16 marzo, 2016

Astro_poemas (7) : Ovidio

Fonte imaxe

Metamorphoseon (As metamórfoses) de Ovidio fixan un dos grandes modelos da literatura universal. A narración da historia do mundo desde os seus inicios densenvólvese en clave mitolóxica, polo que non é estraño o encontro coa cosmoloxía. 
No libro II recóllese o mito de Faetón, o fillo do Helios que lle rouba o carro (o Sol) ao pai e, despois de provocar diversas catástrofes, acaba matándose.
Este fragmento, a descrición do palacio do Sol, sitúase ao principio do libro.

LIBER SECUNDUS
[O PALACIO DO SOL]
Regia Solis erat sublimibus alta columnis,
clara micante auro flammasque imitante pyropo,
cuius ebur nitidum fastigia summa tegebat,
argenti bifores radiabant lumine valvae.
materiam superabat opus: nam Mulciber illic 5
aequora caelarat medias cingentia terras
terrarumque orbem caelumque, quod imminet orbi.
caeruleos habet unda deos, Tritona canorum
Proteaque ambiguum ballaenarumque prementem
Aegaeona suis inmania terga lacertis 10
Doridaque et natas, quarum pars nare videtur,
pars in mole sedens viridis siccare capillos,
pisce vehi quaedam: facies non omnibus una,
non diversa tamen, qualem decet esse sororum.
terra viros urbesque gerit silvasque ferasque 15
fluminaque et nymphas et cetera numina ruris.
haec super inposita est caeli fulgentis imago,
signaque sex foribus dextris totidemque sinistris.

 

[O PALACIO DO SOL]
O palacio do Sol erguíase sobre altas columnas e resplandecía de ouro relucente e de piropo, que semella chamas; tiña os teitos cubertos de brillante marfil, e as dúas follas da porta irradiaban con luz de prata. Pero sobre riqueza dos materiais impoñíase o primor da súa elaboración. Porque neles Múlciber moldeara en relevo os mares que cinguen por todas partes a terra, e a esfera terrestre e o ceo que está suspendido sobre ela.

As augas acollen os seus azuis deuses: o musical Tritón o mudable Proteo, Egeón que cos seus brazos oprime os xigantescos dorsos das baleas, Doris  e as súas fillas, das cales unhas semellan que están a nadar, outras, sentadas nun con, secando os verdes cabelos, e outras navegando sobre peixes; non teñen todas a mesma cara, pero tampouco son moi diferentes, como debe ser tratándose de irmás. A terra ten homes e cidades e bosques e feras e ríos e tamén ninfas e demais divindades do campo. Por riba destas cousas está a imaxe do ceo fulgurante e os signos do zodíaco, seis na folla dereita da porta e outros tantos na esquerda.





Ningún comentario: