Este mércores 28 o profesor Xoán Carlos García Porral trasladouse ata o noso centro para explicarnos algunhas cuestións básicas sobre a toponimia do concello de Lalín.
Deste xeito, o alumnado de 2º de ESO, achegouse á orixe dos microtopónimos, a súa clasificación e o seu valor como patrimonio inmaterial e elemento identitario. Zootopónimos, antrotopónimos, orotopónimos, hidrotópónimos... que se van perdendo cos cambios socioeconómicos que estamos a vivir: dos estragos da Concentración Parcelaria ás desfeitas dos eólicos. Nomes de leiras e camiños que nos axudaba a comprender a historia recente da nosa contorna e que, inexorablemente, se van esquecendo.
A actividade enmárcase dentro do Proxecto da biblioteca "Lalín, a vila das mil vacas", coordinado pola profesora Carmen Frade e co que este alumnado estivo a traballar a relación da toponimia lalinense coa actividade agropecuaria.