20 decembro, 2016

Boas vacacións

Pois seica se pode botar man do humor e un chisquiño de irreverencia para felicitar o nadal.
Así o considerou Adela e así o premiou o xurado do concurso de postais.


Parade algo en descubrir detalles. Paga a pena.

E que dicides da "letanía" que lle mandou?



07 decembro, 2016

Marela para o Reino protista.

Sempre nos anima facer unha Marela en papel.


 Neste caso, o material que nos mostrou o noso equipo de expedición ao Reino protista pareceunos moi aquelado para argallar unha.

Xa sabedes. Se a queredes descargar, está á vosa disposición. (Nunha destas, mesmo teremos que facer unha guías de instrucións de impresión e montaxe.)

30 novembro, 2016

Una recomendación: "Al pie del corazón", de Daniel Cepeda

Este precioso libro de poesía que recientemente ha publicado Daniel Cepeda es ya una ilustre materialización de esa idea de José Ángel Valente de que la poesía es memoria. Pero no memoria de la experiencia externa, sino de la vida de ese experimentador infatigable que es el corazón, al que algunos también llaman mente.

Pertrechado de la sólida dicción aprendida en la poesía española surrealista y de la segunda generación de posguerra, Cepeda disecciona la construcción de una identidad a través de la vivencia reflexiva del amor, la soledad, la frustración, el desarraigo y, siempre, de la esperanza. El ritmo de estos versos, arduamente trabajados y corregidos en busca del nombre exacto de las cosas, acompasa una lectura que estimula y emociona, de corazón a corazón.


ALBA DEL SUEÑO
                     Saber que se ama, mortal certeza.

                     Cómo tristemente, al amparo de los días,
                     se van reuniendo aquellos vientos de un mar lejano
                     con estos otros sin sombra, sin dios.
                     Solo en su denuedo campa el aire refrescando
                     las núbiles hojas que dieron paso a la caída irrenunciable,
                     así los arroyos van llenando de voz tétricos llanos
                     sin aroma; verdes, pero secos al fin.

                     ¿Sabrá este silencio, este fluir de bruma entre los álamos,
                     que yo te amo mientras camino al filo del alba?
                     Pero ha de llegar el mar como una callada aurora sin bordes,
                     entrándose en el corazón igual que en una ensenada de viva                                        espuma]
                     cuyo centro fueran tus ojos boreales,
                     tu sendero de luz
                     hacia mí mismo.

28 novembro, 2016

Premios á mellor sintonía romántica.

Máis música. O venres 22, entrega dos premios de composición á mellor sintonía romántica.



Poderemos escoitar as interpretación de Antón Figueroa (do IES Sar), gañador de secundaria, e dos galordoados de bacharelato, que actuaran en conxunto.

24 novembro, 2016

Seres modélicos. A exposición

Esta semana conclúe a exposición Seres modélicos. Entre la naturaleza y el laboratorio.

Acudimos con frecuencia ao material de CSIC e este é dos que máis nos gustou.

Van unhas fotos con xente de 1º ESO traballando nela.






Pódese descargar o tríptico (en issuu) de seguimento.

23 novembro, 2016

Encontro con... O reino protista

O curso pasado recibimos a invitación de Jesús López Romalde, catedrático de microbioloxía da USC, para presentar un traballo na XVI Reunión do grupo especializado en filoxenia, taxonomía e diversidade da SEM. Natalia Fernández aceptou a invitación, formou un equipo co seu alumnado de bioloxía de 1º BAC e alá marcharon... a investigar o Reino protista
 
O venres 25, expoñérannos o traballo que, en xuño pasado, configurou a súa comunicación na reunión citada.

Será ás 12.50, na biblioteca.



22 novembro, 2016

Historia da música en 7 minutos.

Para quen non teña moito tempo de repasar a historia da música, aquí a ten (en sete minutiños).




Marabilla, eh?

21 novembro, 2016

Historia da música en BD



Xa vistes que mañá temos concertos na biblioteca. Que vos parece se os acompañamos dunha lectura en BD? 



Bernard Deyries e Denys Lemery ofrécennos unha historia da música en BD que podes descargar en PDF ou ler en liña (ben en issuu, ben en SlideShare).

18 novembro, 2016

IV Concurso literario "Mª Vitoria Taboada"

O Instituto Ramón Mª Aller Ulloa convoca o IV Concurso literario Mª Vitoria Taboada de poesía, relato curto e  skecht teatral, dirixido ao alumnado de secundaria dos centros dezaos.


https://issuu.com/marelatarabela/docs/diptico_vitoria_2017

Preme no cartel para ver as bases.

17 novembro, 2016

BE, territorio das artes: Música

A semana do 21 ao 25 será a música a que nos agasalle coa súa visita.

https://issuu.com/marelatarabela/docs/semana_da_m__sica

Preme na imaxe para descargar o programa de man.

14 novembro, 2016

Chus, académica

Hai dez días que o pleno da RAG elixiu académica numeraria a Chus Pato.



Parabéns, académica Chus. Xa sabes que ás veces tardamos máis do que desexariamos.

09 novembro, 2016

Seres modélicos. One Rat Short

Fonte da imaxe.
Andamos coa excelente exposición Seres modélicos, entre la naturaleza y el laboratorio e, dentro do  material complementario con que a acompañamos, incluímos esta curta -One Rat Short- que ben paga a pena.



WELL, Alex (2006): One Rat Short. Charlex Films. EEUU.

03 novembro, 2016

Marat Basyrov : Segundo advento



Velaquí tedes a tradución do segundo relato de Marat Basyrov, que nos regalou Perfecto Andrade.

LOCKHART, Susan (2010) :Right Fallopian tube and ovary

Segundo advento.

 

Non sei se che gustará a historia que me dispoño a relatar. Nin se paga a pena que a conte. Pero quero comprender, señor. Ti non só es o meu principal lector, senón que tamén es o inspirador, e precisamente por iso debes escoitala o primeiro. Aínda que, por outra banda, que che podo contar que ti non souberas?
E ti sabes como quere unha muller que a amen? Como chora polas noites en pena por ese mesmo amor? Ti mesmo lle deches ese penar. E as bágoas, e a almofada. Décheslle incluso o que non ten e o que nunca terá.
E agora di, lembras a María, a rapaciña da aldea que era toliña da cabeza e en consecuencia tamén da papuxa. Lembras como lle metía a avoa ideas, suxeridas por ti?
-       Importante non é ser listo –repetía a vella.  O importante é que te queiran.
-       Que te queira quen? –preguntaba María pestanexando.
-       Pois todos!
-        E como?
-        Pois de todos os xeitos!
Cada un quere como sabe, con que queira –precisamente iso tiña en vista a vella. E ti como proferías? Namórate do teu próximo con todas as túas febles forzas? Namórate do que está á beira, do que está detrás e diante, o que está dentro de ti e o que está fóra, por debaixo e por riba de ti? Namórate dos que sermonan, dos que se burlan e se inclinan, se entregan a excesos e traman? Esas son as túas verbas, señor? Miñas non son, dígocho fixo. Calquera verba, túa, comprende todo! Mesmo a última descarada non a inventei eu.
E ti lembras como se ocupaba María coa boneca? Como pasaba os ollos polo único espello, tentando no reflexo dexergar o teu rostro? Para que te agochabas da rapaza babeca en murmurios e renxidos, en suspiros nocturnos no faiado, nas explosións do vento e no ruído da choiva? Para que, xogando a esas agochadas, facías de xeito que ela sempre levara o xogo? Por que non te precipitabas tras ela cando se mancaba os xeonllos e non a recollías cando caía? Onde estabas cando ela choraba amargamente?
E despois, cando morreu a avoa e María ficou totalmente soa? Lembras como te chamaba, como che pregaba para que a fixeses comprender? Para que lle explicases que tiña que facer logo?

24 outubro, 2016

Día da biblioteca

Por segundo ano consecutivo, o concello de Lalín, a través da concellería de cultura, celebra o día da biblioteca cunha representación teatral.

Ten lugar no Salón Teatro e a ela están convidados todos os grupos de sexto de primaria e primeiro de ESO dos centros do concello.

Este ano tócalle a:




13 outubro, 2016

XX anos da Rede de bibliotecas escolares

Pois si si, 20 aniños de rede de bibliotecas escolares. Máis de un millón de escolares, é dicir, o 76,5% do alumnado de ensino primario e secundario ten acceso a unha biblioteca escolar en condicións.
Falamos de Portugal e estremecemos lembrando todo o que de alí fomos aprendendo.

Mirade un resumo no Público.

07 outubro, 2016

Víctor Mora (1931-1916)



Deixounos, no verán, Víctor Mora. A débeda é grande e a homenaxe pequena: esta esquivia exposición que aquí vedes, acompañada da Guía dos cerditos de Guinea, e pouco máis.


Podedes, iso si, acudir (ou regresar) ao Capitán Trueno, ao Jabato, ao Sheriff King, a Dani Futuro, ao Corsario de Hierro, ao Cosaco verde ou ao que para vellos seguidores dos aventureiros de Víctor Mora serán unha sorpresa: Las Crónicas del Sin Nombre.

06 outubro, 2016

Marat Basyrov: Vexo

Coa gallo do Día Internacional da Tradución que se celebrou o 30 de setembro, o noso compañeiro Perfecto Andrade agasallounos coa versión galega de dous relatos do escritor ruso Marat Basyrov. Por causa de cerellos nosos, non puidemos subilos no seu día á Marela. Agora si. Velaquí tedes o titulado Vexo (Я вижу). Probablemente a primeira tradución deste autor a unha lingua ibérica.

Fonte da foto (wellcomeimages.org)

Vexo



Marat Basyrov




Ivánov é o meu amigo. Tatexa con forza. E eu teño miopía. Somos semellantes. Eu case non vexo nada sen gafas, e Ivánov non pode dicir nin palabra.

Cando o chaman ao encerado, toda a clase entretense con el. Nos intentos de dicir retórcese coma se o queimasen cun soldador. Eu quito as lentes para non ver como sofre.

Antes das vacacións de inverno, el dime:
- En Tbilisi vive un curandeiro. Cura todo, incluso a miopía.

Pronunciar iso case lle leva unha eternidade.

- Perdes a vista? -pregunto.

- Perdo a paciencia -responde.

Falo cos pais, prégolles, e velaí que, despois de aninovo, Ivánov e mais eu voamos a Tbilisi.

Xusto antes da aterraxe, no avión empeza a cantar Kikabidze. Non en directo, claro, senón na radio.

Encóntranos a mañá invernal xeorxiana – é sonora, atravesada polo sol e unha fala allea. Nós imos ao barrio vello da cidade, buscamos a rúa Vashliudjvari. Cruzamos unha ponte. Por baixo de nós flúe o río Kura.

Saímos na parada precisa e baixamos por unha ruela estreita. Imos pola beira de terreos con casas. Arredor árbores, arbustos, terra núa. Adiántannos dous rapaces que levan diante aros de rodas de bicicleta. Os aros soan, rebotando nas pedras. Parece que toda a rúa tinguelea. Cheira a fume de cacharela. O aire é transparente e limpo, tal que a cabeza dá voltas.

O apelido do curandeiro é Kenchadze. Ten unha gran casa de tres pisos. Ademais no súa parcela hai un cabanote longo. Nel recibe os enfermos.

Hai moitos, hoxe, unhas corenta persoas. Chegaron de todos os lados, de todo o país. Din que Kenchadze cura todas as enfermidades. E a miopía e a tartamudez cáscaas coma noces. Poñémonos á cola dentro do espazoso habitáculo. Finalmente chega a nosa vez.

O curandeiro Kenchadze é un mozo sinxelo a simple vista. Sen afeitar. Leva unha cazadora de coiro riscada e unha viseira. Téndolle cinco rublos, el agóchaos no peto do lado. Despois empeza a darme masaxes nas mans.


19 setembro, 2016

R. 22.500

Ficha editorial

Hai libros que deben estar nunha biblioteca. O Cántico cósmico de Ernesto Cardenal é un deles.

As escolmas temáticas que, ás veces, facemos á volta dalgunha actividade axúdannos a identificar ausencias.

Este foi o caso. Co gallo do cincuentenario de D. Ramón Aller, procuramos poemas relacionados coa astronomía e detectamos diversos baleiros na nosa colección. O do Canto cósmico era o máis inxustificable.

03 setembro, 2016

Una recomendación: "Reparar a los vivos", de Maylis de Kerangal

Reparar a los vivos es un emocionante relato de las historias que se entrecruzan en ese milagro de la medicina moderna que es el proceso de donación de órganos. Aunque presentado como una novela, se debe leer más bien como un extenso reportaje literario sobre el tema, en el que la autora mezcla la ficción con datos e informaciones precisas sobre el mismo. 

Pertrechada de una extrema pericia como narradora y de un torrencial caudal expresivo, Maylis de Kerangal recoge los extremos de la angustia y la desesperación encarnados en la muerte y en su amenaza, y los une con delicadeza en la prodigiosa maquinaria humana y técnica que lleva a cabo los trasplantes. Cuando en la vida llega a dar la sensación en ocasiones de que todo es caos y desolación, la lectura de esa apasionada aventura de nuestro tiempo que es la reparación de los cuerpos nos protege del pesimismo y nos recuerda que siempre hay motivos para lo contrario.


23 xuño, 2016

Viaxe-agasallo de fin de curso da Biblioteca


26 dos nosos mellores lectores levaron a Biblioteca do Aller Ulloa ao Castro de San Cibrao de Las (excelente o traballo do Parque Arqueolóxico) e aos Mosteiros de San Pedro de Rocas e Santa Cristina e Santo Estevo de Ribas de Sil. 






20 xuño, 2016

Toc-toc_A : Motor mendocino

Emma e Xaime

Nesta maqueta buscamos un deseño de máquina rotativa que funcione exclusivamente con enerxía dispoñible no espazo (solar). Debido á baixa densidade desta enerxía, débese optimizar o rendemento e reducir ao máximo os rozamentos. Por este motivo, faise un deseño no que o rotor non apoia sobre rodamentos senón que levita coa axuda de seis imáns permanentes.

A enerxía que fai rodar o motor procede de catro células fotovoltaicas que se conectan ao bobinado do rotor. A partir deste feito, o funcionamento do motor imita ao de calquera motor eléctrico clásico, no que a enerxía eléctrica se leva a un devanado indutor que xera un campo magnético que interactúa á súa vez co campo magnético do estátor e produce un par de forzas que leva á rotación.

Temos a presentación:


Tamén o vídeo:
 

16 xuño, 2016

Marela B.D : 100.000

Hai catro anos, abrimos un blogue (Marela B.D) a xeito de catálogo da nosa colección de banda deseñada. Tratábase dunha colección bastante salvaxe e feita por aluvión. A Marela B.D  axudounos a avaliala, ampliala e equilibrala. O mes pasado acabamos por incorporar os últimos exemplares adquiridos antes de 2012. Onte recibimos a visita cen mil.

Malia non se ver o último 0, imprimimos media ducia de pantallas co 100.000 e vinte e catro obras, que poden dar idea do resto da colección (uns novecentos títulos).







Por certo, as publicación máis visitadas foron: