31 outubro, 2014

Encontro (dobre) con... Gonzalo Navaza

Vai facer dobre xornada Gonzalo.

Ás once, estará na biblioteca para comentar a súa obra literaria...


Á unha, no Salón Teatro, xuntarémonos os dous institutos de Lalín (e quen queira) para escoitalo falar sobre O matemático Rodríguez e celebrar o Día da ciencia en galego.



Tamén recuperaremos, na entrada do instituto a exposición  O home do saco, un percorrido pola transformación urbanística de Lalín, da man do relato de Erros e Tánatos.

30 outubro, 2014

27 outubro, 2014

28-O: Dia mundial da animación. Suxestións 2014

Como fixemos o ano pasado pedímoslle a Seve unha  selección de curtas para celebrar o Día mundial da animación. Este ano, con obras do 2013 e o 2014, proponnos dúas sesións de cincuenta minutos lambidos.


Astigmatismo(N. Troshinsky, 2013) Vimeo 4’  

Ex Animo (W. Wojtkowski, 2013) 7’

The Dam Keeper (D. Tsutsumi - R. Kondo, 2014) Trailer. 17.57'

Laznia [Baths] (T. Ducki, 2013) Trailer
La maison de poussiere (J.-Cl. Rozec, 2013) 13.15'
Me+Her (J. Oxford, 2014)  Trailer 11.57' 
Padre (S. Bou Grasso, 2013) Trailer 11.55'

Hasta Santiago (Mauro Carraro) Vimeo.  12.45'

Wandering (Sophie Racine, 2013) 5.07' En vimeo

Wind (Robert Loebel, 2013) Vimeo 3.48'

O caso é que Moncho e Manel quérense sumar á festa e reprochánnos non termos esta longametraxe de 2010. Pois xa está, xa a temos.


25 outubro, 2014

Poetemáticas 4 : Thvia Shetley




Thvia Shetley usa termos das matemáticas para describirse como un produto  de todas as mulleres que a precederon, e como tal, transmisora dese legado.
 
Thvia Shetley uses mathematical terminology to describe herself as a product of all her women ancestors and as a woman who will pass on that legacy.

Algoritmos maternais (de Thvia Shetley)

Eu son a suma das idades                                        

empezando antes da miña nai

antes da miña avoa,

e antes da nai da miña avoa.



Eu son  o produto das súas eleccións matriarcais,

o cociente das súas accións, reflexións, e auto-imaxes.

Eu son a diferenza das súas xeracións.



E lego a ecuación desta herdanza

ás matrices dos meus legados vivos.  




Maternal algorithms (By Thvia Shetley)

I am the sum of the ages
beginning before my mother,
before my grandmother,
and before my grandmother's mother.
 
I am the product of their matriarchal choices,
the quotient of their actions, reflections, and self-images.
I am the difference of their generations.
 
And I bequeath the equation of this inheritance
to the matrices of my living legacies.

[Tradución de Minia Bongiorno]

22 outubro, 2014

Poetemáticas 3 : Pequeno livro de desmatemática

Manuel António Pina deulle a volta a iso de que as matemáticas están en todo e decidiu que todo estaba nas matemáticas. Se non o credes, buscade o seu Pequeno livro de desmatemática, ilustrado por Pedro Proença.

Tal como nos comenta Andreia, en O bicho dos livros: "Pequeno livro de desmatemática conta com a polissemia da palavra ‘contar’ para levar a lógica abstracta e científica da matemática para o universo narrativo, em verso e em prosa."

Nós escollemos este:
A história do i
O i, número imaginário
com muita imaginacão,
lmaginara o cenário
para um filme de ficcão,

A história começava
dentro duma equacão
de segundo grau, e o vilão
era uma raiz quadrada

da fórmula resolvente
que assaltava
à mão armada
um pobre x que passava,
roubando-lhe o expoente.

O herói, um matemático,
perseguia-a tenazmente
de equacão em equacão

até uma de quinto grau.

Aí, a raiz quadrada,
finalmente encurralada,
sem fórmula de esconder-se,
acabava por tender-se.

A ideia era excelente,
o final um teorema.
Ficariam certamente
na História do Equacinema
.

Mas o público queria
filmes de geometria,
ángulos obtusos, tangéncias,
estúpidas circunferências ...

Por isso o i nunca mais
se deu a fazer ficc
ão.
Cedeu: «N
ão gasto imaginacão
com números irracionais!»
 
A editorial, ofrécenos os Os consellos dun matemático prudente en PDF.

http://recursos.bertrand.pt/recurso?id=9591618

Aquí tedes un artigo da Redalyc, no que "se presenta una reflexión acerca del concepto de competencia literaria y de las implicaciones que el texto literario de receptor explícitamente infantil tiene en su formación. Recurriendo al análisis de la obra Pequeno Livro de Desmatemática, de Manuel António Pina, una de las voces más originales del actual panorama literario portugués, se muestran como modelos algunos ejemplos de estrategias técnico-discursivas profundamente innovadoras y potencialmente beneficiosas para la competencia literaria".

Desde aquí podedes descargar unha fermosa guía de lectura (guião de leitura), en PDF, para xente máis ou menos miúda.