Amosando publicacións coa etiqueta Nós cantar cantamos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Nós cantar cantamos. Amosar todas as publicacións

23 febreiro, 2019

Pois son de espricansa pouca


Alá, no seu día, á volta do ano de Rosalía, prupuxemos facer unha escolla de trinta e seis poemas de trinta e seis mulleres.

O número e o lema viñan dados por Cantares gallegos.

As ilustracións realizáronse desde as aulas do Bacharelato de Artes de 2º BAC.

Paga a pena lembrármolo.


25 febreiro, 2015

Nós cantar cantamos: o libro

Comezamos o ano pasado e case non chegamos.

Tiñamos que poñerlle o ramo ao ano de Rosalía (2013). Pensamos en escoller trinta e seis poemas de trinta e seis mulleres. Trinta e seis e trinta e seis baixo o lema “Nós cantar cantamos”, pluralizando o verso rosaliano “Eu cantar cantei”.
Así llelo propuxemos a alumnas e alumnos do IES “Pintor Colmeiro” de Silleda e do IES “Ramón Mª Aller Ulloa” de Lalín. Deles e delas saíu a selección.
As ilustracións fixéronas desde as aulas do Bacharelato de Artes de 2º BAC do IES “Ramón Mª Aller Ulloa”.


27 febreiro, 2014

Nós cantar cantamos (7 e 8)

Canta dareiche
Boliños do pote


Ilustración de Uxía Sánchez
Ilustración de Daniel Cuñarro
[Fixéroonos notar que, ao premer nas imaxes, saía un jpg de moi baixa resolución que non permitía nin ben ler o texto. Certo. Probade nestas e nas anteriores: veredes un PDF ben xeitoso.]