28 outubro, 2010

[Rescate VI] “Según uso y costumbre de buen labrador de la tierra”


Entre tanto rebumbio de halloweens, samaíns, magostos e santos e defuntos imos perdendo a idea de que tanta(s) festa(s) remiten á mesma celebración: o final do ciclo agrario, nestes climas atlánticos.

Buscando un buratiño para sumarnos á(s) celebración(s), demos con este documento que compartimos convosco de boa gana.

Trátase dun “contrato de caseiros”, datado en 1950. Non sabemos se é raro, pero tampouco debe ser moi común. Normalmente estes contratos eran orais ou -se este reponde a un modelo- oral era a súa renovación:

“Se establece como duración de este contrato de aparcería, el de un año, prorrogable por tácita reinducción por otro, y así sucesivamente, si en los meses de julio o agosto no se diere a saber, el propietario al casero, o el casero al propietario, que se terminaba el contrato al finalizar el año agrícola, o sea en treinta de noviembre del año en que tal requerimiento se haga”

A min, desde que mo prestou o meu amigo Manolo Crespo, tenme fascinado por varias razóns, entre outras, polas posibilidades que ofrece para un traballo interdisciplinario nas nosas aulas.

Comeza por unha relación de terras e terreos: un feixe de microtopónimos (con algunha mala transcrición –avieiras por avileiras- , castelanización ocasional –Castro de Abajo- ou improvisación ortográfica –Riva da Ribada) que me parece unha marabilla, non só pola súa eufonía, senón para o estudo da lingua da zona ou a, case sempre clara, motivación dos nomes.

O detalle co que se mencionan os cultivos de cereais, de patacas e castañas, os usos forestais ou os hortícolas resultan unha delicia. Tamén o que afecta ao coidado, compra e venda do gando, ao tratamento e aproveitamento do esterco ou ao mantemento que precisa a casa cedida.

E que dicir das precisións contractuais que se debullan en todo o documento?
“Entrégale tambien al casero las relacionadas fincas para que cultive según uso y costumbre de buen labrador de la tierra”
“y tambien serán partidos de por mitad la cosecha de castañas que /…/ serán cogidas por el casero en su cosecha total y despues de “desourizadas” y preparadas, se partirán a la mitad conforme a /…/”

“En caso de muerte de una res, se entenderá inevitable, si fuere asistida por veterinario y se le administrasen los remedios e diesen las medicinas prescritas; en caso contrario se en[ten]der[á] que ha fallecido por abandono del casero. Y si la muerte fuere por accidente, también se entenderá natural a menos que fuere provocada por el colono o por el no evitada pudiendo hacerlo. Si la muerte fuere inevitable conforme a las anteriores normas, la perdida será de por mitad entre propietario y casero teniendo por capital perdido en el que estuviere puesta la res ya fuera mayor o menor del que realmente valiere, cuyo capital será cubierto criando una ternera de las nacidas en la casa hasta que valga el mismo capital, para de esta forma, pague el casero la mitad de la pérdida con su jitad (sic) de ganancia en la cria"
En fin, antes de que se me dea por transcribir todo o documento, pídovos desculpas polos nosos medios que a rudimentarios algo tiran.

26 outubro, 2010

Encontro con... Juan Taboada


Nestes días de outono soleado, non sobraba dedicarlle un tempiño ao tempo.

Desde mañá (mércores, 26) e durante quince días, temos a posibilidade de traballarmos coa exposición Expometeoro.

O martes, 2 de novembro, contaremos coa presenza de Juan Taboada,  especialista en predición meteorolóxica de Meteogalicia. A súa charla debullará diversos temas arredor do clima:

Variabilidade natural do clima na historia da terra. Cambios actuais no clima: Por que sabemos que son provocados pola actividade humana? Pegadas do cambio en Galicia. Que nos deparará o futuro? Diferentes escenarios previstos para o século XX e diferentes estratexias para enfrontarnos a estes escenarios: Mitigación e Adaptación.

15 outubro, 2010

Unha recomendación: "Circe ou o pracer do azul", de Begoña Caamaño


Circe ou o pracer do azul (publicada por Galaxia en 2009) é unha moi arriscada e ben resolta novela de Begoña Caamaño.

Cóntase nela a relación epistolar que manteñen Circe e Penélope, a propósito da verdadeira personalidade de Ulises, quen ao seu regreso de Troia acabou na illa e no leito da deusa. A través das cartas, o que, en principio, puidese parecer unha relación imposible, termina por se converter nunha sentida amizade, na que o entrecruzamento dunhas identidades femininas tan distintas e distantes permite un enriquecemento de ambas.

A historia que argalla Caamaño está explícitamente comprometida co feminismo, e nela, tanto as mulleres que trangriden como os homes coa afouteza de amalas, teñen un coidadoso tratamento, ata o punto de que a narración elude axilmente a discursividade e o doutrinalismo.

É, certamente, brillante a moi detida construción das personaxes que vai facendo a autora, e niso está, precisamente, a razón fundamental do exitoso resultado da novela. Toda sensación (natural) de anacronía que o lector pode ter ao se preguntar pola existencia dun pensamento feminista no primeiro milenio antes da nosa era, disólvese pola habilidade de Caamaño ao confinalo nos límites das mentes das protagonistas. No seu illamento nos individuos, tal pensamento resulta completamente verosímil e a súa matizada complexidade engrandece as figuras literarias de Circe e Penélope.

A novela ofrece, por  tanto, unha verosímil e, en ocasións, profunda disección da identidade da experiencia amorosa; da relevancia da relación sexual nese contexto; do importuno da distancia física para o mantemento da paixón; da, en fin, imposibilidade da unanimidade na percepción dos demais...

Por último, a habilidade de Caamaño chega ao punto de conseguir dar corpo renovado a uns mitos e de conferir, grazas a iso, unha dimensión intemporal ao problema do machismo e das relacións entre home e muller.

Moi recomendable.

13 outubro, 2010

Una recomendación: "Götz e Meyer", de David Albahari



La enésima revisitación al motivo de las atrocidades cometidas contra la población judía (por los orquestados hostigamiento y exterminio de mano de los nazis) ofrece notas de calado dispar. El texto no nos sirve prácticamente nada nuevo, en el desarrollo de unos asuntos que otros muchos (ilustres o aspirantes “a algo”) han maquinado antes; pesado es el lastre no de la necesaria denuncia de sucesos ominosos para vergüenza de muchos, sino de la recurrencia en el reencuentro con lugares comunes. Ni tan siquiera el foco prendido hacia los camiones de exterminio resultan novedad auténtica. La narración procura aportar un aire de agilidad cuando peca a veces de una técnica mecanicista y astutamente diseñada hasta caer en el hartazgo (el mitema cara de ángel-entrañas de demonio, aplicado a los cansinos Götz y Meyer, es revelador). No quiero llevar a engaño, pese a lo dicho, porque el libro es ciertamente bueno por su capacidad de retratar un tema familiar logrando salir airoso. Sólo por ello, su lectura (en muchos ratos inteligente) merece una oportunidad. En suma: el autor disfrutó de una buena beca institucional para que, en su solaz, “fluyesen las palabras”. El resultado es en general provechoso (aunque su consumo nos ceda un sentimiento anquilosado, la frustración ante una posibilidad perdida de decir algo nuevo).

Javier López.