín Díaz)
|
|
Á esquerda, igrexa de San Pedro (María); á dereita, fonte fronte a igrexa (Martín Díaz)
|
|
Casa onde apareceu o óso (María) e casa asolagada (Martín Díaz)
|
|
Á esquerda, Hotel Ferramenteiro; á dereita, inicio da ruta do Loio (Iris e Uxía)
|
|
Á esquerda, alambique (Carlos); á dereita, escalinata e capela das Neves (María)
|
|
Á esquerda, xoaniña na lavanda (Antón); á dereita, flor de romeu (María)
|
|
Á esquerda, marca de canteiro en San Nicolao (Antón); á dereita, igrexa de San Nicolao (Carlos)
|
Á esquerda, fervenza (Carlos); á dereita, fervenza da Ruxidoira (Antón)
|
Carballo milenario (María)
|
|
Ponte nova sobe a vella (María)
|
|
A tropa do Club de lectura
|