Desde o 3 de abril podemos acceder á consulta da edición contemporánea d'A Nosa Terra, cabeceira nacida en 1907 e renacida en 1977. A súa dixitalización, froito da colaboración entre a Fundación A Nosa Terra e o Consello da Cultura Galega, ofrécenos a posibilidade de percorrer tres décadas da análise xornalística da realidade galega en edición impresa ata xullo de 2010, desde o período da restauración democrática. Malia os problemas económicos a cabeceira proseguiría o seu labor en formato dixital, pechando temporalmente en setembro de 2011, para retomar a edición electrónica en 2018.
Sen dúbida unha moi boa nova para estudosos do xornalismo galego e da historia máis recente, mais tamén para nostálxicos ou simplemente para remexer.
Preme na foto para acceder:
Amosando publicacións coa etiqueta Recomendacións dixitais b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Recomendacións dixitais b>. Amosar todas as publicacións
08 abril, 2020
30 marzo, 2020
GaliciaLe en aberto
A plataforma GaliciaLe abre o seu catálogo de préstamos dixitais con máis de 4.500 títulos entre libros,
revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas
públicas galegas co obxectivo de facilitar o acceso de toda a
cidadanía á cultura nestes momentos de confinamento.
Entra en GalicaLe e infórmate.
Entra en GalicaLe e infórmate.
En GaliciLe infórmasevos de que, de non terdes carné de biblioteca, debedes de vos rexistrar e coas claves recibidas, accederedes igualmente a eBiblio Galicia e ao Catálogo galego...
10 xaneiro, 2020
Álbum de Galicia
O Consello da Cultura Galega vén de inaugurar o espazo dixital Álbum de Galicia.
Unha colección de biografías de persoas sobranceiras en moi diversos ámbitos, co obxectivo, como indica o propio Consello da Cultura Galega, de "dar visibilidade e perspectiva de conxunto ás numerosas mulleres e homes, xa finados, que contribuíron de maneira significativa á sociedade galega ao longo da súa Historia" e que, "en moitos casos, seguen a ser grandes descoñecidos para o público de todas as idades, de dentro e de fóra do país".
A seguir o enlace a Ramón María Aller Ulloa e a José Rodríguez, o Matemático de Bermés.

14 marzo, 2019
Cancro: recomendacións gráficas
Mañá recibiremos a investigadora Jeanette Rodríguez Val. Pensamos que é unha boa ocasión para facermos algunha recomendación gráfica sobre o tema do cancro.
¡SuperJ al rescate! son cadriños divulgativos de Jesús Sánchez Ruíz, publicados pola Fundación CRIS contra el cáncer. Sinxelos e moi didácticos.
Tamén na rede: Un día como hoy el cáncer de mama entró en casa, grazas á SESPM e Pfizer.
Hai un feixiño de obras que podedes atopar na biblioteca e que se centran no xeito de enfrontaren a enfermidade os doentes e o seu círculo máis próximo.
03 marzo, 2019
Medicina gráfica
Procurando a definición máis simple, poderiamos dicir que medicina gráfica é o uso da banda deseñada como ferramenta de comunicación sanitaria.
No sitio Medicina gráfica, podemos ampliar a definición, pero o fundamental é que nos fixemos na selección de obras e na información que nos proporciona sobre elas: Tema, puntos fortes, por que é medicina gráfica, ligazóns de interese e unha ficha resumo como esta:
Para profundarmos sobre a medicina gráfica, temos o excelente recurso que, como sempre, nos proporciona a imprescindible Tebeosfera no especial que lle dedica e que foi o punto de partida para esta suxestión.
Consultando un e outro, puidemos comprobar que no noso catálogo temos varias das obras que analizan. Bótalle unha ollada.
Ah! Asociada, ou como unha parte da Medicina gráfica, temos a Patografía gráfica: BD centrada nunha enfermidade narrada por un dos seus protagonistas.
![]() |
| Añadir leyenda |
desde Toc-toc_A Ciencia
03 decembro, 2015
Ano internacional da luz: visións desde o Portocartoon.
Pensabamos que xa fixeramos a despedida do Ano internacional da luz, pero velaí que nos pasara inadvertido o Portocartoon, un encontro de "cartoonistas" que celebrou a súa XVII edición, na que o tema central (caricaturas á parte) se lle dedicou á luz.
Paga a pena pararse nas obras máis significadas:
Primeiro premio: Alessandro Gatto: Window (Italia)
Segundo premio: Izabela Kowalska-Wieczorek: Safelight (Polonia)
Terceiro premio: Andrei Popov: Lantern (Rusia)
Mencións de honra:
Isto é só un bocadiño do que podedes atopar no Museo virtual do Cartoon. Animámosvos a unha visita demorada.

| Constantin Sunnerberg: Morning |
![]() |
| Mojmir Mihatov |
![]() |
| Omar Figueroa Turcios: La luz |
![]() |
| Andrei Popov: Light from the window |
![]() |
| Andrei popov: Wood pecker |
Isto é só un bocadiño do que podedes atopar no Museo virtual do Cartoon. Animámosvos a unha visita demorada.
08 marzo, 2015
8 webcomics (de mulleres) no 8 de marzo
Tampouco é doado atopar webcomics de mulleres, desde mulleres, na rede. Hainos, claro que os hai, pero son os menos.
A pesar diso, aínda resulta máis difícil seleccionar oito, só oito! Estas cousas hainas que facer sen pensar nos que quedan fóra. Van estes oito e van porque o merecen (algún máis temos recollido -este ou estoutro- baixo a etiqueta literiatura, de feito aquí só traemos unha autora que xa presentaramos antes, a única que estaba por partida dobre..., iso si que non é casualidade!).
O primeiro, claro, debe ser o máis próximo. Desde setembro de 2008, leva Sabela Arias con Historias de Icía e avoa, vaia para ela a nosa primeira homenaxe:
Magola xa sumou vinte militantes e reivindicativos anos nas tiriñas de Nani Mosquera e non para de enfrontarse a constante retos:
Na longa e expléndida obra de Laerte Coutinho (unha entrevista), Muriel vén sendo alguén moi, moi, moi especial, tanto que pode ser Hugo que, non raro, é Muriel, inseparable de Hugo, e así. Ben ela -el- teno claro, pero non lle sucede igual a todo o mundo.
Di Julieta Arroky que É un mondo difficile, pero a ollada de Ofelia faino algo máis cálido:
Clara Gomes constrúenos un mundo de bichinhos de jardim que máis parece unha galaxia para entenderse co universo:
Agustina Guerrero é capaz de velo tan claro que mesmo dá para pensar que a vida era así como era. Esta viñeta é fabulosa:
Os territorios do cotián que nos mostran Cibele Santos, Camila Tomazini e o resto do equipo en Mulher de 30 é tan verosímil que ata semella que a realidade se ten de adaptar aos cadriños.
Quan Zhou, como o seu propio nome indica naceu nun taxi en Algeciras. Gazpacho agridulce é o espazo máis noviño da antoloxía. Comprobade que fai honor ao seu nome:
E aí van os oito e aquí quedo co remorso de non traer máis. Ben, como no de Icía e avoa non adoita haber secuencia e non debería contar, podo achegarvos este de sete (estalos) sen facer trampa.
O que non é trampa é se, aproveitando a ocasión, vos suxiro dúas guías de lectura que poden vir ao caso: Còmics en femeni editada por Biblioteques de Barcelona xa leva tempo na rede.
Estoutra, do centro de documentación María Zambrano, é de finais do ano pasado.
E non esquezades que a nosa colega da Marelabe lava cismando un tempiño en presentar heroínas BD.
A pesar diso, aínda resulta máis difícil seleccionar oito, só oito! Estas cousas hainas que facer sen pensar nos que quedan fóra. Van estes oito e van porque o merecen (algún máis temos recollido -este ou estoutro- baixo a etiqueta literiatura, de feito aquí só traemos unha autora que xa presentaramos antes, a única que estaba por partida dobre..., iso si que non é casualidade!).
O primeiro, claro, debe ser o máis próximo. Desde setembro de 2008, leva Sabela Arias con Historias de Icía e avoa, vaia para ela a nosa primeira homenaxe:
![]() |
| 8 de marzo 2014 |
Magola xa sumou vinte militantes e reivindicativos anos nas tiriñas de Nani Mosquera e non para de enfrontarse a constante retos:
![]() |
| 19-10-2014 |
![]() |
| 10-6-2013 |
![]() |
| 10-1-2014 |
![]() |
| Mira |
Os territorios do cotián que nos mostran Cibele Santos, Camila Tomazini e o resto do equipo en Mulher de 30 é tan verosímil que ata semella que a realidade se ten de adaptar aos cadriños.
![]() |
| 1-8-2014 |
![]() |
| 6-10-2014 |
O que non é trampa é se, aproveitando a ocasión, vos suxiro dúas guías de lectura que poden vir ao caso: Còmics en femeni editada por Biblioteques de Barcelona xa leva tempo na rede.
Estoutra, do centro de documentación María Zambrano, é de finais do ano pasado.
E non esquezades que a nosa colega da Marelabe lava cismando un tempiño en presentar heroínas BD.
02 febreiro, 2015
Quadrinhos e física: Edgar
Edgar é un inadaptado, un incomprendido (tan incomprendido como a física!) e decide cambiar de vida:
Tamén é certo que a física lle axuda a vencer determinados contratempos e desasosegos:
O caso é que nós podemos acompañar Edgar na procura dunha nova vida e irmos atopando unha chea de fenómenos naturais que ben merecen a súa explicación científica.
A crónica dos días de Edgar é relatada por Gustavo S. Borges, tamén autor do biográfico 30 minutos e do imprescindíbel A entediante vida de Morte Crens.
Cada episodio vai acompañado dun vídeo explicativo, no que o profesor Giovane Mello nos aclara o fenómeno físico ao que acabamos de asistir.

14 xaneiro, 2015
Albízaras! O 0 do noveno 9 xa está aquí.
O noveno 9 é a revista elaborada polo Garaxe Hermético. Escola galega de Banda deseñada.
O número cero (3 días de oscuridade) xa está aquí: son case noventa páxinas con doce relatos de diversa temática e estilos.
Descárgao xa. É de balde!
O número cero (3 días de oscuridade) xa está aquí: son case noventa páxinas con doce relatos de diversa temática e estilos.
Descárgao xa. É de balde!
25 decembro, 2014
A gran guerra [VIII] : Un Nadal moi especial
Un Nadal moi especial foi o celebrado hai cen anos nas trincheiras.
Así de ben nolo lembra Charly Montero desde Dibunews. La actualidad dibujada.
(Sirva, de paso, para propoñermos unha visita e atento seguimento a Dibunews, da que soubemos grazas a Fátima Elidrissi en El mundo)

11 decembro, 2014
A gran guerra [IV]: Exposición virtual da BNF
Evocando o inicio da gran guerra, a BNF ofrécenos, desde hai meses, unha das súas extraordinarias exposicións virtuais: La guerre de 14-18.
Con múltiples ligazóns a textos e imaxes, complétase con documentos de todo tipo e organízase en catro partes:
![]() |
![]() |
| Pourquoi? |
![]() |
| L'Europe en 1914 |
![]() |
| La guerre à l'horizon |
![]() |
| Le choc |
07 decembro, 2014
Criaturas. Ei carballeira!
Xa hai unha miguiña que se pode descargar o Número cero da Criaturas, revista dixital de literatura infantil e xuvenil.
Coordinada por Ledicia Costas e Daniel Landesa, dispón dun consello editorial de sete estalos.
Visítámola, tan preciosa como necesaria.
Longa vida!
18 setembro, 2014
24 marzo, 2014
Os mosteiros galegos sen saír da casa
Desde logo, o mellor é visitalos. De non poder ou de querer preparar a visita, o recurso que nos ofrece Turgalicia é excepcional: as visitas virtuais a mosteiros galegos é unha marabilla. Non están todos, pero si todos estes:
![]() |
| Imaxe de San Pedro de Rochas |
- San Martiño de Xubia
- Santa Clara de Ribadeo
- San Xoán de Caaveiro
- Santa María de Sobrado
- A Magdalena
- San Xulián de Samos
- San Estevo de Ribas de Miño
- Santa Cristina de Ribas de Sil
- San Vicente do Pino
- Clarisas
- Nosa Señora da Antiga
- Ferreira de Pantón
- Santo Estevo de Ribas de Sil
- Santa María Xunqueira de Espadanedo
- San Pedro de Rochas
- Santa María de Montederramo
- Santa Clara de Allariz
- San Salvador de Celanova
- Santa María de Melón
- San Clodio de Leiro
- Santa María de Oseira
- San Diego de Canedo
- Santa María de Aciveiro
- Santa María de Oia
- Vilavella
- San Xoán de Poio
- Santa María de Armenteira
- San Domingos de Bonaval
- San Francisco
- San Martiño Pinario
- San Paio de Antealtares
- Santa María de Belvis
- As Orfas
25 febreiro, 2014
Albertina e o lobo
Foza, fozando na Rede, demos coa revista Hermano Lobo: semanario de humor dentro de lo que cabe completamente dixitalizada. Vaia alegría! Vaia manancial interminábel de recursos!Hermano Lobo (11-5-72 / 6-6-76) é, entre outras cousas, unha crónica lúcida do tardofranquismo e os primeiros boubeleos da transición. Visitar as súas páxinas non só pode axudar a reconstruír unha época, senón tamén a comprobar a actualidade de moitos dos seus contidos.
Aberto ao chou un número, quixo a casualidade que nel (6-12-1975) atopásemos unha columna de novidades literarias asinada por Albertina. Aínda nos provocou unha boa risallada! Maior aínda ao comprobarmos que algunha xente dubidaba da parodia! Procuramos máis colaboracións, máis "libros nuevos", pero nos as achamos. Así que transcribimos en entradas anteriores as que había.
Por certo, dentro da mesma iniciativa, tamén podemos ver Tiempo de historia e Triunfo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)